Paio Gomes Charinho - Todas as cantigas

Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 246, B 811, V 395

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

A dona que home "senhor" devia
com dereito chamar, per boa fé,
meus amigos, direi-vos eu qual é:
ũa dona que eu vi noutro dia,
5e nom lh'ousei mais daquesto dizer;
mais quen'a viss'e podess'entender
todo seu bem, "senhor" a chamaria.
  
Ca senhor é de muito bem; e vi-a
eu por meu mal, sei-o, per boa fé;
10e de morrer por en gram dereit'é,
ca bem soub'eu quanto m'end'averria:
morrer assi com'eu moir'e perder,
meus amigos, o corp', e nom poder
veer ela quand'eu veer querria.
  
15E tod'aquesto m'ant'eu entendia
que a visse; mais tant'oí falar
no seu bem, que me nom soube guardar;
nem cuidava que tam bem parecia
que log'eu fosse por ela morrer;
20mais, u eu vi o seu bom parecer,
vi, amigos, que mia morte seria.
  
É por esto que bem conselharia
quantos oírem no seu bem falar:
non'a vejam e podem-se guardar
25melhor ca m'end'eu guardei; que morria
e dixe mal: mais fez-me Deus haver
tal ventura, quando a fui veer,
que nunca dix'o que dizer querria.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 247

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Que mui de grad'eu querria fazer
ũa tal cantiga por mia senhor
qual a devia fazer trobador
que atal senhor fosse bem querer
5qual eu bem quer'! E fazer non'a sei!
E cuid'i muit', e empero nom hei,
de fazê-la, qual merece, poder.
  
Tam muit'havia mester de saber
trobar mui bem quem por atal senhor
10trobar quissess'! E a mi, pecador,
nunca Deus quiso dar a entender
atal razom qual hoj'eu mester hei
pera falar no que sempre cuidei:
no seu bem e no seu bom parecer.
  
15Mas como pod'achar bõa razom
home coitado que perdeu o sem
com'eu perdi? E quando falo, rem
já nom sei que me digo nem que nom!
E com gram mal nom pod'home trobar;
20e prazer nom hei senom em chorar,
e chorando nunca farei bom som.
  
E por aquesto bem vej'eu que nom
posso fazer a cantiga tam bem,
porque já sõo fora de meu sem,
25chorando, cativ'!, e meu coraçom
já nom sab'al fazer senom cuidar
em mia senhor; e, se quero cantar,
choro, ca ela me nembra entom.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 248/253bis, B 816, V 400

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Oí eu sempre, mia senhor, dizer
que peor é de sofrer o gram bem
ca o gram mal; e maravilho-m'en,
e non'o pude nem posso creer:
5ca sofr'eu mal por vós qual mal, senhor,
me quer matar, e guarria melhor
se me vós bem quiséssedes fazer.
  
E se eu bem de vós podess'haver,
ficass'o mal que por vós hei a quem
10aquesto diz; e o que assi tem
o mal em pouco, faça-o viver
Deus com mal sempr'e com coita d'amor;
e pod'assi veer qual é peor,
do gram bem ou do gram mal, de sofrer.
  
15E o que esto diz nom sab'amar
nẽũa cousa tam de coraçom
com'eu, senhor, amo vós; demais nom
creo que sabe que x'é desejar
tal bem qual eu desejei des que vi
20o vosso bom parecer, que des i
me faz por vós muitas coitas levar.
  
E de qual eu, senhor, ouço contar
que o bem éste, faz gram traiçom
o que bem há, se o seu coraçom
25em al pom nunca senom em guardar
sempr'aquel bem. Mais eu, que mal sofri
sempre por vós e nom bem, des aqui
terríades por bem de vos nembrar.
  
Se o fezerdes, faredes bem i,
30se nom, sem bem viverei sempr'assi,
ca nom hei eu outro bem de buscar.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 249

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria, dialogada

- Dizem, senhor, ca dissestes por mi
que foi já temp'e que foi já sazom
que vos prazia d'oirdes entom
em mi falar e que nom é já 'ssi.
5- Dizem verdad', amigo, porque nom
entendia o que pois entendi.
  
