Bernal de Bonaval - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 1062, V 653
(C 1062)

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Rubrica:

(Só em B): Em esta folha adeante se començam as cantigas d'amor. Primeiro trobador: Bernal de Bonavalle.

Ai Deus! e quem mi tolherá
gram coita do meu coraçom
no mundo, pois mia senhor nom
quer que eu perça coita já?
5E direi-vos como nom quer:
leixa-me, sem seu bem, viver
coitad'; e se mi nom valer
ela, que mi pode valer,
  
no mund'outra cousa nom há
10que me coita nulha sazom
tolha, se Deus ou morte nom,
ou mia senhor, que nom querrá
tolher-ma. E pois eu hoer
por mia senhor mort'a prender,
15Deus, meu Senhor, se lhi prouguer,
mi a leix'ant'ũa vez veer.
  
E se mi Deus quiser fazer
este bem, que m'é mui mester,
de a veer, pois eu poder
20veer o seu bom parecer,
por en gram bem mi per fará
– se m'El mostrar ũa razom,
de quantas end'eu cuid'acá
a dizer, que lhi diga entom.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1063, V 654

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Pero m'eu moiro, mia senhor,
nom vos ous'eu dizer meu mal,
ca tant'hei de vós gram pavor
que nunca tam grand'houvi d'al;
5e por en vos leix'a dizer
meu mal, e quer'ante morrer
por vós ca vos dizer pesar.
  
E por aquesto, mia senhor,
viv[o] em gram coita mortal
10que nom poderia maior.
Ai, Deus! Quem soubess'ora qual
e vo-la fezess'entender,
e nom cuidass'i a perder
contra vós, por vos i falar!
  
15E Deu'lo sabe, mia senhor,
que, se m'El contra vós nom val,
ca mi seria mui melhor
mia morte ca mia vid', em tal
que fezess'i a vós prazer,
20que vos eu nom posso fazer,
nem mi o quer Deus nem vós guisar.
  
E com dereito, mia senhor,
peç'eu mia morte, pois mi fal
tod'o bem de vós e d'Amor.
25E pois meu temp'assi me sal
amand'eu vós, dev'a querer
ante mia morte ca viver
coitad', e pois nom gradoar
  
de vós, que me fez Deus veer
30por meu mal, pois, sem bem fazer,
vos hei já sempre desejar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1064, V 655

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Amor, bem sei o que m'ora faredes,
pois m'em poder d'atal senhor metedes,
contra quem me depois nom valeredes,
u eu por ela tal coita levar,
5a qual me nom saberei conselhar.
  
Por en vos rog', Amor, que me leixedes
viver, s'en bem fazer nom me queredes.
Ca eu bem sei que vós poder havedes
de mi fazerdes, se quiserdes, bem,
10Amor, ou mal, quando vos prouguer en.
  
E pois mi bem e mal fazer podedes,
nom mi façades quanto mal sabedes
fazer; mais dereit'é que mi mostredes
o mui gram bem que podedes fazer,
15Amor, pois eu som em vosso poder.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1065, V 656

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, pois assi Deus quer
que já eu sempre no meu coraçom
deseje de vós bem e d'alhur nom,
rogar-vos-ei, por Deus, se vos prouguer,
5       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.
  
E já que eu sempr'a desejar hei
o vosso bem e nom cuid'a perder
coita, senom per vós ou per morrer,
10por Deus, oíde-m': e rogar-vos-ei
       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.
  
E pois m'assi tem em poder Amor,
que me nom quer leixar per nulha rem
15partir de vos já sempre querer bem,
rogar-vos quero, por Deus, mia senhor,
       que vos nom pês de vos eu muit'amar,
       pois que vos nom ouso por al rogar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1066, V 657

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos en prazer for,
       senom dade-mi a morte.
  
A que tenh'eu por lume destes olhos meus
5e por que choram sempr', amostrade-mi-a, Deus,
       senom dade-mi a morte.
  
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai, Deus!, fazede-mi-a veer,
       senom dade-mi a morte.
  
