João Baveca - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 1103, V 694
(C 1103)

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Meus amigos, nom poss'eu mais negar
o mui gram bem que quer'a mia senhor,
que lho nom diga, pois ant'ela for,
e des oimais me quer'aventurar
5       a lho dizer; e pois que lho disser,
       mate-m'ela, se me matar quiser.
  
Ca, por boa fé, sempre m'eu guardei,
quant'eu pudi, de lhi pesar fazer;
mais, como quer, ũa mort'hei d'haver,
10e com gram pavor ave[n]turar-m'-ei
       a lho dizer; e pois que lho disser,
       mate-m'ela, se me matar quiser.
  
Ca nunca eu tamanha coita vi
levar a outr'home, per boa fé,
15com'eu levo; mais pois que assi é,
aventurar-me quero des aqui
       a lho dizer; e pois que lho disser,
       mate-m'ela, se me matar quiser.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1104, V 695
(C 1110)

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Cuidara eu a mia senhor dizer
o mui gram bem que lhi quer'e pavor
houvi d'estar com ela mui peor
ca estava, e nom lh'ousei dizer
5       de quanta coita por ela sofri,
       nem do gram bem que lhe quis, poila vi.
  
E nom cuidei haver de nulha rem
med'e, por esto m'esforcei entom
e foi ant'ela, se Deus mi perdom,
10por lho dizer, mais nom lhi dixi rem
       de quanta coita por ela sofri,
       nem do gram bem que lhe quis, poila vi.
  
Bem esforçado fui por lhi falar
na mui gram coita que por ela hei,
15e fui ant'ela, e siv'e cuidei
e catei-a, mais nom lh'ousei falar
       de quanta coita por ela sofri,
       nem do gram bem que lhe quis, poila vi,
  
e quer'e querrei sempre des aqui.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1105, V 696

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

U vos nom vejo, senhor, sol poder
nom hei de mim, nem me sei conselhar,
nem hei sabor de mi, erg'em cuidar
em como vos poderia veer;
5       e pois vos vejo, maior coita hei
       que ant'havia, senhor, porque m'hei
  
end'a partir. E quem viu nunca tal
coita sofrer qual eu sofro? Ca sem
perç'e dormir. E tod'esto mi avém
10por vos veer, senhor, e nom por al!
       E pois vos vejo, maior coita hei
       que ant'havia, senhor, porque m'hei
  
end'a partir. E por en sei que nom
perderei coita, mentr'eu vivo for,
15ca, u vos eu nom vejo, mia senhor,
por vos veer, perç'este coraçom.
       E pois vos vejo, maior coita hei
       que ant'havia, senhor, porque m'hei
  
end'a partir, mia senhor, e bem sei
20que d'ũa destas coitas morrerei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1106, V 697

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Mui desguisado tenho d'haver bem!
Enquant'eu já eno mundo viver,
hei tal coita qual sofro a sofrer;
ca vos direi, amigos, que mi avém:
5       cada que cuid'estar de mia senhor
       bem, estou mal e, quando mal, peor.
  
E por aquesto, se Deus mi perdom,
entendo já que nunca perderei
a maior coita do mundo que hei;
10e quero logo dizer porque nom:
       cada que cuid'estar de mia senhor
       bem, estou mal e, quando mal, peor.
  
E por aquesto já bem fiz estou
d'haver gram coita no mund'e nom al,
15e d'haver sempr', em logar de bem, mal;
ca vos direi como xi me guisou:
       cada que cuid'estar de mia senhor
       bem, estou mal e, quando mal, peor.
  
E por aquesto sofr'eu a maior
20coita de quantas fez sofrer Amor.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1107, V 698

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Muitos dizem que gram coita d'amor
os faz em mais de mil guisas cuidar,
e devo-m'eu dest'a maravilhar:
que por vós moir'e nom cuido, senhor,
5       senom em como parecedes bem,
       des i em como haverei de vós bem.
  
E se hoj'homem há cuidados, bem sei,
se per coita d'amor ham de seer,
que eu devia cuidados haver;
10pero, senhor, nunca em al cuidei,
       senom em como parecedes bem,
       des i em como haverei de vós bem.
  