- E, senhor, dizem, pero vos tal bem
quero que moiro, que rem nom me val,
ca vós dizedes dest'amor atal:
10que nunca vos ende senom mal vem.
- Dizem verdad', amigo, e pois é mal,
nom i faledes, ca prol nom vos tem.
  
- Pero cuid'eu, fremosa mia senhor,
des que vos vi, que sempre me guardei
15de vos fazer pesar. Mais que farei,
ca por vós moir'e nom hei d'al sabor?
- Nom vos há prol, amigo, ca já sei
o por que era todo o voss'amor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 250

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Coidava-m'eu, quand'Amor nom havia,
que nom podess'el comigo poder;
mais, pois lo hei, já o nom cuidaria,
ca me nom sei nem posso defender.
5E, porque soub'esto de mi Amor,
fezo-m'el que amasse tal senhor
em que me bem mostrass'o seu poder.
  
E de guisa mi o mostrou, que queria
ante mia mort'hojemais ca viver,
10ca sofro coitas qual nom sofreria.
Mas hei-as, mal que me pês, de sofrer;
ca de guisa me tem vençud'Amor
que, se Deus ou gram mesura nom for
de mia senhor, poss'em coita viver.
  
15Mais esta mesura, como seria
de mia senhor? Ca nom lh'ouso dizer
que me valha, ca sei ca me diria
que me quitasse bem de a veer;
e por aquesto, bem sei que Amor
20me faria cada dia peor
se lho dissess' - e non'ouso dizer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 251

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Quantos hoj'andam eno mar aqui
coidam que coita no mundo nom há
senom do mar, nem ham outro mal já.
Mais doutra guisa contece hoje a mi:
5       coita d'amor me faz escaecer
       a mui gram coita do mar e tẽer
  
pola maior coita de quantas som,
coita d'amor, a quen'a Deus quer dar.
E é gram coita de mort'a do mar
10- mas nom é tal; e por esta razom
       coita d'amor me faz escaecer
       a mui gram coita do mar e tẽer
  
pola maior coita, per boa fé,
de quantas forom, nem som, nem serám.
15E estes outros que amor nom ham
dizem que nom, mas eu direi qual é:
       coita d'amor me faz escaecer
       a mui gram coita d'amor e tẽer
  
por maior coita a que faz perder
20coita do mar, que faz muitos morrer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 252

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor fremosa, pois que Deus nom quer,
nem mia ventura, que vos eu veer
possa, convém-m'hojemais a sofrer
todas las coitas que sofrer poder
5por vós; e quero já sempre coidar
em qual vos vi, e tal vos desejar
tôdolos dias em que eu viver.
  
E morte assi venha quando vẽer!
Ca desejos nom hei eu de perder
10da mansedume e do bom parecer
e da bondade, se eu bem fezer,
que em vós há; mais quer'a Deus rogar
que me leixe meu temp'assi passar,
desejando qual vos vi, e sofrer.
  
15Ca em desejos é tod'o meu bem.
E dizem outros que ham mal, senhor,
desejando; mais eu filh'i sabor,
ca desejo qual vos vi e por en
vivo, ca sempre cuid'em qual vos vi
20e atal vos desejei des ali
e desejarei mentr'eu vivo for.
  
Ca sem desejos nunca eu vi quem
podess'haver tam verdadeir'amor
como hoj'eu hei, nem fosse sofredor
25do que eu sofr'; e esto me mantém:
grandes desejos que hei. E assi
quero viver; e o que for de mi
seja, ca esto tenh'eu por melhor:
  
desejar sempre; ca des que nom vi
30vós nom vivera rem do que vivi:
senom coidando em qual vos vi, senhor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 253

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Pois mia ventura tal é, pecador!,
que eu hei por molher mort'a prender,
muito per devo a Deus a gradecer
e a servir, enquant'eu vivo for;
5porque moiro, u mentira nom há,
por tal molher, que quen'a vir dirá
que moir'eu bem morrer por tal senhor.
  
