João Soares Coelho - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

A 158

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Em grave dia, senhor, que vos vi,
por mi e por quantos me querem bem!
E por Deus, senhor, que vos nom pês en!
E direi-vos quanto per vós perdi:
5perdi o mund'e perdi-me com Deus,
e perdi-me com estes olhos meus,
e meus amigos perdem, senhor, mim.
  
E, mia senhor, mal dia eu naci
por tod'este mal que me por vós vem!
10Ca per vós perdi tod'est'e o sem
e quisera morrer e nom morri;
ca me nom quiso Deus leixar morrer
por me fazer maior coita sofrer,
por muito mal que me lh'eu mereci.
  
15Ena mia coita, pero vos pesar
seja, senhor, já quê vos falarei,
ca nom sei se me vos ar veerei:
tanto me vej'em mui gram coit'andar
que morrerei por vós, u nom jaz al.
20Catade, senhor, nom vos éste mal,
ca polo meu nom vos venh'eu rogar.
  
E ar quero-vos ora conselhar,
per bõa fé, o melhor que eu sei
- metede mentes no que vos direi:
25quem me vos assi vir desamparar
e morrer por vós, pois eu morto for,
tam bem vos dirá por mi "traedor"
come a mim por vós, se vos matar.
  
E de tal preço guarde-vos vós Deus,
30senhor e lume destes olhos meus,
se vos vós en nom quiserdes guardar!


View annotations <


Cancioneiros:

A 159
(C 312)

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Meus amigos, que sabor haveria
d'a mui gram coita, 'm que vivo, dizer
em um cantar que querria fazer;
e pero direi-vos como querria,
5se Deus quisesse, dizê-lo: assi
que houvessem todos doo de mi
e nom soubessem por quem mi o dizia!
  
E por esto rogo Santa Maria
que m'ajud'i; e que me dê poder
10per que eu torne na terra viver,
u mia senhor vi em tam grave dia
- sem outras coitas que depois sofri.
Ca nom vivera rem do que vivi,
senom cuidando com'i tornaria!
  
15Mas cativ'eu! De melhor que querria,
de poder eu na terra guarecer,
u a cuidass'eu a poder veer
dôs mil dias ũa vez em um dia?
Já eu est'houv'e perdi-o per mim!
20Mas tam mal dia ante nom perdi
os olhos e quant'al no mund'havia!
  
Ca, par Deus, meor míngua me faria!


View annotations <


Cancioneiros:

A 160

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Pero m'eu hei amigos, nom hei ni um amigo
com que falar ousasse a coita que comigo
hei, nem ar hei a quem ous'en mais dizer; e digo:
       de mui bom grado querria a um logar ir
5       e nunca m'end'ar vĩir.
  
Vi eu viver coitados, mas nunca tam coitado
viveu com'hoj'eu vivo, nen'o viu home nado,
des quando fui u fui. E aque vo-lo recado:
       de mui bom grado querria a um logar ir
10       e nunca m'end'ar vĩir!
  
A coita que eu prendo nom sei quem atal prenda,
que me faz fazer sempre dano de mia fazenda;
tod'aquest'entend'eu, e quem mais quiser entenda:
       de mui bom grado querria a um logar ir
15       e nunca m'end'ar vĩir!
  
De cousas me nam guardo, mais pero guardar-m'-ia
de sofrer a gram coita que sofri, dê'lo dia
des que vi o que vi, e mais nom vos en diria:
       de mui bom grado querria a um logar ir
20       e nunca m'end'ar vĩir!


View annotations <


Cancioneiros:

A 161

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Eu me coidei, u me Deus fez veer
esta senhor, contra que me nom val,
que nunca me dela verria mal:
tanto a vi fremoso parecer,
5e falar mans', e fremos'e tam bem
e tam de bom prez e tam de bom sem
que nunca dela mal cuidei prender.
  
Esto tiv'eu que m'havi'a valer
contra ela, e todo mi ora fal,
10e de mais Deus; e viv'em coita tal
qual poderedes mui ced'entender
per mia morte, ca moir'e praze-m'en.
E d'al me praz: que nom sabem por quem,
nen'o podem jamais per mi saber!
  
15Pero vos eu seu bem queira dizer
todo, nom sei, pero convosc'em al
nunca fale. Mais fezo-a Deus qual
El melhor soube no mundo fazer.
Ainda vos al direi que lh'avém:
20todas as outras donas nom som rem
contra ela, nem ham já de seer.
  
E esta dona, poilo nom souber,
nom lhe podem, se torto nom houver,
Deus nem ar as gentes culpa põer.
  
25Maila mia ventur'e aquestes meus
olhos ham i grande culpa e [ar] Deus
que me fezerom tal dona veer.


View annotations <


Cancioneiros:

A 162

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Ora nom sei no mundo que fazer,
nem hei conselho, nem mi o quis Deus dar,
ca nom quis El, u me nom quis guardar,
e nom houv'eu, de me guardar, poder.
5       Ca díx'eu ca morria por alguém,
       e dereit'hei de lazerar por en.
  
Ca nom fora tam gram cousa dizer,
se se mi a mim bem houvess'a parar
a mia fazenda; mas quem Deus guardar
10nom quer, nom pode guardado seer.
       Ca dix'eu ca morria por alguém,
       e dereit'hei de lazerar por en.
  
E mal dia eu entom nom morri
quand'esto dix'e quando vi os seus
15olhos; pero nom dixi mais, par Deus,
e[u] esto dixi, em mal dia por mim.
       Ca dix'eu ca morria por alguém,
       e dereit'hei de lazerar por en.
  
Ca des aquel dia 'm que a eu vi
20(que nom visse) daquestes olhos meus,
nom perdi coita, ca nom quiso Deus,
nem perderei, ca eu mi o mereci.
       Ca dix'eu ca morria por alguém,
       e dereit'hei de lazerar por en.