Ca me coita voss'amor assi
que nunca dórmi[o], se Deus mi perdom,
15e cuido sempre no meu coraçom,
pero nom cuid'[em] al, des que vos vi,
       senom em como parecedes bem,
       des i em como haverei de vós bem.
  
E d'amor sei que nulh'homem nom tem
20en maior coita ca mi por vós vem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1108, V 699

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Os que nom amam nem sabem d'amor
fazem perder aos que amor ham,
vedes porquê: quand'ant'as donas vam,
juram que morrem por elas d'amor,
5e elas sabem pois que nom é 'ssi;
       e por esto perç'eu e os que bem
       lealmente amam, segundo meu sem.
  
Ca se elas soubessem os que ham
bem verdadeiramente grand'amor,
10d'alguém se doeria sa senhor;
mais, por aqueles que o jurad'ham,
cuidam-s'elas que todos taes som;
       e por esto perç'eu e os que bem
       lealmente amam, segundo meu sem.
  
15E aqueles que já medo nom ham
que lhis faça coita sofrer amor,
vêm ant'elas e juram melhor
ou tam bem come os que amor ham,
e elas nom sabem quaes creer;
20       e por esto perç'eu e os que bem
       lealmente amam, segundo meu sem.
  
E os bem desamparados d'amor
juram que morrem com amor que ham,
seend'ant'elas, e mentem de pram;
25mais, quand'ar vêm os que ham amor,
já elas cuidam que vêm mentir;
       e por esto perç'eu e os que bem
       lealmente amam, segundo meu sem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1109, V 700

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, por vós hei as coitas que hei,
e per Amor que mi vos fez amar;
ca el sem vós nom mi as podera dar,
nem vós sem el. E por esto nom sei
5       se me devo de vós queixar, senhor,
       mais destas coitas que hei, se d'Amor.
  
Ca muitos vej'a quem ouço dizer
que d'Amor vivem coitados, nom d'al,
e a mim del e de vós me vem mal.
10E por aquesto nom poss'entender
       se me devo de vós queixar, senhor,
       mais d'estas coitas que hei, se d'Amor.
  
Pero Amor nunca me coitas deu,
nem mi fez mal, senom des que vos vi,
15nem vós de rem, se ant'el nom foi i.
E por estas razões nom sei eu
       se me devo de vós queixar, senhor,
       mais d'estas coitas que hei, se d'Amor.
  
E por Deus, fazede-me sabedor
20se m'hei de vós [a] queixar, se d'Amor.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1221, V 826
(C 1221)

Description:

Tenção

Mestria

- Pedr'Amigo, quer'ora ũa rem
saber de vós, se o saber puder:
do rafeç'home que vai bem querer
mui boa dona, de quem nunca bem
5atende já, e [d]o bõo, que quer
outrossi bem mui rafece molher
pero que lh'esta queira fazer bem,
qual destes ambos é de peior sem?
  
- Joam Baveca, tod'home se tem
10com mui bom hom', e quero-m'eu teer
logo com el; mais, por sem conhocer
vos tenh'ora, que nom sabedes quem
há peor sem; e, pois vo-l'eu disser,
vós vos terredes com qual m'eu tever;
15e que sab'[r]edes vós que sei eu quem
[é]: o rafeç'hom'é de peior sem.
  
- Pedr'Amigo, des aqui é tençom,
ca me nom quer'eu convosc'outorgar;
o rafeç'home, a que Deus quer dar
20entendiment', em algũa sazom,
de querer bem a mui bõa senhor,
este nom cuida fazer o peor;
e quem molher rafec'a gram sazom
quer bem, nom pode fazer se mal nom.
  
25- Joam Baveca, fora da razom
sodes, que m'ante fostes preguntar;
ca mui bom home nunca pod'errar
de fazer bem, assi Deus me perdom;
e o rafeç'home que vai seu amor
30empregar u desasperado for,
este faz mal, assi Deus me perdom,
e est'é sandeu e estoutro nom.
  
- Pedr'Amigo, rafeç'home nom vi
perder per mui bõa dona servir,
35mais vi-lho sempre loar e gracir;
e o mui bom home, pois tem cabo si
molher rafeç'e se nom paga d'al,
e, pois el entende o bem e o mal
e, por esto, nõn'a quita de si,
40quant'[el] é melhor, tant'erra mais i.
  