Ca, pois eu hei tam gram coita d'amor
de que já muito nom posso viver,
10muit'é bem saberem, pois eu morrer,
que moiro com dereit' - e gram sabor
hei eu desto; mais mal baratará,
pois eu morrer, quem mia senhor verá,
ca morrerá como eu moir'ou peor.
  
15Ca nom há no mundo tam sofredor
que a veja que se possa sofrer
que lhe nom haja gram bem de querer.
E por esto baratará melhor:
non'a veer; ca rem nom lhe valrá
20e per força bem assi morrerá
com'eu moiro, de bem desejador.
  
Mais eu, que me faço conselhador
doutros, devera pera mim prender
tal conselho! Mais forom-mi-o tolher
25meus pecados, porque vi a melhor
molher que nunca naceu nem será.
E moiro por ela! Pero que há?
Moiro mui bem, se end'é sabedor
  
ela, pero sei que lhe plazerá
30de mia morte – ca nom quis, nem querrá,
nem quer que eu seja seu servidor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 254

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, por Nostro Senhor,
e por mesura, e porque nom há
em mim senom mort' (e cedo será),
e porque sõo vosso servidor,
5       e polo bem que vos quer'outrossi,
       ai, meu lume, doede-vos de mim!
  
Por mercêe que vos venho pedir,
e porque sõo vosso, e porque nom
cato por al (nem seria razom),
10e porque sempre vos hei a servir,
       e polo bem que vos quer'outrossi,
       ai, meu lume, doede-vos de mim!
  
Porque vós nunca podedes perder
em haver dóo de mim, e por qual
15vos fezo Nostro Senhor, e por al
- porque soub'eu, qual sodes, conhocer –
       e polo bem que vos quer'outrossi,
       ai, meu lume, doede-vos de mim!
  
Por quam mansa, e por quam de bom prez,
20e por quam aposto vos fez falar
Nostro Senhor, e porque vos catar
fez mais fremoso de quantas El fez,
       e polo bem que vos quer'outrossi,
       ai, meu lume, doede-vos de mim!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 255, B 842, V 428

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

A mia senhor, que por mal destes meus
olhos eu vi, fui-lhe gram bem querer;
e o melhor que dela pud'haver,
des que a vi, direi-vo-lo, par Deus:
5       disse-m'hoje ca me queria bem,
       pera que nunca me faria bem.
  
E por esto que me disso cuidou
mim a guarir, que já moiro; mais nom
perdi por en coita do coraçom,
10pero bem foi mais do que me matou:
       disse-m'hoje ca me queria bem,
       pera que nunca me faria bem.
  
E por aquesto cuida que seu prez
tod'há perdudo - e vedes qual senhor
15me faz amar muito Deus e Amor.
E o melhor que m'ela nunca fez:
       disse-m'hoje ca me queria bem,
       pera que nunca me faria bem.
  
E entend'eu ca me quer atal bem
20em que nom perde, nem gaanh'eu, rem.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 256

Descrição:

Cantiga de Género incerto

Mestria

De quantas cousas eno mundo som
nom vej'eu bem qual pod'en semelhar
a 'l-rei de Castela e de Leon
se[nom] ũa qual vos direi: o mar.
5O mar semelha muit'aqueste rei;
e daqui em deante vos direi
em quaes cousas, segundo razom.
  
O mar dá muit', e creede que nom
se pod'o mundo sem el governar,
10e pode muit', e [há] tal coraçom
que o nom pode rem apoderar.
Des i ar [é] temudo, que nom sei
quen'o nom tema; e contar-vos-ei
ainda mais, e julga[de]-m'entom.
  
15Eno mar cabe quant'i quer caber;
e mantém muitos; e outros i há
que x'ar quebranta e que faz morrer
enxerdados; e outros a que dá
grandes herdades e muit'outro bem.
20E tod'esto que vos conto avém
a 'l-rei, se o souberdes conhocer.
  