View annotations <


Cancioneiros:

A 163, B 316

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Pelos meus olhos houv'eu muito mal
e pesar tant'e tam pouco prazer,
que me valvera mais non'os haver,
nem veer nunca mia senhor, nem al.
5       E nom mi há prol de queixar-m'end'assi;
       mais mal dia eu dos meus olhos vi!
  
Ca por eles houv'eu mui pouco bem;
e o pesar que me fazem sofrer
e a gram coita nom é de dizer.
10E queixar-m'-ia, mais nom hei a quem.
       E nom mi há prol de queixar m'end'assi,.
       mais mal dia eu dos meus olhos vi!
  
E a senhor que me forom mostrar,
de quantas donas Deus quiso fazer
15de falar bem e de bem parecer,
e por que moiro, nom lh'ouso falar.
       E nom mi há prol de queixar m'end'assi;
       mais mal dia eu dos meus olhos vi!


View annotations <


Cancioneiros:

A 164, B 317

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Nom me soub'eu dos meus olhos melhor,
per nulha rem, vingar ca me vinguei.
E direi-vos que mal que os matei:
levei-os d'u veíam sa senhor.
5       E fiz seu mal e do meu coraçom
       por me vengar deles e por al nom!
  
Ca me nom podiam, per nulha rem,
sem veê'lo mui bom parecer seu,
fazer gram mal. Mais que lhes ar fiz eu?
10Levei-os d'u a viiam por en!
       E fiz seu mal e do meu coraçom
       por me vengar deles e por al nom.
  
E na sazom que lhes eu entendi
que eles haviam de a veer
15maior sabor, pero me de fazer
mui grave foi, levei-os [eu] dali.
       E fiz seu mal e do meu coraçom
       por me vengar deles e por al nom.
  
E na vengança que deles prendi,
20gram mal per fiz a eles e a mi.


View annotations <


Cancioneiros:

A 165, B 317bis

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Nunca coitas de tantas guisas vi
como me fazedes, senhor, sofrer;
e nom vos queredes de mim doer!
E, vel por Deus, doede-vos de mi!
5       Ca, senhor, moir'e vedes que mi avém:
       se vos alguém mal quer, quero-lh'eu mal,
       e quero mal quantos vos querem bem.
  
E os meus olhos, com que vos eu vi,
mal quer', e Deus que me vos fez veer,
10e a morte que me leixa viver,
e mal o mundo, porquant'i naci.
       Ca, senhor, moir'e vedes que mi avém:
       se vos alguem mal quer, quero-lh'eu mal,
       e quero mal quantos vos querem bem.
  
15A mia ventura quer'eu mui gram mal
e quero mal ao meu coraçom,
e tod'aquesto, senhor, coitas som;
e quero mal Deus porque me nom val.
       Ca, senhor, moir'e vedes que mi avém:
20       se vos alguém mal quer, quero-lh'eu mal,
       e quero mal quantos vos querem bem.
  
E tenho que faço dereit'e sem
em querer mal quem vos quer mal e bem.


View annotations <


Cancioneiros:

A 166, B 318

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Atal vej'eu aqui ama chamada
que, dê'lo dia em que eu naci,
nunca tam desguisada cousa vi,
se por ũa destas duas nom é:
5por haver nom'assi, per bõa fé,
ou se lho dizem porque est amada.
  
Ou por fremosa, ou por bem talhada
- se por aquest'ama dev'a seer,
é-o ela, podêde-lo creer,
10ou se o é pola eu muit'amar;
ca bem lhe quer'e posso bem jurar:
poila eu vi, nunca vi tam amada.
  
E nunca vi cousa tam desguisada:
de chamar home ama tal molher,
15tam pastorinh'é, se lho nom disser
por tod'esto que eu sei que lh'avém:
porque a vej'a todos querer bem,
ou porque do mund'é a mais amada.
  
[E] é-o de como vos eu disser:
20que, pero me Deus bem fazer quiser,
sem ela nom me pode fazer nada!


View annotations <


Cancioneiros:

A 167/168, B 319

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

As graves coitas, a quen'as Deus dar
quer, e o mal d'amor, gram bem faria
se lhe desse (pero nom lhe daria)
com quem ousass'em sas coitas falar,
5em tal guisa que lho nom entendesse
com quen'o falass'e que se doesse
del; mais nom sei de Deus se poderia.
  
Pero sei bem, aquant'é meu cuidar,
a quem esto desse, ca lhe daria
10mais longa vida e que lhi faria
daquelas coitas haver mais vagar.
E nom sei al per que sem nom perdesse,
que mais houvess', e cedo nom morresse;
e per esto cuido que viveria.
  
15Destas coitas eu podia falar
come quen'as padece cada dia;
mais nom é tempo já, nem me valria.
Mais guarde-se quem se poder guardar
e nom s'esforc'em senhor que prendesse,
20a melhor, nem que melhor parecesse
deste mundo, ca peor lhi faria!
  
Em tam grave dia senhor filhei,
a que nunca "senhor" chamar ousei.
  
Desta coita nunca eu vi maior:
25morrer e nom lh'ousar dizer: "senhor"!
  
Ca, de pram, moiro, querendo-lhe bem,
pero nom lh'ous'en dizer nulha rem.
  
Ca dizê-lo cuidei ou a morrer
e, pois la vi, nom lh'ousei rem dizer,
  
30Ca por mais mia prol tenho de morrer!


