Vasco Gil - Todas as cantigas

Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 144, B 267
(C 267)

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Muit'aguisad'hei de morrer
e nom tenho mia mort'em rem,
ante me prazeria en,
pois sem meu grad'hei a fazer
5       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E mia senhor gram pesar há
de que lhe quer'eu mui gram bem,
e a mim gram coita m'en vem;
10mais pero de fazer hei já
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E grave dia eu naci
com quanto mal me faz Amor!
15Ca por el, mentr'eu vivo for,
hei já sempr'a fazer assi
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
E nunca m'end'eu partirei,
20ca nom quer o meu coraçom,
nem Deus; e, si Deus me perdom!,
a meu pesar a fazer-lh'hei
       a mia senhor mui gram pesar:
       ca lhe pesa de a amar.
  
25E nom me poss'end'eu quitar
de lhe fazer este pesar!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 145, B 268

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Que partid'eu serei, senhor,
de nunca já veer prazer,
des quand'ora partido for
de vos falar e vos veer!
5       E partido serei log'i
       d'haver sabor d'al nem de mi!
  
E partir-s'-am os olhos meus
de nom veer de nulha rem
prazer, pois que os partir Deus
10de vós, senhor, que quero bem.
       E partido serei log'i
       d'haver sabor d'al nem de mi!
  
E partir-s'-á meu coraçom
de nunca d'al rem se pagar;
15e partir-s'-á en com razom,
des quando vos eu nom falar.
       E partido serei log'i
       d'haver sabor d'al nem de mi!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 146, B 269

Descrição:

Cantiga de Género incerto

Refrão

Que sem mesura Deus é contra mi!
Pois que me faz sempre pesar veer,
por que me leixa no mundo viver?
Mais pois me vejo que x'El quer assi,
5       quant'eu oimais no coraçom tever,
       negá-lo-ei e direi-Lh'al que quer!
  
E quant'El sabe que me pesará,
poilo El faz por xe me mal fazer
e por al nom, quero-vos eu dizer,
10se eu puder, o que Lh'end'averrá:
       quant'eu oimais no coraçom tever,
       negá-lo-ei e direi-Lh'al que quer!
  
E des oimais nom pode El saber rem
de mia fazenda, se nom devinhar,
15pois El assi quer migo guerreiar!
Mais vedes que vo-Lh'eu farei por en:
       quanto eu oimais no coraçom tever,
       negá-lo-ei e direi-Lh'al que quer!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 147, B 270

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, nom hei hoj'eu quem
vos por mim queira mia coita mostrar,
nem eu, senhor, nom vos ous'i falar;
pero quero-vos rogar d'ũa rem:
5       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Por quanta coita, bem dê'la sazom
que vos eu vi, sempre por vós levei,
se vos prouguer, ora rogar-vos-ei,
10senhor, por Deus, por est'e por al nom:
       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Ai mia senhor, lume daquestes meus
olhos, que eu vi sempre por meu mal,
15nom vos ous'eu por mim falar em al;
mais, mia senhor, rogo-vos eu por Deus
       que vos prenda doo de mi
       por quant'afã por vós sofri!
  
Havede vós doo de mi
20por quant'afã sofr'e sofri!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 148, B 271

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Se vos eu ousasse, senhor,
no mal que por vós hei, falar,
des que vos vi, a meu cuidar,
pois fôssedes en sabedor,
5       doer-vos-íades de mi.
  
E porque nunca estes meus
olhos fazem senom chorar
u vos nom veem, com pesar,
se o soubéssedes, por Deus,
10       doer-vos-íades de mi.
  
Com'e quanto meu coraçom,
senom em vós, d'em al coidar,
se vo-l'eu ousasse mostrar,
por mesur'e por al nom,
15       doer-vos-íades de mi.
  
