Rui Martins de Ulveira - Todas as cantigas

Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 999, V 588
(C 999)

Descrição:

Cantiga de Amor

Mestria

Disserom-vos, fremosa mia senhor,
que me nom mat'a mi o voss'amor;
e non'o neg'eu, pois eu sabedor
faço quem quer que o queira saber:
5ca me nom mat'a mim o voss'amor,
mais mata-me que o nom poss'haver.
  
Ca bem sei que vos disserom por mi
que me nom mata voss'amor, assi
com'alguém cuida; e dig'eu tant'i
10a vós, que o nom posso mais negar:
ca me nom mata voss'amor assi,
mais mata-me que mi o nom quer Deus dar.
  
E os que cuidam que mi buscarám
per i mal vosco dizem-no, de pram,
15e nom mi o neg'eu, poilo saberám;
des i entend'o que nom poderei:
que me nom mata voss'amor, de pram,
mais mata-me, senhor, que o nom hei.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 1000, V 589

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Oimais, amiga, quer'eu já falar
com meu amigo quanto x'el quiser,
vedes porquê: ca tam gram bem mi quer
que bem vos dig'eu, quant'é semelhar,
5[per] quant'eu sei, que nom hei de cuidar:
       nom querria meu dano por saber
       que podia per i meu bem haver.
  
Falarei com el, que nom m'estará
mal nulha rem, e mesura farei
10de lhi falar, ca, per quant'eu del sei,
que mi quer bem e sempre mi o querrá,
que vejades o grand'amor que mi há:
       nom querria meu dano por saber
       que podia per i meu bem haver.
  
15Falarei com el, pois ést[e] assi,
par Deus, amiga: ca sempre punhou
de me servir, des i nunca m'errou
des que meu fui, per quant'eu aprendi,
e mais vos direi que del entendi:
20       nom querria meu dano por saber
       que podia per i meu bem haver.
  
E, pois m'el quer com'oídes dizer,
de sa fala nom hei rem que temer.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 1001, V 590

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Muit'há que diz que morrerá d'amor
o voss'amigo, se vo-lo veer
nom faço, filha; mais quer'eu saber
que perç'eu i, se por vós morto for.
5- Direi-vos, madr', as perdas que há i:
perder-s'há el e poss[o] eu perder
       o corp', e vós, madr', o vosso por mi.
  
- Ai mia filha, entenderá quem quer
que vós teedes por el sa razom;
10mais dized'ora, se Deus vos perdom,
que perç'eu i, se x'el morrer quiser?
- Direi-vos, madre, quant'eu entend' i:
perder-s'há el e perderei entom
       o corp', e vós, madr', o vosso por mi.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

V 591

Descrição:

Cantiga de Amigo

Mestria

Ai madr', o meu amigo morr'assi
come quem morre de coitas que há
grandes d'amor, e nom queredes já
que me veja, e el morr', eu o sei,
5por mi d'amor, mais eu morta serei,
pois el morrer por mi, por el log'i.
  
E amores tantas coitas lhi dam
por mi, madre, que nom pode guarir;
pero sei eu que guarrá, se me vir,
10e jaz morrend'assi por mi d'amor,
mais eu morrerei, madr'e mia senhor,
pois el morrer por mi, por el, de pram.