View annotations <


Cancioneiros:

A 169, B 320

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, por Deus que vos fez parecer,
per bõa fé, mui bem e bem falar,
que vos nom pês de vos en preguntar
desto que querria de vós saber:
5       se me fazedes por al, senhor, mal,
       senom porque vos amo mais ca mim nem al,
  
per bõa fé, nem ca os olhos meus?
E se vos menço, Deus nom me perdom!
Senhor de mim e do meu coraçom,
10dizede-m'esto, se vos valha Deus:
       se me fazedes por al, senhor, mal,
       senom porque vos amo mais ca mim nem al,
  
nem ca outr'homem nunc'amou molher?
E se por est'é, mal dia naci!
15Mas empero, senhor, que sej'assi,
saber-mi-o quer'eu de vós, se poder:
       se me fazedes por al, senhor, mal,
       senom porque vos amo mais ca mim nem al?


View annotations <


Cancioneiros:

A 170, B 321

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Com'hoj'eu vivo no mundo coitado!
Nas graves coitas que hei de sofrer,
nom poderia outr'home viver;
nem eu fezera, temp'há i passado;
5mais quando cuid'em qual mia senhor vi,
em tanto viv'e em tanto vivi,
e tenho m'en das coitas por pagado.
  
Empero quand'eu, eno meu cuidado,
cuido nas coitas que me faz haver,
10cuido mia mort'e querria morrer
e cuid'em como fui mal dia nado;
mais quand'ar cuid'em qual mia senhor vi,
de quantas coitas por ela sofri,
muito m'en tenho por aventurado.
  
15E em seu bem per mi seer loado
nom há mester d'eu ende mais dizer,
ca Deus la fez[o] qual melhor fazer
soub'eno mund'; e bem maravilhado
será, quem vir a senhor que eu vi,
20pelo seu bem; e bem dirá per mi
que bem dev'end'a Deus a dar bom grado
  
de quantas coitas por ela sofri,
- se Deus mi a mostre como a já vi
seendo com sa madre em um estrado!


View annotations <


Cancioneiros:

A 171, B 322

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Desmentido m'há 'qui um trobador
do que dixi da ama, sem razom,
de cousas pero, e de cousas nom.
Mais u menti, quero-mi-o eu dizer:
5u nom dixi o meo do parecer
que lhi mui bõo deu Nostro Senhor.
  
Ca, de pram, a fez parecer melhor
de quantas outras eno mundo som
e mui mais mansa e mais com razom
10falar e riir e tod'al fazer;
e fezo-lhe tam muito bem saber
que em todo bem é mui sabedor.
  
E por esto rogo Nostro Senhor
que lhe meta eno seu coraçom
15que me faça bem, poilo a ela nom
ouso rogar; e se m'ela fazer
quisesse bem, nom querria seer
rei, nem seu filho, nem emperador,
  
se per i seu bem houvess'a perder;
20ca sem ela nom poss'eu bem haver
eno mundo, nem de Nostro Senhor.


View annotations <


Cancioneiros:

A 172, B 323

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor e lume destes olhos meus,
per bõa [fé], direi-vos ũa rem;
e se vos mentir, nom me venha bem
nunca de vós, nem d'outrem, nem de Deus:
5       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi
  
prazer nem bem; nen'o ar veerei,
se nom vir vós, enquant'eu vivo for,
ou mia morte, fremosa mia senhor;
10ca estou de vós como vos en direi:
       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi
  
per bõa fé, se mui gram pesar nom;
ca todo quanto vi me foi pesar
15e nom me soube conselho filhar.
E direi-vos, senhor, des qual sazom:
       dê'lo dia 'm que vos nom vi,
       mia senhor, nunca despois vi,
  
nem veerei, senhor, mentr'eu viver,
20- se nom vir vós ou mia morte - prazer!


View annotations <


Cancioneiros:

A 173, B 324

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, o gram mal e o gram pesar
e a gram coita e o grand'afã
       - pois que vos vós nom doedes de mi -
que por vós sofro, morte m'é, de pram,
5e morte m'é de m'end'assi queixar:
       tam grave dia, senhor, que vos vi!
  
Pois estas coitas eu hei a sofrer
que vos já dixe, mais ca morte m'é,
       - pois que vos vós nom doedes de mi -
10E morte m'é, senhor, per bõa fé,
de que vos ar hei aquest'a dizer:
       tam grave dia, senhor, que vos vi!
  
Porque vejo que cedo morrerei
daquestas coitas que vos dixi já
15       - pois que vos vós nom doestes de mi -
vedes, senhor, mui grave me será
de o dizer, pero a dizê'-l'-ei:
       tam grave dia, senhor, que vos vi!


View annotations <


Cancioneiros:

A 174, B 325

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Noutro dia, quando m'eu espedi
de mia senhor, e quando mi houv'a ir,
e me nom falou, nem me quis oir,
tam sem ventura foi que nom morri!
5       Que, se mil vezes podesse morrer,
       mẽor coita me fora de sofrer!
  
U lh'eu dixi: "Com graça, mia senhor!"
catou-me um pouc'e teve-mi em desdém;
e porque me nom disse mal nem bem,
10fiquei coitad'e com tam gram pavor,
       que, se mil vezes podesse morrer,
       mẽor coita me fora de sofrer!
  
E sei mui bem, u me dela quitei
e m'end'eu fui e nom me quis falar,
15ca, pois ali nom morri com pesar,
nunca jamais com pesar morrerei.
       Que, se mil vezes podesse morrer,
       mẽor coita me fora de sofrer!


View annotations <


Cancioneiros:

A 175, B 326

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Deus, que mi hoj'aguisou de vos veer
e que é da mia coita sabedor,
El sab'hoje que com mui gram pavor
vos dig'eu est'e já hei de dizer:
5       moir'eu, e moiro por alguém!
       E nunca vos mais direi en.
  
E mentr'eu vi que podia viver
na mui gram coita 'm que vivo d'amor,
nom vos dizer rem tive per melhor;
10mais dig'esto, pois me vejo morrer:
       moir'eu, e moiro por alguém!
       E nunca vos mais direi en.
  
E nom há no mundo filha de rei
a que d'atanto devess'a pesar,
15nem estraĩdade d'hom'a filhar,
por quant'éste que vos ora direi:
       moir eu, e moiro por alguém!
       E nunca vos mais direi en.