- Joam Baveca, des quand'eu naci,
esto vi sempr'e oí departir
do mui bom home: de lh'a bem sair
sempr'o que faz; mais creede per mi:
45do rafeç'home que sa comunal
nom quer servir e serve senhor tal,
porque o tenham por leve, por mi,
quant'ela é melhor, tant'erra mais i.
  
- Pedr'Amigo, esso nada nom val,
50ca o que ouro serv[e] e nom al,
o a[va]rento semelha des i;
e parta-s'esta tençom per aqui.
  
- Joam Baveca, nom tenho por mal
de se partir: pois ouro serv'atal
55quem nunca pode valer mais per i;
e julguem-nos da tençom per aqui.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1222, V 827

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amiga, dizem que meu amig'há
por mi tal coita que nom há poder
per nulha guisa d'um dia viver
se per mi nom; e vedes quant'i há:
5       se por mi morre, fic'end'eu mui mal,
       e se lh'ar faç'algum bem, outro tal.
  
E tam coitad'é, com'aprendi eu,
que o nom pode guarir nulha rem
de morte já, se lh'eu nom faço bem;
10mais vedes ora com'estou end'eu:
       se por mi morre, fic'end'eu mui mal,
       e se lh'ar faç'algum bem, outro tal.
  
Dizem que é por mi coitad'assi
que quantas cousas eno mundo som
15nom lhi podem dar vida, se eu nom;
e este preito cae-m'ora assi:
       se por mi morre, fic'end'eu mui mal,
       e se lh'ar faç'algum bem, outro tal.
  
E, amiga, por Deus, conselho tal
20mi dade vós que nom fique end'eu mal.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1223, V 828

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Por Deus, amiga, preguntar-vos-ei
do voss'amigo, que vos quer gram bem,
se houve nunca de vós algum bem;
que mi o digades e gracir-vo-l'-ei.
5- Par Deus, amiga, eu vo-lo direi:
       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.
  
- Amiga, vós nom fezestes razom
de que perdestes voss'amig'assi;
10quando vos el amava mais ca si,
por que lhi nom fezestes bem entom?
- Eu vos direi, amiga, por que nom:
       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.
  
15- Vedes, amiga, meu sem est atal:
que, pois vos Deus amigo dar quiser
que vos muit'am'e vos gram bem quiser,
bem lhi devedes fazer e nom mal.
- Amiga, nom lhi pud'eu fazer al:
20       serviu-me muit', e por lhi [nom] fazer
       bem, el foi outra molher bem querer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1224, V 829

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Ai amiga, hoje falou comigo
o voss'amigo e vi-o tam coitado
por vós que nunca vi tant'home nado,
ca morrerá, se lhi vós nom valedes.
5- Amiga, quand'eu vir que é guisado,
valer-lh'-ei, mais nom vos maravilhedes
       d'andar por mi coitado meu amigo.
  
- Per bõa fé, amiga, bem vos digo
que, u estava mig'em vós falando,
10esmoreceu, e bem assi andando
morrerá, se vos del dóo nom filha.
- Si, filhará, ai amiga, já quando,
mais nom tenhades vós por maravilha
       d'andar por mi coitado meu amigo.
  
15- Amiga, tal coita d'amor há sigo
que já nunca dorme noite nem dia
coidand'em vós, e, par Santa Maria,
sem vosso bem non'o guarirá nada.
- Guarrei-o eu, amiga, todavia,
20mais nom vos façades maravilhada
       d'andar por mi coitado meu amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1225, V 830

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigo, sei que há mui gram sazom
que trobastes sempre d'amor por mi,
e ora vejo que vos travam i;
mais nunca Deus haja parte comigo
5se vos eu des aqui nom dou razom
       per que façades cantigas d'amigo.
  
E pois vos eles têm por melhor
de vos enfengir de quem vos nom fez
bem, pois naceu, nunca nẽũa vez,
10e por en des aqui vos [jur'e] digo
que eu vos quero dar razom d'amor
       per que façades cantigas d'amigo.
  
