Afonso Fernandes Cebolhilha - Todas as cantigas

Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 398, V 8

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, pois m'aqui,
u vos vejo, tanto mal vem,
dizede-m'ora ũa rem,
por Deus: e que será de mi,
5       quando m'eu ora, mia senhor
       fremosa, d'u vós sodes, for?
  
E pois m'ora tal coita dá
o voss'amor, u vos veer
posso, querria já saber
10eu de vós: de mi que será,
       quando m'eu ora, mia senhor
       fremosa, d'u vos sodes, for?
  


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 399, V 9

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Se eu podess'ir u mia senhor é,
bem vos juro que querria ir [i],
mais nom posso, nem xi me guisa assi.
E por aquest', ora, per bõa fé,
5       tal coita hei que nom poderia viver,
       se nom foss'o sabor que hei de a veer.
  
Esto me fez viver dê'la sazom
que m'eu quitei d'u era mia senhor;
mais ora hei d'ir i mui gram sabor,
10e nom poss'; e [e']no meu coraçom
       tal coita hei que nom poderia viver,
       se nom foss'o sabor que hei de a veer.
  
E se esto nom fosse, nom sei rem
que [me] podesse de morte guarir,
15u a nom vejo; mais cuid'eu a ir
u ela est e nom poss', e por en
       tal coita hei que nom poderia viver,
       se nom foss'o sabor que hei de a veer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 400, V 10

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Quer'eu agora já meu coraçom
esforçar bem e nom morrer assi;
e quer'ir ora, si Deus mi perdom,
u é mia senhor; e pois eu for i,
5querrei-me de mui gram medo quitar,
que hei dela e, mentr'ela catar
       alhur, catar eu ela log'entom.
  
Ca, per bõa fé, há mui gram sazom
que hei eu [gram] medo de mia senhor
10mui fremosa; mais agora já nom
haverei medo, pois ant'ela for;
ante me querrei mui bem esforçar
e perder med' e, mentr'ela catar
       alhur, catar eu ela log'entom.
  
15A mui mais fremosa de quantas som
hoje no mund', aquesto sei eu bem,
quer'ir veer; e acho já razom
como a veja sem med', e com sem
irei vee-la e querrei falar
20com outra d'i, e, mentr'ela catar
       alhur, catar eu ela log'entom.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 226, B 401, V 11

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, creede per mi
que vos amo já mui de coraçom,
e gram dereito faç'e gram razom,
senhor, ca nunca outra dona vi
5       tam mansa, nem tam aposto catar,
       nem tam fremosa, nem tam bem falar
  
come vós, senhor; e pois assi é,
mui gram dereito faç'em vos querer
mui gram bem; ca nunca pud'i veer
10outra dona, senhor, per bõa fé,
       tam mansa, nem tam aposto catar,
       nem tam fremosa, nem tam bem falar,
  
come vós, por que cedo morrerei,
[mais] pero direi-vos ant'ũa rem:
15dereito faç'em vos querer gram bem,
ca nunca dona vi nem veerei
       tam mansa, nem tam aposto catar,
       nem tam fremosa, nem tam bem falar!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 227, B 402, V 12

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Quando m'eu mui triste de mia senhor
mui fremosa, sem meu grado, quitei
e s'ela foi, e, mesquinh'!, eu fiquei,
nunca me valh'a mim Nostro Senhor,
5       se eu cuidasse que tanto vivera
       sen'a veer, se ante nom morrera
  
ali, u eu dela quitei os meus
olhos e me dela triste parti,
se cuidasse viver quanto vivi
10sen'a veer, nunca me valha Deus,
       se eu cuidasse que tanto vivera
       sen'a veer, se ante nom morrera
  
ali, u m'eu dela quitei, mais nom
cuidei que tanto podesse viver,
15como vivi, sen'a poder veer!
Ca Nostro Senhor nunca me perdom,
       se eu cuidasse que tanto vivera
       sen'a veer, se ante nom morrera!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 404, V 15
(C 398)

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor fremosa, des quando vos vi
sempr'eu punhei de me guardar que nom
soubessem qual coita no coraçom
por vós sempr'houv'; e pois Deus quer assi,
5que sábiam todos o mui grand'amor
e a gram coita que levo, senhor,
por vós, des quando vos primeiro vi.
  
E pois souberem qual coita sofri
por vós, senhor, muito mi pesará,
10porque hei medo que alguém dirá
que sem mesura sodes contra mi,
que vos amei sempre mais doutra rem,
e nunca mi quisestes fazer bem,
nem oir rem do que por vós sofri.
  
15E pois eu vir, senhor, o gram pesar
de que sei bem que hei mort'a prender,
com mui gram coita haverei a dizer:
"Ai Deus! por que me vam assi matar?"
E veer-m'-am mui trist'e sem sabor
20e por aquesto entenderám, senhor,
que por vós hei tod'aqueste pesar.
  
E pois assi é, venho-vos rogar
que vos nom pês, senhor, em vos servir
e me queirades, por Deus, consentir
25que diga eu atant', em meu cantar:
que a dona que m'em seu poder tem
que sodes vós, mia senhor e meu bem,
e mais desto nom vos ouso rogar.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 405, V 16
(C 404)

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Mui gram sabor havedes, mia senhor,
que nunca perca coita nem pesar
eu, que vos sei mais doutra rem amar,
pois nom queredes que fale no bem
5que vos Deus fez; ca nom posso perder
mui gram coita, pois nom ous'a dizer
o muito bem que vos Deus fez, senhor.
  
Ca, pois nom queredes vós, mia senhor,
que fale no bem que vos Deus quis dar,
10sempr'haverei muit'estranho d'andar
dos que ham de falar em algum bem;
ca, senhor, nom haveria poder,
quand'eu d'algum bem oísse dizer,
de nom falar no vosso bem, senhor.
  
15Ca tam muit'é o vosso bem, senhor,
que eu nom cuido, nem posso cuidar,
que se podesse nulh'homem guardar,
que vos viss'e soubesse vosso bem,
que, se oísse em algũa sazom
20alguém falar em algum bem, que nom
....................................[senhor].