View annotations <


Cancioneiros:

A 176, B 327

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Da mia senhor, que tam mal dia vi,
como Deus sabe, mais nom direi en
ora daquesto, ca me nom convém:
nem me dê Deus bem dela, nem de si,
5       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que mi faz; ca doo de mi
haveria e saberia bem
qual é gram coita ou quem perd'o sem.
10E nom me valha per quen'o perdi,
       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que me faz; que tam pret'está
de mi mia morte, como veerám
15muitos que pois mia coita creerám.
E pero nom me valha quem mi a dá,
       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que me faz; e non'o saber
20nunca per mi, nem pelo eu dizer!


View annotations <


Cancioneiros:

A 177, B 328

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Meus amigos, quero-vos eu mostrar
com'eu querria bem da mia senhor,
e nom mi valha ela, nem Amor,
nem Deus, se vos verdade nom jurar:
5       bem querria que me fezesse bem,
       pero nom bem u perdess'ela rem!
  
E mais vos direi: o que pod'e val
me nom valha, se querria viver
eno mundo, nem nẽum bem haver
10dela, nem d'outrem, se fosse seu mal:
       bem querria que me fezesse bem,
       pero nom bem u perdess'ela rem!
  
Ca a mi semelha cousa sem razom:
pois algum home mais ama molher
15ca si nem al, seu bem por seu mal quer?
E por aquest'é 'ssi meu coraçom:
       bem querria que me fezesse bem,
       pero nom bem u perdess'ela rem!


View annotations <


Cancioneiros:

A 178, B 329

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Dizem que digo que vos quero bem,
senhor, e buscam-me convosco mal;
mais rog'a Deus, senhor, que pod'e val
e que o mund'e vós em poder tem:
5       se o dixe, mal me leixe morrer,
       se nom, senhor, quem vo-lo foi dizer!
  
E venh'a vós, chorando destes meus
olhos, com vergonha e com pavor,
e com coita que hei desto, senhor,
10que vos disserom, e rog'assi Deus:
       se o dixe, mal me leixe morrer;
       se nom, senhor, quem vo-lo foi dizer!
  
Nom me sei en doutra guisa salvar:
mais nunca o soub'home nem molher
15per mi, nem vós; e Deus, se lhe prouguer,
rog'eu assi quanto posso rogar:
       se o dixe, mal me leixe morrer,
       se nom, senhor, quem vo-lo foi dizer!
  
E lhe faça atal coita sofrer
20qual faz a mim e non'o ouso dizer!


View annotations <


Cancioneiros:

A 179, B 330

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Por Deus, senhor, que vos tanto bem fez
que vos fezo parecer e falar
melhor, senhor, e melhor semelhar
das outras donas e de melhor prez:
5       havede vós hoje doo de mim!
  
E porque som mui bem quitos os meus
olhos de nunca veerem prazer,
u vos, senhor, nom poderem veer,
ai mia senhor! por tod'est'e por Deus:
10       havede vós hoje doo de mim!
  
E porque nom há no mund'outra rem
que esta coita houvess'a sofrer,
que eu sofro, que podesse viver,
e porque sodes meu mal e meu bem:
15       havede vós hoje doo de mim!


View annotations <


Cancioneiros:

B 678, V 280
(C 678)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Per boa fé, mui fremosa sanhuda
sej'eu, e trist'e coitada por en
por meu amig'e meu lum'e meu bem
que hei perdud'e el mi [há] perduda
5       porque se foi sem meu grado daqui.
  
Cuidou-s'el que mi fazia mui forte
pesar de s'ir, por que lhi nom falei,
pero bem sabe Deus ca nom ousei,
mais seria-lh'hoje melhor a morte
10       porque se foi sem meu grado daqui.
  
Tam cruamente lho cuid'a vedar
que bem mil vezes no seu coraçom
rog'el a Deus que lhi dê meu perdom
ou sa morte, se lh'eu nom perdoar
15       porque se foi sem meu grado daqui.


View annotations <


Cancioneiros:

B 679, V 282

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Foi-s'o meu amigo daqui noutro dia
coitad'e sanhud'e nom soub'eu ca s'ia;
mais já que o sei - e por Santa Maria,
       e que farei eu, louçana?
  
5Quis el falar migo e nom houve guisado
e foi-s'el daqui sanhud'e mui coitado
e nunca depois vi el nem seu mandado
       e que farei eu, louçana?
  
Quem lh'ora dissesse quam trist'hoj'eu sejo
10e quant[o] hoj'eu mui fremosa desejo
falar-lh'e vee-l', e pois que o nom vejo,
       e que farei eu, louçana?


View annotations <


Cancioneiros:

B 680, V 282

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigo, queixum'havedes
de mi, que nom falo vosco,
e, quant'eu de vós conhosco,
nulha parte nom sabedes
5       de quam muito mal, amigo,
       sofro se falardes migo.
  
Nem de com'ameaçada
fui um dia pola ida
que a vós fui e ferida,
10nom sabedes vós en nada
       de quam muito mal, amigo,
       sofro se falardes migo.
  
Des que souberdes mandado
do mal muit'e mui sobejo
15que mi fazem, se vos vejo,
entom mi haveredes grado
       de quam muito mal, amigo,
       sofro se falardes migo.
  
E pero, se vós quiserdes
20que vos fal'e que vos veja,
sol nom cuidedes que seja,
se vós ante nom souberdes
       de quam muito mal, amigo,
       sofro se falardes migo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 681, V 283

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Ai madr,'o que eu quero bem
nom lh'ous'eu ante vós falar
e há end'el tam gram pesar
que dizem que morre por en;
5       e se assi morrer por mi,
       ai madre, perderei eu i.
  