E sabe Deus que desto nulha rem
vos nom cuidava eu ora fazer,
15mais, pois vos cuidam o trobar tolher,
ora verei o poder que ham sigo;
ca de tal guisa vos farei eu bem
       per que façades cantigas d'amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1226, V 831

Description:

Cantiga de Amigo

Mestria

Pesa-mi, amiga, por vos nom mentir,
d'ũas novas que de mi e do meu
amig'oí, e direi-vo-las eu:
dizem que lh'entendem o grand'amor
5que há comig', e, se verdade for,
por maravilha pod'a bem sair.
  
E bem vos digo que, des que oí
aquestas novas, sempre trist'andei,
ca bem entend'e bem vej'e bem sei
10o mal que nos deste preit'averrá
pois lh'entenderem, ca posto x'é já
de morrer eu por el e el por mi.
  
Ca, poilo souberem, el partid'é
de nunca jamais viir a logar
15u me veja, tanto m'ham de guardar;
vede'lo morto por esta razom,
pois bem sabedes vós de mi que nom
poss'eu sem el viver, per bõa fé.
  
Mais Deus, que sabe o gram bem que m'el quer
20e eu a el, quando nos for mester,
nos guarde de mal, se vir ca bem é.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1227, V 832

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão, Dialogada

- Filha, de grado queria saber
de voss'amig'e de vós ũa rem:
como vos vai ou como vos avém.
- Eu vo-lo quero, mia madre, dizer:
5       quero-lh'eu bem e que-lo el a mi
       e bem vos digo que nom há mais i.
  
- Filha, nom sei se há i mais, se nom,
mais vejo-vos sempre com el falar
e vejo-vos chorar e el chorar.
10- Nom vos terrei, madre, i outra razom:
       quero-lh'eu bem e que-lo el a mi
       e bem vos digo que nom há mais i.
  
- Se mi o negardes, filha, pesar-mi-á,
ca, se mais há i feit', a como quer,
15outro conselh'havemos i mester.
- Já vos eu dixi, madre, quant'i há:
       quero-lh'eu bem e que-lo el a mi
       e bem vos digo que nom há mais i.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1228, V 833

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Vossa menag', amigo, nom é rem,
ca, de pram, houvestes toda sazom
a fazer quant'eu quisesse e al nom,
e por rogo nem por mal nem por bem
5       sol nom vos poss'esta ida partir.
  
Nunca vos já de rem hei a creer,
ca sempr'houvestes a fazer por mi
quant'eu mandass', e mentides-m'assi;
e, pero faç'i todo meu poder,
10       sol nom vos poss'esta ida partir.
  
Que nom houvess'antre nós qual preito há,
per qual [bem] vos foi sempre [mui] mester
devíades por mi a fazer que quer;
e, pero vos mil vezes roguei já,
15       sol nom vos poss'esta ida partir.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1229, V 834

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amig', entendo que nom houvestes
poder d'alhur viver, e veestes
a mia mesura, e nom vos val rem,
ca tamanho pesar mi fezestes
5       que jurei de vos nunca fazer bem.
  
Quisera-m'eu nom haver jurado,
tanto vos vejo viir coitado
a mia mesura, mas que prol vos tem?
Ca, u vos fostes sem meu mandado,
10       jurei que nunca vos fezesse bem.
  
Por sempre serdes de mi partido,
nom vos há prol de seer viido
a mia mesura, e gram mal m'é en,
ca jurei, tanto que fostes ido,
15       que nunca jamais vos fezesse bem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1230, V 835

Description:

Cantiga de Amigo

Mestria, dialogada

- Como cuidades, amiga, fazer
das grandes juras que vos vi jurar
de nunca voss'amigo perdoar?
Ca vos direi de qual guisa o vi:
5que, sem vosso bem, creede per mi,
que lhi nom pode rem morte tolher.
  
- Tod'ess', amiga, bem pode seer,
mais punharei eu já de me vingar
do que m'el fez, e, se vos en pesar,
10que nom façades ao voss'assi;
ca bem vistes quanto lhi defendi
que se nom foss', e nom me quis creer.
  
- Par Deus, amiga, vinga tam sem sem
nunca vós faredes, se Deus quiser,
15a meu poder, nem vos era mester
de a fazer, ca vedes quant'i há:
se voss'amigo morrer, morrerá
por bem que fez e nom por outra rem.
  