Mais nom vos faç'eu [rem] saber
de quanto mal me faz Amor
por vós, ca m'hei de vós pavor;
ca, se vo-l'ousasse dizer,
20       doer-vos-íades de mi.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 149, B 272

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Estes olhos meus hei mui gram razom
de querer mal, enquant'eu já viver,
porque vos forom, mia senhor, veer;
ca depois nunca, si Deus me perdom!,
5       pud'eu em outra rem haver sabor,
       erg'em coidar em vós, ai mia senhor!
  
Desses vossos olhos e destes meus
me veo sempre coit[a] e pesar,
poilos meus forom os vossos catar;
10ca des i nunca, si me valha Deus!,
       pud'eu em outra rem haver sabor,
       erg'em coidar em vós, ai mia senhor!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 150

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Muito punhei de vos negar,
senhor fremosa, o gram bem
que vos quero; mais já per rem
no[m] hei poder de me guardar
5       que vos nom haja de fazer,
       do bem que vos quero, saber.
  
Quisera-m'eu que foss'assi,
que podesse meu coraçom
encobrir, mais nom me perdom
10Deus, se já poss'al fazer i
       que vos nom haja de fazer,
       do bem que vos quero, saber.
  
Ca entend'i eu, por meu mal,
que vós parecedes melhor
15de quantas eu vi, mia senhor;
pero nom poss'i fazer al
       que vos nom haja de fazer
       do bem que vos quero saber.
  
Tal bem vos quero que bem sei
20per rem que nom posso guarir,
pero nom me poss'en partir,
mais é 'ssi que poder nom hei
       que vos nom haja de fazer,
       do bem que vos quero, saber.
  
25Ca todo nom sei hoj'eu quem
o podesse dizer per rem.
  
E negara-vo-l'eu, mais nom
quis Deus, nen'o meu coraçom.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 151

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor fremosa, pois pesar havedes
de que vos amo mais ca mim nem al,
direi-vos gram verdad'- e se nom, mal
me venha de vós que me mal queredes:
5nom vos quer'eu, pelo meu grado, bem!
E mia senhor, pois que vos pesa en,
dizer-vos quer'eu a quem vos tornedes:
  
a vós, senhor, que tam bem parecedes,
e a quem vos fez parecer assi
10- que quantas donas eno mundo vi
de parecer todas las vós vencedes
e de bom prez e de falar melhor.
E pois Deus tanto bem vos fez, senhor,
de vos amar nom me vos en queixedes.
  
15Ca nom é em mim, mao meu pecado!,
nem quer Amor que m'en possa quitar,
nem Deus, senhor, nem vosso semelhar,
ca me têm de tal guisa forçado
que me vos fazem mui de coraçom
20querer gram bem; e, si Deus me perdom!,
nom vos faç'i pesar pelo meu grado.
  
E, mia senhor, se Deus fosse pagado
d'eu de gram coita guardado seer,
nom me mostrara vosso parecer,
25nem vós, senhor, que eu, mal dia nado,
por meu mal vi e destes olhos meus!
E pois vos vi, nunca despois quis Deus
que perdess'eu gram coita nem coidado!
  
E gram coita, como a perderei?
30Pois que vos pesa porque vos amei,
sei, se viver, que viverei coitado.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 152

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor fremosa, quero-vos rogar,
por aquel Deus que vos feze nacer
e mui melhor das outras parecer
donas que El em este mundo fez
5e mui mansa e de mui melhor prez,
que vos nom pês de vos eu muit'amar!
  
Por vosso prez e por Deus, mia senhor,
e por mesura e por quanto bem
vos El foi dar, rogo-vos eu por en
10que, se vos hoj'eu faço pesar i
em vos amar, mia senhor, mais ca mi,
que me nom façades en sabedor.
  
E se me vós quiserdes consentir
que vos am'eu, direi-vos ũa rem:
15i me faredes aquel maior bem
daqueste mund'e que mais desejei
des que vos vi; e mais vos en direi:
sol por atanto vos quer'eu servir!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 153

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor fremosa, pois m'hoj'eu morrer
vejo assi, que contra vós gram bem
que vos quero nom me val nulha rem,
nem mui gram coita que por vós levei
5des que vos vi, atanto vos direi:
e vedes que coita [hei] de sofrer!
  