Gram sazom há que me serviu
e nom mi o leixastes veer,
e veerom-mi ora dizer
10ca morre porque me nom viu;
       e se assi morrer por mi,
       ai madre, perderei eu i.
  
Se por mi morrer, perda mi é,
e pesar-mi-á, se o nom vir,
15pois per al nom pode guarir,
bem vos juro, per bõa fé:
       e se assi morrer por mi,
       ai madre, perderei eu i.


View annotations <


Cancioneiros:

B 682, V 284

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Hoje quer'eu meu amigo veer,
porque mi diz que o nom ousarei
veer mia madre; de pram, vee-lo-ei,
e quero tod'em ventura meter
5       e des i saia per u Deus quiser.
  
Por em qual coita mi mia madre tem
que o nom veja, no meu coraçom
hei hoj'eu posto, se Deus mi perdom,
que o veja e que lhi faça bem
10       e des i saia per u Deus quiser.
  
Pero mi o ela nom quer outorgar,
i-lo-ei veer ali u m'el mandou,
e por quanta coita por mi levou
farei-lh'eu est'e quanto m'al rogar
15       e des i saia per u Deus quiser.
  
Ca diz o vervo ca nom semeou
milho quem passarinhas receou.


View annotations <


Cancioneiros:

B 683, V 285

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Falei um dia, por me baralhar
com meu amigo, com outr', u m'el visse
e direi-vos que lhi dix', u m'el disse
por que lhi fezera tam gram pesar:
5       "Se vos i, meu amigo, pesar fiz,
       nom foi por al senom porque me quis".
  
Por baralhar com el e por al nom
falei com outr', em tal que o provasse,
e pesou-lhi mais ca se o matasse
10e preguntou-m'e dixi-lh'eu entom:
       "Se vos i, meu amigo, pesar fiz,
       nom foi por al senom porque me quis".
  
Ali u eu com outr'ant'el falei,
preguntou-m'el e por que lhi fazia
15tam gram pesar ou se o entendia;
e direi-vos como me lhi salvei:
       "Se vos i, meu amigo, pesar fiz,
       nom foi por al senom porque me quis".


View annotations <


Cancioneiros:

B 684, V 286

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigo, pois me vos aqui
ora mostrou Nostro Senhor,
direi-vos quant'há que sabor
nom ar houve d'al nem de mi:
5       per bõa fé, meu amigo,
       des que nom falastes migo.
  
E ar direi-vos outra rem:
nunca eu ar pudi saber
que x'era pesar nem prazer
10nem que x'era mal nem que bem,
       per bõa fé, meu amigo,
       des que nom falastes migo.
  
Nem nunca o meu coraçom
nem os meus olhos ar quitei
15de chorar, e tanto chorei
que perdi o sem des entom,
       per bõa fé, meu amigo,
       des que nom falastes migo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 685, V 287

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigas, por Nostro Senhor,
andade ledas migo,
ca puj'antre mia madr'amor
e antr'o meu amigo
5       e por aquest'ando leda;
       gram dereit'hei [d]'andar leda
       e andade migo ledas.
  
Pero mia madre nom foss'i,
mandou-mi que o visse;
10nunca tam bom mand[ad]'oí
come quando mi o disse
       e por aquest'ando leda;
       gram dereit'hei d'andar leda
       e andade migo ledas.
  
15E mandou-o migo falar
(vedes que bem mi há feito)
e venho-mi-vos en loar,
ca puji já assi o preito
       e por aquest'ando leda;
20       gram dereit'hei d'andar leda
       e andade migo ledas.


View annotations <


Cancioneiros:

B 686, V 288

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Vedes, amigas, meu amigo vem,
e enviou-mi dizer e rogar
que lh'aguis'eu de comigo falar
e de tal preito nom sei end'eu rem;
5       e pesa-mi que m'enviou dizer
       que lhi faça o que nom sei fazer.
  
Ca, pero m'end'eu gram sabor houver,
e mui gram coita no meu coraçom
de lho [já] guisar, se Deus mi perdom,
10nom lho guisarei, poi[lo] nom souber;
       e pesa-mi que m'enviou dizer
       que lhi faça o que nom sei fazer.
  
Ca eu nunca com nulh'home falei,
tanto me nom valha Nostro Senhor,
15des que naci, nem ar foi sabedor
de tal fala, nem a fiz, nem a sei;
       e pesa-mi que m'enviou dizer
       que lhi faça o que nom sei fazer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 687, V 289

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Filha, direi-vos ũa rem
que de voss'amig'entendi
e filhad'algum conselh'i:
digo-vos que vos nom quer bem.
5       - Madre, creer-vos-ei eu d'al
  
e nom desso, per bõa fé,
ca sei que mui melhor ca si
me quer, nem que m'eu quero mi.
- Mal mi venha, se assi é.
10       - Madre, creer-vos-ei eu d'al,
  
mais nom desso, ca 'ssi lhe praz
de me veer que, pois naci,
nunca tal prazer d'home vi
- Filha, sei eu que o nom faz.
15       - Madre, creer-vos-ei eu d'al,
  
mais nom vos creerei per rem
que no mundo há que queira tam gram bem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 688, V 290

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Ai meu amigo, se [vós] vejades
prazer de quanto no mund'amades:
       levade-me vosc', amigo.
  
Por nom leixardes mi, bem talhada,
5viver com'hoj'eu vivo coitada,
       levade-me vosc', amigo.
  
Por Deus, filhe-xi-vos de mim doo;
melhor iredes migo ca soo:
       levade-me vosc', amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 689, V 291

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão e Paralelística

Fui eu, madre, lavar meus cabelos
a la fonte e paguei-m'eu delos
       e de mi, louçana.
  
Fui eu, madre, lavar mias garcetas
5a la fonte e paguei-m'eu delas
       e de mi, louçana.
  
