Fernão Figueira de Lemos - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 46
(C 46)

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Ai mia senhor! sempr'eu esto temi,
des que vos vi, que m'oi de vós avém:
irdes-vos vós e ficar eu aqui,
u nunca mais acharei outra rem
5de que eu possa gasalhad'haver,
nem me de vós faça coita perder.
  
Coita, de pram, já eu nom perderei,
e nom m'atrevo sem vós a guarir!
E seede fix que 'nsandecerei
10pois eu de vós os meus olhos partir,
e vos nom vir u vos soi'a veer;
nunca me Deus leixe i mais viver!
  
Ca vos vi eu por meu mal, mia senhor,
por vos haver já sempr'a desejar;
15e perdud'hei gasalhad'e sabor
de quanto al no mundo soía amar!
Tod'esto mi vós fezestes perder;
fez-me-vos Deus, por meu mal, bem querer.
  
Por meu mal foi, pois que vos já sempr'eu
20haverei ora no meu coraçom
a desejar; e nunca mais do meu
cor perderei mui gram coita, que nom
veerei rem que mi possa plazer,
ergo se vir a mim por vós morrer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 47

Description:

Cantiga de Amigo

Fragmento

Diz meu amigo que lhe faça bem
e digo-lh'eu sempre que lho farei
e que m'atenda e guisá-lho-ei,
e, amiga, direi-vos que mi avém:
5tantas vezes o mandei atender
que lho nom posso mais vezes dizer.