10Ai Deus! que mi a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a, u possa com ela falar,
       senom dade-mi a morte.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1067, V 658

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Pero me vós dizedes, mia senhor,
que nunca per vós perderei
a mui gram coita que eu por vós hei,
entanto com'eu vivo for,
5al cuid'eu de vós e d'Amor:
       que mi haveredes mui ced'a tolher
       quanta coita me fazedes haver.
  
E, mia senhor, ũa rem vos direi,
[por] nom estar de vós melhor:
10quant'eu houver por vós coita maior,
tanto me mais aficarei
[...........................]
       que mi haveredes mui ced'a tolher
       quanta coita me fazedes haver.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1068, V 659

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor fremosa, tam gram coita hei
por vós que bom conselho nom me sei,
       cuidand'em vós, mia senhor mui fremosa.
  
Por vós, que vi melhor doutras falar
5e parecer, nom me sei conselhar,
       cuidand'em vós, mia senhor mui fremosa.
  
Nom mi queredes mia coita creer:
creer-mi-a-edes, pois que eu morrer
       cuidand'em vós, mia senhor mui fremosa.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1069, V 660

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

A Bonaval quer'eu, mia senhor, ir
e des quand'eu ora de vós partir
       os meus olhos nom dormirám.
  
Ir-m'-ei, pero m'é grave de fazer;
5e des quand'eu ora de vós tolher
       os meus olhos nom dormirám.
  
Todavia bem será de provar
de m'ir; mais des quand'eu de vós quitar
       os meus olhos nom dormirám.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1070, V 661

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Pero vejo donas mui bem parecer
e falar bem e fremoso catar,
nom poss'eu por esto desejos perder
da que mi Deus nom houver'a mostrar
5u mi a mostrou por meu mal. Ca des i
nunc'ar fui led'e, cuidando, perdi
desejos de quant'al fui amar.
  
A que eu vi mais fremoso parecer
de quantas eno mundo pud'achar,
10essa foi eu das do mund'escolher
[...................................ar]
E pois mi a Deus faz desejar assi,
nom mi o fez El, senom por mal de mim,
cometer o que nom hei d'acabar.
  
15Se eu foss'atal senhor bem querer
com que podesse na terra morar,
ou a que ousasse mia coita dizer,
log'eu podera meu mal endurar;
mais tal senhor am'eu que, poila vi,
20sempre por ela gram coita sofri
e pero nunca lh'end'ousei falar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1071, V 662

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Por quanta coita me faz mia senhor
haver, nunca m'eu dela queixarei,
nem é dereito, ca eu mi o busquei.
Mais dereit'hei em me queixar d'Amor,
5       porque me fez gram bem querer
       quem mi o nom há de gradecer.
  
E nunca m'eu a mia senhor irei
queixar de quanta coita padeci
por ela, nem do dormir que perdi.
10Mais d'Amor sempr'a queixar m'haverei,
       porque me fez gram bem querer
       quem mi o nom há de gradecer.
  
Por quanta coita por ela sofri,
nom me lhi dev'a queixar com razom,
15mais queixar-m'-ei [e]no meu coraçom
d'Amor, a que nunca mal mereci,
       porque me fez gram bem querer
       quem mi o nom há de gradecer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1072, V 663

Description:

Cantiga de Tenção de amor

Mestria

- Abril Peres, muit'hei eu gram pesar
da gram coita que vos vejo sofrer,
ca vos vejo come mi lazerar
e nom poss'a mi nem a vós valer,
5ca vós morredes come eu d'amor;
e pero x'est a mia coita maior,
dereito faç'em me de vós doer.
  
- Dom Bernaldo, quero-vos preguntar
com'ousastes tal cousa cometer
10qual cometestes em vosso trobar:
que vossa coita quisestes põer
com a minha; que, quant'é mia senhor,
Dom Bernaldo, que a vossa melhor,
tanto me faz maior coita sofrer.
  
