Estêvão Travanca - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

A 185

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Pois m'em tal coita tem Amor
por vós, dizede-me, senhor:
       que vos nom doedes de mim?
       Em que grave dia vos vi,
5       que vos nom doedes de mim!
  
E pois m'el em tal coita tem
por vós, ai meu lum'e meu bem,
       que vos nom doedes de mim?
       Em que grave dia vos vi
10       que vos nom doedes de mim!
  
Ai coita do meu coraçom!,
dizede, se Deus vos perdom,
       que vos nom doedes de mim?
       Em que grave dia vos vi
15       que vos nom doedes de mim!
  
Ai lume destes olhos meus,
dizede-mi agora, por Deus,
       que vos nom doedes de mim?
       Em que grave dia vos vi
20       que vos nom doedes de mim!


View annotations <


Cancioneiros:

B 722, V 323
(C 722)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Por Deus, amiga, que preguntedes
por meu amigo que aqui nom vem,
e sempre vos eu por en querrei bem,
por Deus, amiga, se o fazedes,
5       ca nom ous'hoj'eu por el preguntar
       com medo de mi dizerem pesar.
  
Log'hoj', amiga, polo meu amor,
preguntad'os que aqui chegarom
com'ou de qual guisa o leixarom
10e dizede-mi-o, per Nostro Senhor,
       ca nom ous'hoj'eu por el preguntar
       com medo de mi dizerem pesar.
  
Preguntade vó'lo voss'amigo,
ca sei eu mui bem ca vo-lo dirá
15se era mort'ou viv'o[u] que fará,
e, [por Deus], falade-o comigo,
       ca nom ous'hoj'eu por el preguntar
       com medo de mi dizerem pesar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 723, V 324

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amigas, quando se quitou
meu amig'um dia daqui,
pero mi o eu cuitado vi
e m'el ante muito rogou
5       que lhi perdoass', e nom quis,
       e fiz mal, porque o nom fiz.
  
E pavor hei de s'alongar
daqui, assi Deus mi perdom,
e fará-o com gram razom,
10ca me veo ante rogar
       que lhi perdoass', e nom quis,
       e fiz mal, porque o nom fiz.
  
Chamava-m'el lume dos seus
olhos e seu bem e seu mal;
15poilo nom fazia por al,
que o [eu] fezesse por Deus:
       que lhi perdoass', e nom quis,
       e fiz mal, porque o nom fiz.
  
E, se o por en perdud'hei,
20nunca maior dereito vi,
ca veo chorar ante mi
e disse-mi o que vos direi:
       que lhi perdoass', e nom quis,
       e fiz mal, porque o nom fiz.
  
25E sempre m'en mal acharei
porque lh'entom nom perdoei,
  
ca, se lh'eu perdoass'ali,
nunca s'el partira daqui.


View annotations <


Cancioneiros:

B 724, V 325

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Se eu a meu amigo dissesse
quant'eu já por el quisera fazer
ũa vez quando m'el veo veer,
des que end'el verdade soubesse,
5       nom haveria queixume de mi,
       com'hoj'el há, nem s'iria daqui.
  
E se soubesse quam sem meu grado
nom fiz por el quant'eu quisera entom
fazer, amiga, se Deus mi perdom,
10per com'eu cuid', e cuid'aguisado,
       nom haveria queixume de mi,
       com'hoj'el há, nem s'iria daqui.


View annotations <


Cancioneiros:

B 725, V 326

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Dizem-mi, amiga, se nom fezer bem
a meu amigo, que el prenderá
morte por mi, e pero que el há
por mim gram coita e me quer gram bem,
5       mais lhe valria, pera nom morrer,
       nom lhe fazer bem ca de lho fazer.
  
Mais, amiga, ũa cousa [bem] sei
de meu amigo: que el haverá
morte mui cedo, se meu bem nom há,
10e, per quant'hoj'eu de mia fazenda sei,
       mais lhe valria, pera nom morrer,
       nom lhe fazer bem ca de lho fazer.