Martim Peres Alvim - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 1053, V 643
(C 1053)

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Mais desguisadamente mi vem mal
de quantos Deus no mundo fez nacer:
todos ham bem per oir e veer
e per entendimento e per falar,
5mais a mim, mia senhor, avém end'al:
ca por tod'esto me vej'eu andar
na maior coita que Deus quis fazer.
  
E ante que vos eu visse, senhor,
tam muito bem ouvi de vós dizer,
10per bõa fé, que nom pud'al fazer
que nom houvess'a viir a logar
u vos eu viss'; e logo voss'amor
fez-me-vos por tal guisa desejar
que nom desej'al rem senom morrer.
  
15Ca, se nom viram estes olhos meus,
nem viram vós, u vos eu fui veer,
e se eu rem nom soubess'entender
do mui gram bem que Deus a vós quis dar,
nom haveria este mal, par Deus,
20por vós, d'Amor, que mi há ced'a matar,
a que me vós metestes em poder.
  
E mal dia mi Deus deu conhocer,
u vos eu vi tam fremoso catar;
ca mi valera mui mais nom nacer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1054, V 644

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Dizer-vos quer'a gram coita d'amor
em que vivo, senhor, des que vos vi,
e o gram mal que eu [sofr'e] sofri;
e d'ũa rem sõo [eu] sabedor:
5       que mi valera mui mais nom veer
       eu vós nem al, quando vos fui veer.
  
E a mia coita sei que nom há par
antr'as outras coitas que d'amor sei;
e pois meu temp'assi pass'e passei,
10com gram verdade vos posso jurar:
       que mi valera mui mais nom veer
       eu vós nem al, quando vos fui veer.
  
[Sei d]esta coita, que mi a morte tem
tam chegada, que nom lh'hei de guarir,
15ca nom sei eu logar u lhe fogir;
e por esto podedes creer bem
       que mi valera mui mais nom veer
       eu vós nem al, quando vos fui veer.
  
Ca, se nom vira, podera viver
20e meor coita ca sofro sofrer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1055, V 645

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, nom poss'eu já per nulha rem
os meus olhos desses vossos partir;
e, pois assi é que agora d'ir
ham u vos nom vejam, sei eu mui bem
5       que nom podem os meus olhos veer,
       u vos nom virem, d'al veer prazer.
  
E nom poss'eu [os] meus olhos quitar
desses vossos, que virom por meu mal;
e pero m'end'eu nunca atend'al,
10tal ventura mi quis a mim Deus dar,
       que nom podem os meus olhos veer,
       u vos nom virem, d'al veer prazer.
  
[E] nom poss'eu partir os olhos meus
desses vossos, nen'o meu coraçom
15nunca de vós; e pois, mia senhor,
nom atend'end'al, creed'esto por Deus:
       que nom podem os meus olhos veer,
       u vos nom virem, d'al veer prazer.
  
[E] pois que al nom desejam veer,
20Deus vos lhis mostre ced'a seu prazer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1056, V 646

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Já m'eu queria leixar de cuidar
e d'andar trist'e perder o dormir,
e d'Amor, que sempre servi, servir;
de tod'esto m'eu queria leixar,
5       se me leixass'a que me faz haver
       aquestas coitas, ond'hei a morrer.
  
E leixar[-m'-ia] qual coita mi deu
Amor, que em [mui] grave dia vi,
e qual pesar sempre sofr'e sofri;
10de tod'esto me leixaria eu,
       se me leixass'a que me faz haver
       aquestas coitas, ond'hei a morrer.
  
Leixar-m'-ia de[ste] cuidado meu
e da gram coita do meu coraçom
15e de servir Amor, com gram razom;
de tod'esto me leixaria eu,
       se me leixass'a que me faz haver
       aquestas coitas, ond'hei a morrer.
  
E leixa-m'ela de mi bem fazer,
20mais nom me leix'em sas coitas viver.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1057, V 647

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, que de coraçom
vos servi sempr'e sérvi'e servirei,
por muito mal que eu lev'e levei
por vós, tenh'eu que seria razom
5       de mi fazerdes haver algum bem
       de vós, senhor, por quanto mal mi vem.
  
Do vosso talh'e do vosso catar
muit'aposto vem a mim muito mal;
e pois de vós nunca pud'haver al,
10razom seria já, a meu cuidar,
       de mi fazerdes haver algum bem
       de vós, senhor, por quanto mal mi vem.
  
E a mesura que vos quis dar Deus
e mui bom talh'e mui bom parecer
15[som meu gram mal]; por mi a morte tolher,
temp'era já, lume dos olhos meus,
       de mi fazerdes haver algum bem
       de vós, senhor, por quanto mal mi vem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1058, V 648

Description:

Cantiga de Amor

Refrão, Dialogada

- Senhor fremosa, si veja prazer,
pois vos nom vi, houvi tam gram pesar
que nunca mi Deus d'al prazer quis dar.
       - Como podestes tanto mal sofrer?
5       - Cuidei em vós e por esto guari:
       que nom vivera rem do que vevi.
  
- Senhor fremosa, direi-vos eu al
e creed'esto, meu lum'e meu bem:
pois vos nom vi, nom vi prazer de rem.
10       - Como podestes sofrer tanto mal?
       - Cuidei em vós e por esto guari:
       que nom vivera rem do que vevi.
  
- Creede, lume destes olhos meus,
que, des que vos eu nom pudi veer,
15pero viia, nunca vi prazer.
       - Como sofrestes tanto mal por Deus?
       - Cuidei em vós e por esto guari:
       que nom vivera rem do que vevi.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1059, V 649

Description:

Cantiga de Amor

Fragmento

Eu, mia senhor, nom hei poder
de me de vós poder qui[tar]
[...]