A la fonte [e] paguei-m'eu deles;
aló achei, madr', o senhor deles
       e de mi, louçana.
  
10[E], ante que m'eu d'ali partisse,
fui pagada do que m'el[e] disse
       e de mi louçana.


View annotations <


Cancioneiros:

B 690, V 292

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Ai Deus, a vó'lo digo:
foi s'ora o meu amigo;
       e se o verei, velida?
  
Quem m'end'ora soubesse
5verdad'e mi dissesse
       e se o verei, velida?
  
Foi-s'el mui sem meu grado
e nom sei eu mandado;
       e se o verei, velida?
  
10Que fremosa que sejo,
morrendo com desejo;
       e se o verei, velida?


View annotations <


Cancioneiros:

B 691, V 293

Description:

Cantiga de Amigo

Fragmento

Fremosas, a Deus louvado, com tam muito bem como hoj'hei,
e do que sõo mais leda: ca todo quant'eu desejei
vi, quando vi meu amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 692, V 293bis

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Agora me foi mia madre melhor
ca me nunca foi des quando naci
(Nostro Senhor lho gradesca por mi)
e ora é mia madre e mia senhor,
5       ca me mandou que falasse migo
       quant'el quisesse o meu amigo.
  
Sempre lh'eu madr'e senhor chamarei
e puinharei de lhe fazer prazer
por quanto me nom quis leixar morrer,
10e morrera, mais já nom morrerei,
       ca me mandou que falasse migo
       quant'el quisesse o meu amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1181, V 786

Description:

Tenção

Mestria

- Joam Soárez, de pram as melhores
terras andastes, que eu nunca vi:
d'haverdes donas por entendedores
mui fremosas, quaes sei que há i,
5fora razom; mais u fostes achar
d'irdes por entendedores filhar
sempre quand'amas, quando tecedores?
  
- Juião, outros mais sabedores
quiserom já esto saber de mim,
10e em todo trobar mai[s] trobadores
que tu nom és; mais direi-t'o que vi:
vi boas donas tecer e lavrar
cordas e cintas, e vi-lhes criar,
per bõa fé, mui fremosas pastores.
  
15- Joam Soárez, nunca vi chamada
molher ama, nas terras u andei,
se por emparament'ou por soldada
nom criou mês, e mais vos en direi:
enas terras u eu soía viver,
20nunca mui bõa dona vi tecer,
mais vi tecer algũa lazerada.
  
- Juião, por est', outra vegada,
com outro tal trobador entencei;
fiz-lhe dizer que nom dezia nada,
25com'or'a ti desta tençom farei;
vi boas donas lavrar e tecer
cordas e cintas, e vi-lhes teer
mui fremosas pastores na pousada.
  
- Joam Soárez, u soía viver,
30nom tecem donas, nem ar vi teer
berç'ant'o fog'a dona muit'honrada.
  
- Juião, tu deves entender
que o mal vilam nom pode saber
de fazenda de bõa dona nada.
  


View annotations <


Cancioneiros:

V 1009
(C 1400)

Description:

Tenção

Mestria

- Joam Soares, comecei
de fazer ora um cantar,
vedes por quê: porque achei
boa razom pera trobar -
5ca vej'aqui um jograrom
que nunca pode dizer som
nen'o ar pode citolar.
  
- Joam Peres, eu vos direi
por que o faz, a meu cuidar:
10porque beve muit', [est'] eu sei;
e come fode, pois falar
nom pode; por esta razom
canta el mal; mais atal dom
bem dev'el de vós a levar.
  
15- Joam Soares, responder
nom mi sabedes desto bem:
nom canta el mal por bever,
sabede, mais por ũa rem:
porque, des quando começou
20a cantar, sempre mal cantou
e cantará, mentre viver.
  
- Joam Peres, por maldizer
vos foi esso dizer alguém,
ca, pelo vinh'e per foder,
25perd'el o cantar e o sem;
mais bem sei eu que o miscrou
alguém convosc'e lhi buscou
mal, pois vos esso fez creer.
  
- Joam Coelho, el vos peitou
30noutro dia, quando chegou,
pois ides del tal bem dizer.
  
- Joam Peres, já [eu] vos dou
quanto mi deu e mi mandou
e quanto mi há de remeter.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1011

Description:

Tenção

Mestria

- Joam Soárez, nom poss'eu estar
que vos nom diga o que vej'aqui:
vejo Lourenço com muitos travar,
pero non'o vejo travar em mi;
5e bem sei eu porque aquesto faz:
porque sab'el que quant'em trobar jaz
que mi o sei tod'e que x'é tod'em mi.
  
- Joam d'Avoim, oí-vos ora loar
vosso trobar e muito m'en rii;
10er dizede que sabedes bojar,
ca ben'o podedes dizer assi;
e que x'é vosso Toled'e Orgaz,
e todo quanto se no mundo faz
ca por vós x'éste - dized[e] assi.
  
15- Joam Soárez, nunca eu direi
senom aquelo que eu souber bem;
e do que se pelo mundo faz, sei
que se faz [i] por mi ou por alguém;
mais Toledo nem Orgaz nom poss'eu
20haver; mais em trobar, que mi Deus deu,
conhosco [bem] se troba mal alguém.
  
[...]


View annotations <


Cancioneiros:

V 1012
(C 1403)

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Joam Fernándiz, mentr'eu vosc'houver
aquest'amor que hoj'eu com vosc'hei,
nunca vos eu tal cousa negarei
qual hoj'eu ouço pela terra dizer:
5dizem que fode quanto mais foder
pod'o vosso mouro a vossa molher.
  
[E] pero que foss'este mouro meu
já me terria eu por desleal,
Joam Fernándiz, se vos negass'eu
10atal cousa qual dizem que vos faz:
ladinho como vós jazedes, jaz
com vossa molher, e m'end'é mal.
  