E da mansedume vos quero dizer
do mar: nom há cont', e nunca será
bravo nem sanhudo, se lh'o fazer
25outro nom fezer; e sofrer-vos-á
tôdalas cousas; mais se em desdém
o per ventura algum louco tem,
com gram tormenta o fará morrer.
  
[E] estas manhas, segundo meu sem,
30que o mar há, há el-rei; e por en
se semelham, quen'o bem entender.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 808, V 392
(C 808)

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Tanto falam do vosso parecer
e da vossa bondade, mia senhor,
e da vossa mesura, que sabor
ham muitos, por esto, de vos veer;
5mais nom vos digam que de coraçom
vos outro quer bem senom eu, ca nom
sabem quant'eu vós, de bom conhocer.
  
Ca poucos som que sábiam entender
quantos bẽes em vós há, nem amor
10sábi[am] haver en - quem muito nom for
entendudo non'o pode saber;
mais lo gram bem, há i mui gram sazom,
eu vo-lo quer', e outro, com razom,
nom vo-lo pode tam grande querer.
  
15Ca tanto bem ouvi de vós dizer
e tanto vos sodes vós a melhor
dona do mundo, que o que nom for
veer-vos logo nom cuid'a viver;
mais o gram bem – e peço-vos perdom –
20eu vo-lo quer', e por vós quantos som
nom saberám, com'eu moiro, morrer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 809, V 393

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Muitos dizem com gram coita d'amor
que querriam morrer e que assi
perderiam coitas; mais eu de mi
quero dizer verdad'a mia senhor:
5       queria-me lh'eu mui gram bem querer,
       mais nom queria por ela morrer
  
com'outros morrerom. E que prol tem?
Ca, des que morrer, non'a veerei,
nem bõo serviço nunca lhi farei.
10Por end'a senhor que eu quero bem
       queria-me lh'eu mui gram bem querer
       mais nom queria por ela morrer
  
com'outros morrerom no mundo já,
que depois nunca poderom servir
15as por que morrerom, nem lhis pedir
rem. Por end'a que m'estas coitas dá
       queria-me lh'eu mui gram bem querer
       mais nom queria por ela morrer;
  
ca nunca lhi tam bem posso fazer
20serviço morto como se viver.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 810, V 394

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Ũa dona que eu quero gram bem,
por mal de mi, par Deus, que nom por al,
pero que sempre mi fez e faz mal
e fará, direi-vo-lo que m'avém:
5       mar, nem terra, nem prazer, nem pesar,
       nem bem, nem mal, nom mi a podem quitar
  
do coraçom. E que será de mim?
Morto sõ[o], se cedo nom morrer:
ela já nunca bem mi há de fazer,
10mais sempre mal; e pero est assi:
       mar, nem terra, nem prazer, nem pesar,
       nem bem, nem mal, nom mi a podem quitar
  
do coraçom. Ora mi vai peior,
ca mi vem dela, por vos nom mentir,
15mal se a vej', e mal se a nom vir,
que de coitas mais cuid[o] a maior:
       mar, nem terra, nem prazer, nem pesar,
       nem bem, nem mal, nom mi a podem quitar.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 812, V 396

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, tam de coraçom
vos faria, se podesse, prazer;
que Iesu Cristo nunca mi perdom,
nem de vós bem nunca me leix'haver:
5       se eu soubesse que vos praz[er]ia
       de mia morte, se log'eu nom querria
  
morrer, senhor! Ca todo praz a mim
quant'a vós praz – ca ess'é o meu bem,
e que seja verdade que é 'ssi;
10mais mal mi venha de vós (que mi vem):
       se eu soubesse que vos praz[er]ia
       de mia morte, se log'eu nom querria
  
morrer, senhor! Ca se vos eu prazer
fezess', ai, lume destes olhos meus!,
15nunca mui mal poderia morrer;
e por esto nunca mi valha Deus,
       se eu soubesse que vos praz[er]ia
       da mia morte, se log'eu nom querria!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 813, V 397

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Ora me venh'eu, senhor, espedir
de vós, a que muit'há que aguardei;
e ora me quero de vós partir
sem galardom de camanho temp'hei
5que vos servi, e quero-m'ir viver
em atal terra, u nunca prazer
veja, nem cante, nem possa riir.
  