- Amiga, nom poss'eu teer por bem
20o que m'el faz, e a que mo tever
por bem, tal haja daquel que bem quer;
mas, sem morte, nunca lhi mal verrá,
per bõa fé, que mi nom prazerá;
pero del morrer nom mi praz'á en.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1231, V 836
(C 1231)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigo, vós nom queredes catar
a nulha rem, se ao vosso nom,
e nom catades tempo nem sazom
a que venhades comigo falar;
5       e nom que[i]rades, amigo, fazer,
       per vossa culpa, mi e vós morrer.
  
Ca noutro dia chegastes aqui
a tal sazom que houv'en tal pavor
que, por seer deste mundo senhor,
10nom quisera que veessedes i;
       e nom que[i]rades, amigo, fazer,
       per vossa culpa, mi e vós morrer.
  
E quem molher de coraçom quer bem,
a meu cuidar, punha de s'encobrir
15e cata temp'e sazom pera ir
u ela est, e a vós nom avém;
       e nom que[i]rades, amigo, fazer,
       per vossa culpa, mi e vós morrer.
  
Vós nom catades a bem nem a mal,
20nem do que nos pois daquest'averrá,
se nom que pass'o vosso ũa vez já,
mais em tal feito muit'há mester al;
       e nom que[i]rades, amigo, fazer,
       per vossa culpa, mi e vós morrer.
  


View annotations <


Cancioneiros:

B 1232, V 837

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Madr', o que sei que mi quer mui gram bem
e que sempre fez quanto lh'eu mandei
e nunca lhi desto galardom dei,
mia madre, vem, e el quer já morrer
5por mi d'amor, e, se vos prouguer en,
       vós catad'i o que devo fazer.
  
Ca nom pode guarir, se per mim nom,
ca o am'eu, e el, des que me viu,
[a]quanto pôd'e soube, me serviu;
10mais, pois lh'eu poss'atal coita valer
come de morte, se Deus vos perdom,
       vós catad'i o que devo fazer.
  
Ca del morrer, madre, per bõa fé,
mi pesaria quanto mi pesar
15mais podesse, ca em todo logar
me serviu sempr'a todo seu poder;
e, pois veedes com'este preit'é,
       vós catad'i o que devo fazer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1233, V 838

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Ora veerei, amiga, que fará
o meu amigo, que nom quis creer
o que lh'eu dix'e soube-me perder:
ca de tal guisa me guardam del já
5       que nom hei eu poder de fazer rem
       por el, mais esto buscou el mui bem.
  
El quis comprir sempre seu coraçom
e soub'assi sa fazenda trager
que tod'home nos podia 'ntender,
10e por aquest'as guardas tantas som
       que nom hei eu poder de fazer rem
       por el, mais esto buscou el mui bem.
  
E, pero lh'eu já queira des aqui
o maior bem que lhi possa querer,
15pois nom poder, nom lhi farei prazer;
e digo-vos que me guardam assi
       que nom hei eu poder de fazer rem
       por el, mais esto buscou el mui bem.
  
E vedes vós: assi conteç'a quem
20nom sab'andar em tal preito com sem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1234, V 839

Description:

Cantiga de Amigo

Mestria

Amigo, mal soubestes encobrir
meu feit'e voss'e perdestes per i
mi e eu vós; e oimais quem nos vir
de tal se guard', e, se molher amar,
5filh'aquel bem que lhi Deus quiser dar
e leix'o mais e pass'o temp'assi.
  
Ca vós quisestes haver aquel bem
de mim que vos nom podia fazer
sem meu gram dan', e perdestes por en
10quanto vos ant'eu fazia d'amor;
e assi faz quem nom é sabedor
de saber bem, pois lho Deus dá, sofrer.
  
E bem sabedes camanho temp'há
que m'eu daquest', amigo, receei
15em que somos; e, pois que o bem já
nom soubestes sofrer, sofred'o mal,
ca, [pero] m'end'eu queira fazer al
o demo lev'o poder que end'hei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1453, V 1063
(C 1453)

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Bernal Fendudo, quero-vos dizer
o que façades, pois vos querem dar
armas e "dona salvage" chamar:
se vos com mouros lid'acaecer,
5sofrede-os, ca todos vos ferrám,
e, dando colbes em vós, cansarám,
e havedes pois vós a vencer.
  