E direi-vos eu quant'en vimos nós:
vimos ao vosso mouro filhar
15a vossa molher e foi-a deitar
no vosso leit'; e mais vos en direi
quant'eu do mour[o] aprendi e sei:
fode-a como a fodedes vós.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1013

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Joam Fernández, o mund'é torvado
e, de pram, cuidamos que quer fiir:
veemo'lo Emperador levantado
contra Roma, e Tártaros viir,
5e ar veemos aqui dom pedir
Joam Fernández, o mouro cruzado.
  
E sempre esto foi profetizado
par dous e cinco sinaes da fim:
seer o mundo assi como é miscrado,
10e ar torná'-s'o mouro pelegrim
- Joam Fernández, creed'est'a mi[m]
que sõo home [mui] bem leterado.
  
E se nom foss'o Antecristo nado,
nom averria esto que avém:
15nem fiar[a] o senhor no malado
nen'o malado [e]no senhor rem,
nem ar iria a Ierusalém
Joam Fernández, [o] nom bautiçado.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1014

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Fragmento

Dom Estêvam fez[o] sa partiçom
com seus irmãos e caeu mui bem
em Lixboa e mal em Santarém,
mais em Coimbra caeu bem provado:
5caeu em Runa atá eno Arnado,
em tôd[ol]os três portos que i som.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1014bis

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Quem diz de Dom 'Stêvam que nom vê bem
dig'eu que mente, ca diz mui gram falha;
e [eu] mostrar-lh'-ei que nom disse rem
nem é recado que nulha rem valha;
5pero mostrado devia seer
ca nom pode, per nulha rem, veer
mal home que nom vêe nemigalha.
  
E quem lho diz, sei que lhe nom diria
ca vêe mal, se migo falass'ante,
10ou se o visse andar fora da via,
como o eu vi, junt'a Amarante,
que nom sabia, sair d'um tojal;
por en vos digo que nom vêe mal
quem vêe de redo quant'é deante.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1015

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Dom Estêvam, que Lhi nom gradecedes
qual doairo vos deu Nostro Senhor,
e como faz de vós haver sabor
os que vos vêem, que vós nom veedes?
5E al [L]hi devedes agradecer:
como vos faz antr'os bõos caer,
e antr'os maos, que vós bem caedes!
  
E u vos jogam ou u vós jogades,
mui bem caedes em qual destas quer;
10[e] em falardes com tod'a molher
bem caedes, e u quer que falades;
e ant'el-rei muito caedes bem:
sequer manjar nunca tam pouco tem
de que vós vossa parte nom hajades.
  
15E pois el-rei de vós é tam pagado
que vos seu bem e sa mercêe faz,
d'haverdes [bom] nome muito vos jaz
e nom seer home desensinado:
ca, pois per cort'havedes a guarir,
20nunca de vós devedes a partir
um home que vos traj'acompanhado.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1016

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Maria do Grave, grav'é de saber
porque vos chamam Maria do Grave,
ca vós nom sodes grave de foder,
e pero sodes de foder mui grave;
5e quer', em gram conhocença, dizer:
sem leterad'ou trobador seer,
nom pod'homem departir este grave.
  
Mais eu sei bem trobar e bem leer
e quer'assi departir este grave:
10vós nom sodes grav'em pedir haver
por vosso con', e vós sodes grave,
a quem vos fode muito, de foder;
e por aquesto se dev'entender
porque vos chamam Maria do Grave.
  
15E pois vos assi departi este grave,
tenho-m'end'ora por mais trobador;
e bem vos juro, par Nostro Senhor,
que nunca eu achei [molher] tam grave
come Maria - e já o provei -
20do Grav'; e nunca pois molher achei
que a mi fosse de foder tam grave.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1017

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Luzia Sánchez, jazedes em gram falha
comigo, que nom fodo mais nemigalha
d'ũa vez; e, pois fodo, se Deus mi valha,
fic'end'afrontado bem por tercer dia.
5       Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
       se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
  
Vejo-vos jazer migo muit'aguada,
Luzia Sánchez, porque nom fodo nada;
mais se eu vos per i houvesse pagada,
10pois eu foder nom posso, peer-vos-ia.
       Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
       se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
  
Deu-mi o Demo esta pissuça cativa,
que já nom pode sol cospir a saíva
15e, de pram, semelha mais morta ca viva,
e se lh'ardess'a casa, nom s'ergeria.
       Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
       se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.
  
Deitarom-vos comigo os meus pecados;
20cuidades de mi preitos tam desguisados,
cuidades dos colhões, que trag'inchados,
ca o som com foder e é com maloutia.
       Par Deus, Luzia Sánchez, Dona Luzia,
       se eu foder-vos podesse, foder-vos-ia.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1018

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Jograr, mal desemparado
fui eu pelo teu pescar,
como que houvi a enviar
aa rua por pescado;
5por end'o dom que t'hei dado
quer'ora de ti levar.
  
Assi cho dei, preitejado
que m'houvess'a escusar
da rua; e vês, jograr,
10pois me nom hás escusado,
um dom em linho dobrado
pensa ora de mi o dar.
  
Nom ti baralh'eu mercado
nem queria baralhar;
15mais houveste-m'a pagar
em truitas e, pois pagado,
nom mi as dás, como hei contado,
er pensa de mi contar.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1019

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Bom casament'é, pera Dom Gramilho,
ena Porta do Ferr'ũa tendeira;
e direi-vos com'e de qual maneira:
pera ric'home, que nom pod'haver
5filho nem filha, podê-l'-á fazer
com aquela que faz cada mês filho.
  
E de mim vos dig', assi bem me venha:
se ric'home foss'e grand'alg'houvesse
[e parentes chegados nom tevesse],
10a quem leixar meu haver e mia herdade,
eu casaria, dig'a Deus verdade,
com aquela que cada mês emprenha.
  