Ca sõo certo, des que vos nom vir,
que outro prazer nunca veerei;
10e, mal que haja, nom hei de sentir
senom o voss'; e assi andarei
triste, cuidando no vosso parecer,
e, chorando, muitas vezes dizer:
- Senhor, já nunca vos posso servir!
  
15E do meu corpo que será, senhor,
quand'el d'alá o vosso desejar?
E que fará quem vos há tal amor
e vos nom vir, nem vos poder falar?
Ca vejo vós e por vós morr'aqui
20- pois que farei ou que será de mim
quand'em terra u vós fordes nom for?
  
Ora com graça de vós, a melhor
dona do mundo – ca muit'hei d'andar;
e vós ficades de mim pecador,
25ca vos servi muit'e galardoar
nom mi o quisestes; e vou-m'eu daqui,
d'u eu tanto lazerei e servi,
buscar u viva pouc'e sem sabor.
  
E, mia senhor, tod'est'eu mereci
30a Deus; mais vós, de como vos servi,
mui sem vergonha irei per u for
- ora com graça de vós, mia senhor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 814, V 398

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Par Deus, senhor, e meu lume e meu bem
e mias coitas e meu mui grand'afã
e meus cuidados, que mi coitas dam,
por mesura, dizede-m'ũa rem:
5       se mi queredes algum bem fazer;
       se nom já mais nom vos poss'atender.
  
Mui fremosa, que eu por meu mal vi
sempre, mias coitas, par Deus, ca nom al,
meu coraçom e meu bem e meu mal
10dizede-mi, por quanto vos servi:
       se mi queredes algum bem fazer,
       se nom, já mais nom vos poss'atender.
  
Mui fremosa e muit'aposta senhor,
sempre mui mansa e de boa razom
15melhor falar de quantas outras som,
dizede-mi, das bõas a melhor:
       se mi queredes algum bem fazer,
       se nom, já mais nom vos poss'atender.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 815, V 399

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, sempr'os olhos meus
ham sabor de vos catar
e que os vossos pesar
nunca vejam; e, por Deus,
5       nom vos pês e catarám
       vós, que a desejar ham
  
sempr'enquanto vivo for;
ca nunca podem dormir,
nem haver bem, senom ir
10u vos vejam; e, senhor,
       nom vos pês e catarám
       vós, que a desejar ham
  
sempre, mia senhor; ca prez
nom é fazerde-lhes mal;
15mais, por Deus, e nom por al,
que os vossos taes fez,
       nom vos pês e catarám
       vós, que a desejar ham.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 817, V 401

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão e Paralelística

As frores do meu amigo
briosas vam no navio,
       e vam-s[e] as frores
       daqui bem com meus amores,
5       idas som as frores,
       daqui bem com [meus amores].
  
As frores do meu amado
briosas vam [ẽ]no barco,
       e vam-s[e] as frores
10       daqui bem com meus amores,
       idas som as frores,
       daqui bem com [meus amores].
  
Briosas vam no navio
pera chegar ao ferido,
15       e vam-s[e] as frores
       daqui bem com meus amores,
       idas som as frores,
       daqui bem com [meus amores].
  
Briosas vam ẽno barco
20pera chegar ao fossado,
       e vam-s[e] as frores
       daqui bem com meus amores,
       idas som as frores,
       daqui bem com [meus amores].
  
25Pera chegar ao ferido
servir mi, corpo velido,
       e vam-s[e] as frores
       daqui bem com meus amores,
       idas som as frores,
30       daqui bem com [meus amores].
  