E ali log', u s'há lide a volver,
verrám-vos deles deante colpar;
10des i os outros, por vos nom errar,
ar querram-vos por alhur cometer;
mais sofrede[-os], feiram per u quer,
ca, se vos Deus em armas bem fezer,
ferindo em vós, ham eles de caer.
  
15Pero, com’há mui gram gente a seer,
muitas vezes vos ham a derrobar;
mais sempre vos havedes a cobrar
e eles ham mais a enfraquecer,
pero nom quedarám de vos ferir
20de todas partes; mais, ao [fiir],
todos morrerám em vosso poder.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1454, V 1064

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Um escudeiro vi hoj'arrufado
por tomar penhor a Maior Garcia,
por dinheiros poucos que lhi devia;
e diss'ela, poilo viu denodado:
5- Senher, vós nom mi afrontedes assi,
e será 'gora um judeu aqui,
com que barat', e dar-vos-ei recado
  
de vossos dinheiros de mui bom grado;
e tornad'aqui ao meio dia,
10e entanto verrá da Judaria
aquel judeu com que hei baratado,
e um mouro, que há 'qui de chegar,
com que hei outrossi de baratar;
e, em como quer, farei-vos eu pagado.
  
15E o mouro foi log'ali chegado,
e cuidou-s'ela que el pagaria
dívida velha que ela devia;
mais diss'o mouro: - Sol nom é pensado
que vós paguedes rem do meu haver,
20meos d'eu carta sobre vós fazer,
ca um judeu havedes enganado.
  
E ela disse: - Fazede vós qual
carta quiserdes sobre mim, pois d'al
nom poss'haver aquel homem pagado.
  
25E o mouro log'a carta notou
sobr'ela e sobre quanto lh'achou;
e pagou-a e leixou-lh'o tralado.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1455, V 1065

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Maior Garcia sempr'oi[u] dizer
por quem quer que [se] podesse guisar
de sa mort'e se bem maenfestar,
que nom podia perdudo seer;
5e ela diz, por se de mal partir,
que, enquant'houver per que o comprir,
que nom quer já sem clérigo viver.
  
Ca diz que nom sab'u x'há de morrer,
e por aquesto se quer trabalhar,
10a como quer, de se desto pagar;
e diz que há bem per u o fazer
con'o que tem de seu, se d'alhur nom:
dous ou três clérigos, um a sazom,
[pode mui bem consigo sempr'haver].
  
15E Maior Garcia, por nom perder
sua alma, quando esto oiu, foi buscar
clérigo e nom s'atreveu albergar
[tam senlheira u quer que há viver];
e já três clérigos pagados tem,
20que, sem um deles, sabede vós bem
que a nom pode a morte tolher.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1456, V 1066

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Pero d'Ambroa prometeu, de pram,
que fosse romeu de Santa Maria,
e acabou assi sa romaria
com'acabou a do frume Jordam:
5ca entonce atá Mompilier chegou,
e ora per Roçavales passou
e tornou-se do poio de Roldam.
  
E pois ................................
[...]
  
10- Ca, pois aqui cheguei, já nom dirám
que nom foi.......................
.........................................
........................................[am]
............................. en buscar
15senom de que podesse pois chufar
e ach'aqui o corno de Roldam.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1457, V 1067

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Pero d'Ambroa, sodes maiordomo
e trabalhar-s'-á de vos enganar
o albergueiro; mais d'escarmentar-
-lo havedes. E direi-vos eu como:
5se vos mentir do que vosco poser,
seja de vós e de nós, como quer,
é brita[r]-lh'os narizes no momo.
  
E de nosso ................
[...]
  
10E ..........................
[...]
  
E pois mercade lo al: logo cedo
vos amonstr'a roupa que vos dará;
e se pois virdes que vo-la nom dá,
15ide sarrar la porta, vosso quedo,
e desses vossos narizes log'i
fiqu'o seu cuu quebrantad', assi
que já sempr'haja d'espanhoes medo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1458, V 1068

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Estavam hoje duas soldadeiras
dizendo bem, a gram pressa, de si,
e viu a ũa delas as olheiras
de sa companheira, e diss'assi:
5- Que enrugadas olheiras teendes!
E diss'a outra: - Vós com'ar veedes
desses ca[belos sobr'essas trincheiras]?
  
