Rodrigo Anes de Vasconcelos - Todas as cantigas

Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 367
(C 367)

Descrição:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor de mi e do meu coraçom,
dizedes que nom havedes poder,
per nulha guisa, de mi bem fazer.
Poilo dizedes, nom dig'eu de nom;
5       mais, mia senhor, dizede-m'ũa rem:
       como mi vós podedes fazer mal,
       nom mi podedes assi fazer bem?
  
E, mia senhor, mui gram poder vos deu
Deus sobre mim; e dizedes, senhor,
10que me nom podedes fazer amor.
Poilo dizedes, creo-vo-lo eu;
       mais, mia senhor, dizede-m'ũa rem:
       como mi vós podedes fazer mal,
       nom mi podedes assi fazer bem?
  
15E, mia senhor, já vos sempre diram,
se eu morrer, que culpa havedes i;
e vós dizedes que nom est assi.
Poilo dizedes, assi é, de pram;
       mais, mia senhor, dizede-m'ũa rem:
20       como mi vós podedes fazer mal,
       nom mi podedes assi fazer bem?
  
E, mia senhor, nunca eu direi rem
de contra vós, se nom perder o sem.
  
Ca, mia senhor, quem hom'em poder tem
25e lhi faz mal, pode-lhi fazer bem.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 368

Descrição:

Cantiga de Género incerto

Refrão

Aquestas coitas que de sofrer hei,
meu amigo, muitas e graves som;
e vós mui graves, há i gram sazom,
coitas sofredes; e por en nom sei
5       d'eu por vassalo e vós por senhor,
       de nós qual sofre mais coita d'amor!
  
Coitas sofremos, e assi nos avém:
eu por vós, amig[o], e vós por mi!
E sabe Deus de nós que est assi;
10e destas coitas nom sei eu muit'en,
       d'eu por vassalo e vós por senhor,
       de nós qual sofre mais coita d'amor!
  
Guisado têm de nunca perder
coita meus olhos e meu coraçom;
15e estas coitas, senhor, minhas som;
e deste feito nom poss'entender,
       d'eu por vassalo e vós por senhor,
       de nós qual sofre mais coita d'amor!


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 368bis

Descrição:

Cantiga de Escárnio e Maldizer

Mestria

Preguntei ũa don[a] em como vos direi:
- Senhor, filhastes ordem? E já por en chorei!
Ela entom me disse: - Eu nom vos negarei
de com'eu filhei ordem, assi Deus me perdom!
5Fez-mi-a filhar mia madre, mais o que lhe farei?
Trager-lh'-[e]i eu os panos, mais nom [no] coraçom!
  
Dix'eu: - Senhor fremosa, morrerei com pesar,
pois vós filhastes ordem e vos ham de guardar.
Ela entom me disse: - Quero-vos en mostrar
10como serei guardada, se nom, venha-me mal!
Esto, por que chorades, bem devedes cuidar:
tragerei eu [os panos, mais no coraçom al]!
  
E dix'eu: - Senhor minha, tam gram pesar hei en,
porque filhastes ordem, que morrerei por en.
15E disse-m'ela logo: - Assi me venha bem,
como serei guardada dizer-vo-lo quer'eu:
se eu trouxer os panos, nom dedes por en rem,
ca terrei o contrairo eno coraçom meu.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 726, V 327
(C 726)

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

O voss'amig', amiga, foi sazom
que desejava no seu coraçom
outra molher, mais em vossa prisom
está, [e] quite, por vós, doutra rem;
5e, pois al nom deseja se vós nom,
       bem seria de lhi fazerdes bem.
  
El outra dona soía querer
gram bem, amiga, e foi-vos veer
e ora já nom pod'haver prazer
10de si nem d'al, se lhi per vós nom vem;
e pois assi é no vosso poder,
       bem seria de lhi fazerdes bem.
  
El outra dona havia por senhor,
e ora Deus, por lhi fazer maior
15coita sofrer, já mentre vivo for,
mostrou-lhi vós, por que el perd'o sem;
e, poilo assi força voss'amor,
       bem seria de lhi fazerdes bem.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 727, V 328

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

Se eu, amiga, quero fazer bem
a meu amigo, que bem nom quer al
senom a mi, dizem-[me] que é mal
mias amigas e que faço mal sem;
5mais non'as creo, ca sei ũa rem:
       pois meu amigo morre por morrer
       por mi, meu bem é de lhi bem fazer.
  
Elas nom sabem qual sabor eu hei
de lhi fazer bem no meu coraçon
10e posso-lho fazer mui com razom;
mais dizem logo que mal sem farei
mias amigas; mais ũa cousa sei:
       pois meu amigo morre por morrer
       por mi, meu bem é de lhi bem fazer.
  
15Eu lhi farei bem e elas verrám
preguntar-m'ante vós por que o fiz
e direi eu "Qual est a que o diz?"
e, pois m'oírem, outorgar-mi-o-am;
ca lhis direi: - Mias amigas, de pram,
20       pois meu amigo morre por morrer
       por mi, meu bem é de lhi bem fazer.
  
E ante lhi quer'algum bem fazer
ca o leixar, como morre, morrer.
  
Por lhi falar bem ou polo veer,
25nom lhi quer'eu leixar morte prender.


Ver com anotações <


Cancioneiros:

B 728, V 329

Descrição:

Cantiga de Amigo

Refrão

O meu amigo nom há de mi al
senom gram coita que lhi nunca fal
e, amiga, o coraçom lhi sal
por me veer; e dized'ũa rem:
5pois m'el bem quer, e que lh'eu faça mal,
       que faria, se lh'eu fezesse bem?
  
Des que naci nunca lhi fiz prazer
e o mais mal que lh'eu pudi fazer
lhi fiz, amiga; e quero saber
10de vós, pois este mal por mal nom tem,
e lh'eu mal faç'e por mi quer morrer,
       que faria, se lh'eu fezesse bem?
  
El é quite por mi doutra senhor
e faço-lh'eu cada dia peior,
15pero, amiga, a mim quer melhor
ca si nem al; e, pois lh'assi avém
que lh'eu mal faç'e m'el há tal amor,
       que faria, se lh'eu fezesse bem?