Pera chegar ao fossado
servir mi, corpo loado,
       e vam-s[e] as frores
       daqui bem com meus amores,
35       idas som as frores,
       daqui bem com [meus amores].


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 818, V 402

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Par Deus, senhor, de grado queria
se Deus quisesse, de vós ũa rem:
que nom desejass'eu o vosso bem
como desej'a noit'e o dia,
5por muit'afã que eu sofr'e sofri
por vós, senhor; e oimais des aqui
poss'entender que faç'i folia.
  
E pois nom quer a ventura mia
que vos doades do mal que mi avém
10por vós, senhor, e maravilh'é-m'en
como nom moir'e morrer devia;
por en rog'a Deus que me valha i,
que sab'a coita que por vós sofr'i,
senom, mia morte mais me valria.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 838, V 424
(C 838)

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Disserom-m'hoj', ai amiga, que nom
é meu amig'almirante do mar,
e meu coraçom já pode folgar
e dormir já, e, por esta razom,
5       o que do mar meu amigo sacou
       saque-o Deus de coitas, que a[r] jogou
  
mui bem a mim, ca já nom andarei
triste por vento que veja fazer,
nem por tormenta nom hei de perder
10o sono, amiga; mais, se foi el-rei
       o que do mar meu amigo sacou,
       saque-o Deus de coitas, que a[r] jogou
  
mui bem a mim, ca, já cada que vir
algum home de fronteira chegar,
15nom hei medo que mi diga pesar;
mais, porque m'el fez bem sem lho pedir,
       o que do mar meu amigo sacou
       saque-o Deus de coitas, que a[r] jogou.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 839, V 425

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Que muitas vezes eu cuido no bem
que meu amigo mi quer e no mal
que lhi por mi de muitas guisas vem!
Mais, quand'aquesto cuid', ar cuid'eu al:
5       se mi quer bem, que lho quer'eu maior,
       e, se lhi vem mal, que é por senhor.
  
E, pois assi [é], que razom diria
por que nom sofra mal? Nom há razom;
e, u eu cuido que nom poderia
10- tam gram bem mi quer -, cuido log'entom,
       se mi quer bem, que lho quer'eu maior,
       e, se lhi vem mal, que é por senhor.
  
E por tod'esto dev'el a sofrer
tod'aquel mal que lh'hoje vem por mi,
15pero cuido que nom pode viver
- tam gram bem mi quer -, mais [cuido] log'i,
       se mi quer bem, que lho quer'eu maior,
       e, se lhi vem mal, que é por senhor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 840, V 426

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Mia filha, nom hei eu prazer
de que parecedes tam bem,
ca voss'amigo falar vem
convosc', e ven[ho]-vos dizer
5       que nulha rem nom creades
       que vos diga - que sabiades,
  
filha, ca perderedes i,
e pesar-mi-á de coraçom;
e já Deus nunca mi perdom,
10se menç', e digo-vos assi:
       que nulha rem nom creades
       que vos diga - que sabiades,
  
filha, ca perderedes i,
e vedes que vos averrá:
15des quand'eu quiser, nom será;
[e] ora vos defend'aqui
       que nulha rem nom creades
       que vos diga - que sabiades,
  
filha, ca perderedes i
20no voss', e demais pesa a mim.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 841, V 427

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Voss'amigo que vos sempre serviu,
dized', amiga, que vos mereceu
pois que s'agora convosco perdeu?
Se per vossa culpa foi, nom foi bem.
5- Nom sei, amiga, dizem que oiu
dizer nom sei quê e morre por en.
  
- Nom sei, amiga, que foi ou que é
ou que será, ca sabemos que nom
vos errou nunca voss'amigo, e som
10maravilhados todos end'aqui.
- Nom sei, amiga, el, cada u é,
aprende novas com que morr'assi.
  