E ..............................................
.................................................
10.................................................
.............. en'esse rostro. E des i
diss'el'outra vez: - Já vós doit'havedes;
mais tomad'aquest'espelh'e veeredes
tôdalas vossas sobrancelhas veiras.
  
15E ambas elas eram companheiras,
e diss'a ũa em jogo outrossi:
- Pero nós ambas somos muit'arteiras,
milhor conhosc'eu vós ca vós [a] mim.
E diss'[a] outra: - Vós que conhocedes
20a mim tam bem, porque nom entendedes
como som covas essas caaveiras?
  
E depois tomarom senhas masseiras
e banharom-se e loavam-s'assi;
e quis Deus que, nas palavras primeiras
25que houverom, que chegass'eu ali;
e diss'a ũa: - Mole ventr'havedes;
e diss'a outr': - E vós mal o 'scondedes,
as tetas que semelham cevadeiras.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1459, V 1069

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Dom Bernaldo, pesa-me que tragedes
mal aguadeir'e[n'] esse balandrau;
e aqui dura muit'o tempo mau,
e vós e[m] esto mentes nom metedes;
5e conselho-vos que catedes al
que 'n cobrades, ca esse nom é tal
que vos vós sô el muito nom molhedes.
  
E quem vos pois vir la saia molhada,
bem lheu terrá que é com escasseza,
10e em vós houve sempre gram largueza;
e pois aqui vee[m] la invernada,
maravilha será se vos guardar
um dia puderdes de vos molhar
so ũa mui boa capa dobrada.
  
15E Dom Bernaldo, vel em esta guerra,
de quanto vo-lo vosso home al mete,
haved'ũa capa ou um capeirete,
pero capa nunca s'a vós bem serra;
ar queredes-vos vós crás acolher
20e cavalgar, e nom pode seer
que vos nom molhedes en'essa terra.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1460, V 1070

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Par Deus, amigos, gram torto tomei
e de logar onde m'eu nom cuidei:
estand'ali ant'a porta d'el-rei
preguntando por novas da fronteira,
5por ũa velha que eu deostei,
       deostou-m'ora Maria Balteira.
  
Veed'ora se me devo queixar
deste preito, ca nom pode provar
que me lhe oísse nulh'homem chamar
10senom seu nome, per nulha maneira;
e pola velha que foi deostar,
       deostou-m'ora Maria Balteira.
  
Muito vos deve de sobérvia tal
pesar, amigos, e direi-vos al:
15sei mui bem que [se] lh'est[o] a bem sal,
todos iremos per ũa carreira;
ca, porque dixe d'ũa velha mal,
       deostou-m'ora Maria Balteira.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1573

Description:

Tenção

Mestria

- Joam Baveca, fé que vós devedes,
que me digades ora ũa rem
que eu nom sei, e segundo meu sem,
tenh'eu de pram de vós que o sabedes,
5e por aquesto vos vim preguntar:
cantar d'amor de quem nom sab'amar,
que me digades porque lho dizedes.
  
- Pero d'Ambroa, vós nom m'oiredes
dizer cantar - esto creede bem -
10senom bem feit'e igual; e por en
nom dig'estes "bõos" que vós fazedes,
ante digo dos que faz trobador
que troba bem e há coita d'amor;
e vós, por esto, nom me vos queixedes.
  
15- Joam Baveca, se vós nom queredes
os meus cantares dizer ant'alguém,
direi-vos ora como vos avém:
nunca por en contra mim per dizedes.
Mais lo que sabe molher bem querer,
20bem quanto sab'o asno de leer,
por namorado porque o metedes?
  
- Pero d'Ambroa, vós mais [nom] podedes
saber de mim do que vos já dix'en:
os cantares que eu digo fez quem
25há grand'amor; mais pois sanha prendedes,
aqui ante todos leix'eu a tençom;
ca, se quiséssedes caber razom,
dig'eu verdad', esto nom duvidedes.