E bem seria meu mal e meu dano,
per boa fé, e mia meos ventura
15e meu pecado grav'e sem mesura,
pois que eu com atal molher casasse,
se ũa vez de mim nom emprenhasse,
pois emprenha doze vezes no ano.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1021

Description:

Tenção

Mestria

- Vedes, Picandom, som maravilhado
eu d'En Sordel, que ouço em tenções
muitas e boas [e] em mui bõos sões,
como fui em teu preito tam errado:
5pois nom sabes jograria fazer,
por que vos fez per corte guarecer?
Ou vós ou el dad'ende bom recado.
  
- Joam Soares, logo vos é dado
e mostrar-vo-l'-ei em poucas razões:
10gram dereit'hei de gaar [muitos] dões
e de seer em corte tam preçado
como segrel que diga mui bem ves,
em canções e cobras, e serventés,
e que seja de falimen guardado.
  
15- Picandom, por vós vos muito loardes,
nom vo-lo catarám por cortesia,
nem por entrardes na tafularia,
nem por beverdes, nem por pelejardes:
e se vos esto contarem por prez,
20nunca Nostro Senhor tam cortês fez
como vós sodes, se o bem catardes.
  
- Joam Soares, por me deostardes,
nom perç'eu por esso mia jograria;
e a vós, senhor, melhor estaria
25d'a tod'home de segre bem buscardes;
ca sei canções muitas e canto bem
e guardo-me de todo falimen
e cantarei, cada que me mandardes.
  
- Sinher, conhosco-mi-vos, Picandom,
30e do que dixi peço-vos perdom
e gracir-vo-l'-ei se mi perdoardes.
  
- Joam Soares, mui de coraçom
vos perdoarei, que mi dedes dom
e mi busquedes prol per u andardes.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1022

Description:

Tenção

Mestria

- Quem ama Deus, Lourenç', am'a verdade,
e farei-ch'entender por que o digo:
home que entençom furt'a seu amigo
semelha ramo de deslealdade;
5e tu dizes que entenções faes
que, pois nom rimam e som desiguaes,
sei m'eu que x'as faz Joam de Guilhade.
  
- Joam Soares, ora m'ascuitade:
eu hôuvi sempre lealdade migo;
10e quem tam gram parte houvesse sigo
em trobar com'eu hei, par caridade,
bem podia fazer tenções quaes
fossem, bem feitas; e direi-vos mais:
lá com Joam Garcia baratade.
  
15- Pero, Lourenço, pero t'eu oía
tençom desigual e que nom rimava,
pero essa entençom de ti falava,
[o] Demo lev'esso que teu criia:
ca nom cuidei que entençom soubesses
20tam desigual fazer, nen'a fezesses;
mas sei-m'eu que x'a fez Joam Garcia.
  
- Joam Soares, par Santa Maria,
fiz eu entençom, e ben'a iguava,
com outro trobador que bem trobava,
25e de nós ambos bem feita seria;
e nom vo-lo posso eu mais jurar;
mais se [um] trobador mig'entençar,
defender-mi-lh'hei mui bem todavia.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1023

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Dom Vuitorom, o que vos a vós deu
sobre los trobadores a julgar,
ou nom sabia que x'era trobar
ou sabia como vos trobei eu,
5que trobei duas vezes mui bem;
e se vos el fez juiz por en,
de vós julgardes outorgo-vo-l'eu.
  
E se vos el por esto fez juiz,
Dom Vuitorom, devede-l'a seer,
10ca vos soub'eu dous cantares fazer,
sem outros seis ou sete que vos fiz,
per que devedes julgar com razom;
[e por en vos digo, Dom Vuitorom],
julgad'os cantares que vos eu fiz!
  
15E pois julgardes como vos trobei,
e ar chamad'o comendador i,
que fezerom comendador sem mi
de mias comendas, per força de rei;
e o que ora nas alças está,
20se o em dereit'hei, entregar-mi-as-á,
ca todas estas som forças de rei.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1024

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Joam Garcia tal se foi loar
e enfenger que dava [i] sas doas
e que trobava por donas mui boas;
e oí end'o meirinho queixar
5e dizer que fará, se Deus quiser,
que nom trobe quem trobar nom dever
por ricas donas nem por infançoas.
  
E oí noutro dia en queixar
ũas coteifas e outras cochõas,
10e o meirinho lhis disse: - Varõas,
e nom vos queixedes, ca se eu tornar,
eu vos farei que nẽum trobador
nom trobe em talho senom de qual for,
nem ar trobe por mais altas pessõas.
  
15Ca manda 'l-rei, porque há en despeito,
que trobem os melhores trobadores
polas mais altas donas e melhores,
e tem assi por razom, com proveito;
e o coteife que for trobador
20trobe, mais cham'a coteifa "senhor",
e andarám os preitos com dereito.
  
E o vilão que trobar souber
que trob'e chame "senhor" sa molher,
e haverá cada um o seu dereito.


View annotations <


Cancioneiros:

V 1025

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Martim Alvelo,
desse teu cabelo
te falarei já:
cata capelo
5que ponhas sobr'elo,
ca mui mester ch'há;
ca o topete
pois mete
cãos mais de sete,
10e mais, u mais há,
muitos che vejo
sobejo:
e que grand'entejo
tod'a molher há!
  
15E das trincheiras
e das trasmoleiras
ti quero dizer:
vejo-chas veiras
e von'as carreiras,
20polas defender;
ca a velhece,
pois crece,
sol nom quer sandece,
al é de fazer:
25ca essa tinta
mal pinta;
e que val a enfinta
u nom há foder?
  
Messa os cãos
30e filh'os soumãos,
e nom ch'há mester
panos louçãos;
abr'i deles mãos,
ca tod'a molher
35a tempo cata
quem s'ata
a esta barata
que t'ora disser:
d'encobrir anos
40com panos;
aquestes enganos
per rem nõn'os quer.