- Vós, amiga, nom podedes partir
que nom tenham por cousa desigual
15servir-vos sempr'e fazerdes-lhi mal;
e que diredes de s'assi perder?
- Nom sei, amiga, el quer sempr'oír
novas de pouca prol pera morrer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 843, V 429

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão e Paralelística

Ai Santiago, padrom sabido,
vós mi adugades o meu amigo;
       sobre mar vem quem frores d'amor tem;
       mirarei, madre, as torres de Jeen.
  
5Ai Santiago, padrom provado,
vós mi adugades o meu amado;
       sobre mar vem quem frores d'amor tem;
       mirarei, madre, as torres de Jeen.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 844, V 430

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Vou-m'eu, senhor, e quero-vos leixar
encomendad'este meu coraçom
- que fique vosc', e faredes razom,
senhor, se vos algũa vez nembrar;
5ca el de vós nunca se partirá,
e de mi, senhor, por Deus, que será
poilo coraçom migo nom levar?
  
Poilo meu coraçom vosco ficar,
ai, mia senhor, pois que m'eu vou daqui,
10nembre-vos sempre, [e] faredes i
gram mesura; ca nom sab'el amar
tam muit'outra rem come vós, senhor;
pois vosco fica a tam gram sabor,
nom o devedes a desemparar.
  
15E praza-vos, pois vosco quer andar
meu coraçom e nunca se part[ir]
de vós, senhor, nem jamais alhur ir,
mais quer, senhor, sempre vosco morar,
ca nunca soub[e] amar outra rem;
20e nembre-vos del, senhor, por gram bem
e gram mesura que vos Deus quis dar.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 1624, V 1158
(C 1624)

Descrição:

Tenção

Mestria

- Ũa pregunta vos quero fazer,
senhor, que mi devedes afazer:
por que viestes jantares comer,
que home nunca de vosso logar
5comeu? [E] esto que pode seer,
ca vej'ende os herdeiros queixar?
  
- Pa[a]i Gómez, quero-vos responder,
por vos fazer a verdade saber:
houv[e] aqui reis de maior poder
10[em] conquerer e em terras ganhar,
mais nom quem houvesse maior prazer
de comer, quando lhi dam bom jantar.
  
- Senhor, por esto nom dig'eu de nom,
de bem jantardes, ca é gram razom;
15mailos herdeiros foro de Leon
querriam vosco, porque ham pavor
d'haver sobre lo seu vosc'entençom
e xe lhis parar outr'ano peior.
  
- Pa[a]i Gómez, assi Deus mi perdom,
20mui gram temp'há que nom foi em Carriom,
nem mi derom meu jantar em Monçom;
e por esto nom sõo pecador,
de comer bem, pois mi o dam em doaçom,
ca de mui bom jantar hei gram sabor.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 1625, V 1159
(C 1625)

Descrição:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Dom Afonso Lopes de Baiam quer
fazer sa casa, se el pod'haver
madeira nova; e, se mi creer,
fará bom siso: tanto que houver
5madeira, logo punh', ena cobrir,
o fundamento bem alt'; e guarir
pod'o lavor per i, se o fezer.
  
E, quand'el a madeira adusser,
guarde-a bem e faça-a jazer
10em logar que nom chôvia, ca torcer-
s'-ia mui tost', e nom ar há mester;
e, se o lavor nom quer escarnir,
abra-lh'o fundament'alt'; e ferir,
e muito batê-lo, quanto poder.
  
15E pois o fundamento aberto for
alt'e bem batudo, pode lavrar
em salvo sobr'el; e, pois s'acabar,
estará da madeira sem pavor;
e do que diz que a revolverá,
20ant'esto faça, senom matar-s'-á,
ca est'é o começo do lavor.
  
E Dom Afonso pois há tal sabor
de fazer bõa casa, começar
a dev[e] assi; e des i folgar
25e jazer quand'e quando mester for
descobri-la e cobri-la poderá
e revolvê-la, ca todo sofrerá
a madeir', e seerá-l[h]i en melhor.
  
E Dom Afonso tod'esto fará
30que lh'eu conselho; se nom, perder-s'-á
esta casa per mao lavrador.