E mia senhor, nom devia perder
eu contra vós por vos querer melhor
ca mim nem al, nem haver d'al sabor
10senom de vós e de poder guarir
u vos vejo - e haver-m'a 'ncobrir
de vós e d'outre de mi o entender!
  
E, mia senhor, como vos eu disser
esto[u] de vós: des quando vos amei,
15todo sabor do mundo perdud'hei
e nom mi ar pude doutra rem pagar
senom de vós; e convém-mi a guardar
de mi o saberdes, quant'eu mais poder.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 154

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Ai mia senhor! quero-vos preguntar:
pois que vos ides e eu nom poss'ir
vosco per rem, e sem grad'a partir
m'hei eu de vós e de vosco morar,
5ai eu cativo! por Deus, que farei?
Ai eu cativo!, que nom poderei
prender conselho, pois sem vós ficar!
  
Nom sei hoj'eu tam bom conselhador
que me podesse bom conselho dar
10na mui gram coita que hei d'endurar,
u vos nom vir, fremosa mia senhor.
Ai eu cativo!, de mi que será?
Ai eu cativo!, que hei por vós já
viver em cuita, mentr'eu vivo for!
  
15E os meus olhos nom podem veer
prazer em mentr'eu vivo for, per rem,
pois vos nom virem, meu lum'e meu bem!
E por aquesto querria saber:
ai, eu cativ'!, e que será de mim?
20Ai eu cativ'!, e mal dia naci,
pois hei de vós alongad'a viver!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 155

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Nom soube que x'era pesar,
si me valha Nostro Senhor!,
quem Deus nom fez, a seu pesar,
longe viver de sa senhor,
5u lhe nom possa rem dizer
da coita 'm que o faz viver
mui trist'e mui coitad'andar!
  
Nem ar soube parte d'afã,
nem de gram coita nulha rem,
10o que nom sofreu est'afã
de nom poder per nulha rem
veer la senhor que bem quer!
E quem tal coita nom houver,
o al nom lh'é coita, de pram!
  
15Esta tenh'eu por la maior
coita do mund', a meu coidar,
e nom pod'i haver maior;
e non'o quer'eu em coidar
esto per nulha rem meter,
20mais por verdade o dizer,
como quem end'é sabedor.
  
Ca me fez Deus coitas saber,
porque mi as fez todas sofrer,
e tenh'end'esta por maior.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

A 156

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Punhar quer'ora de fazer
a meus olhos mui gram prazer
que lhes nom fiz, há gram sazom:
ca lhes quero fazer veer
5a senhor do meu coraçom.
  
Pero sei bem, u nom jaz al,
que lhes verrá en muito mal,
que os nom pod'en guardar rem;
mais de tod'esto nem m'en chal,
10ca eles x'o buscarom bem!
  
Quand'eles virom mia senhor,
muit'houverom en gram sabor,
mais non'os quise Deus quitar
de grand'afã e de pavor
15que pois houverom d'endurar.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 664, V 266
(C 664)

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Irmãa, o meu amigo, que mi quer bem de coraçom
e que é coitado por mi, se Nostro Senhor vos perdom,
       treide-lo veer comigo, irmãa, o meu amigo.
  
Irmãa, o meu amigo, que sei que me quer maior bem
5ca si nem ca seu coraçom, fazede por mi ũa rem:
       treide-lo veer comigo, irmãa, o meu amigo.
  
Irmãa, o meu amigo, que mi quer melhor ca os seus
olhos e que morre por mi, que vos amostr'o vosso Deus,
       treide-lo veer comigo, irmãa, o meu amigo.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 665, V 267

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Quando se foi noutro dia daqui
o meu amigo, roguei-lh'eu, por Deus,
chorando muito destes olhos meus,
que nom tardass'e disse-m'el assi:
5       que nunca Deus lhi desse de mi bem
       se nom veesse mui ced', e nom vem.
  
Quando se foi noutro dia, que nom
pud'al fazer, dixi-lh'eu, se tardar
quisesse muito, que nunca falar
10podia mig', e disse-m'el entom:
       que nunca Deus lhi desse de mi bem
       se nom veesse mui ced', e nom vem.
  
Nom sei que x'est ou que pode seer
por que nom vem, pois que lho eu roguei,
15ca el mi disse como vos direi
e sol nom meteu i de nom poder,
       que nunca Deus lhi desse de mi bem
       se nom veesse mui ced', e nom vem.
  
Nom sei que diga, tanto m'é gram mal
20do meu amigo, de como morreu,
ca mi diss'el, u se de mi quitou,
e nom sacou ende morte nem al,
       que nunca Deus lhi desse de mi bem
       se nom veesse mui ced', e nom vem.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

V 1020

Descrição:

Tenção

Mestria

- Pero Martiins, ora por caridade,
vós, que vos teedes por sabedor,
dizede-mi quem é comendador
eno Espital, ora da escassidade,
5ou na fraqueza, ou quem no forniz,
ou quem em quanto mal se faz e diz.
Se o sabedes, dizede verdade.
  
- Pois, Dom Vaasc', um pouco m'ascoitade:
os que mal fazem e dizem som mil:
10eno forniz é[ste] Dom Roi Gil
e Roi Martiins ena falsidade,
e ena escasseza é o seu priol.
Nom vos pod'hom'esto partir melhor;
se mais quiserdes, por mais preguntade.
  
15- Pero Martiins, mui bem respondestes,
pero sabia-m'eu esto per mim,
ca todos três eram senhores i
das comendas - comendadores estes!
E partistes-mi-o tam bem, que m'é mal;
20mais ar quer'ora de vós saber al:
que mi digades de quen'o aprendestes.
  
- Vós, Dom Vaasc', ora me cometestes
doutros preitos; des i, ar dig'assi:
nom mi deu algo, pero lho pedi,
25o priol; e fodi e vós fodestes
com Roi Gil; e meus preitos talhei
com Frei Rodrig'e mentiu-mi-os; e sei,
per aquest', a sa fazenda daquestes.
  
- Pero Martiins, respondestes tam bem
30em tod'esto, que fostes i com sem
e trobador; e cuid'eu que leestes.
  
- [De] vós, Dom Vaasco, tod'esso m'é bem;
hei sis'e sei trobar e leo bem;
mais que tárdi que mi o vós entendestes!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 1512
(C 1512)

Descrição:

Tenção

Mestria

- Rei D. Afonso, se Deus vos perdom,
desto vos venho [a vós] preguntar;
[si]quer ora punhade de mi dar
tal recado, que seja com razom:
5quem dá seu manto, que lho guard'alguém,
e lho não dá tal qual o deu, por en
que manda [i] o Livro de Leon?
  
- Dom Vaasco, eu fui já clerizom
e Degreda soía estudar;
10e nas escolas u soía entrar
dos maestres aprendi tal liçom:
que manto d'outrem nom filhe per rem;
mais se o m'eu melhoro, faço bem,
e nom sõo por aquesto ladrom.
  
15- Rei Dom Afonso, ladrom por atal
em nulha terra nunca chamar vi,
nem vós, senhor, non'o oístes a mim,
ca, se o dissesse, diria mal;
ante [o] tenho por trajeitador
20(se Deus mi valha, nunca vi melhor)
quem assi torna pena de cendal.
  
- Dom Vaasco, dizer-vos quer'eu al
daqueste preito, que eu aprendi:
oí dizer que trajeitou assi
25já ũa vez um rei em Portugal:
houve um dia de trajeitar sabor
e por se meter por mais sabedor,
fez [alguém] cavaleiro do Hespital.