15- Abril Peres, fostes-me demandar
de tal demanda, que resposta nom
há i mester, e convém de provar
o que dissestes das donas; entom
enmentêmo-las, e sabê-las-am,
20e, poilas souberem, julgar-nos-am;
e vença quem tever melhor razom.
  
- Dom Bernaldo, eu iria enmentar
a mia senhor, assi Deus me perdom,
se nom houvesse med'em lhe pesar,
25eu a diria mui de coraçom,
ca ũa rem sei eu dela, de pram:
que, pois la souberem, conhocer-lh'-am
melhor ca quantas [e]no mundo som.
  
- Abril Peres, os olhos enganar
30vam homem das cousas que gram bem quer;
assi fezerom-vos, a meu cuidar,
e por seer assi com'eu disser:
se vós vistes algũa dona tal,
tam fremosa e que tam muito val,
35mia senhor é, ca nom outra molher.
  
- Dom Bernaldo, quero-vos conselhar
bem, e creede-m'en, se vos prouguer:
que nom digades que ides amar
bõa dona, ca vos nom é mester
40de dizerdes de bõa dona mal
- ca bem sabemos, Dom Bernaldo, qual
senhor sol sempr'a servir segrel.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1135, V 726
(C 1135)

Description:

Cantiga de Amigo

Mestria

Fremosas, a Deus grado, tam bom dia comigo,
ca novas mi disserom ca vem o meu amigo;
ca vem o meu amigo,
tam bom dia comigo.
  
5Tam bom dia comigo, fremosas, a Deus grado,
ca novas mi disserom ca vem o meu amado;
ca vem o meu [amado]
fremosas, a Deus grado.
  
Ca novas mi disserom que vem o meu amigo
10e and'end'eu mui leda, pois tal mandad'hei migo;
pois tal mandad'hei migo
ca [vem o meu amigo].
  
Ca novas mi disserom ca vem o meu amado
e and'[end]'eu mui leda, pois mig'he[i] tal mandado;
15pois mig'he[i] tal mandado
que vem o meu amado.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1136, V 727

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Quero-vos eu, mia irmana, rogar
por meu amig'e quero-vos dizer
que vos nom pês de m'el viir veer,
e ar quero-vos d'al desenganar:
5       se vos prouguer com el, gracir-vo-lo-ei,
       e, se vos pesar, non'o leixarei.
  
Se veer meu amig'e vos for bem
com el, fiar-m'-ei mais em voss'amor
e sempre m'end'haveredes melhor,
10e ar quero-vos dizer outra rem:
       se vos prouguer com el, gracir-vo-lo-ei,
       e, se vos pesar, non'o leixarei.
  
Quando veer meu amigo, cousir-
-vos-ei se me queredes bem, se mal,
15e, mia irmana, direi-vos logo al,
ca nom vos quero meu cor encobrir:
       se vos prouguer com el, gracir-vo-lo-ei,
       e, se vos pesar, non'o leixarei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1137, V 728

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão e Paralelística

- Ai fremosinha, se bem hajades,
longi de vila, quem asperades?
       - Vim atender meu amigo.
  
- Ai fremosinha, se gradoedes,
5longi de vila, quem atendedes?
       - Vim atender meu amigo.
  
- Longi de vila, quem asperades?
- Direi-vo-l'eu, pois me preguntades:
       vim atender meu amigo.
  
10- Longi de vila, quem atendedes?
- Direi-vo-l'eu, poilo nom sabedes:
       vim atender meu amigo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1138, V 729
(C 1138)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Pois mi dizedes, amigo, ca mi queredes vós melhor
de quantas eno mundo som, dizede, por Nostro Senhor,
       se mi vós queredes gram bem,
       ir como podedes daquém?
  
5E pois dizedes ca poder nom havedes d'al tant'amar
come mim, ai meu amigo, dizede, se Deus vos ampar,
       se mi vós queredes gram bem,
       ir como podedes daquém?
  
E pois vos eu ouço dizer ca nom amades tam muit'al
10come mi, dized', amigo, se Deus vos lev'a Bonaval,
       se mi vós queredes gram bem,
       ir como podedes daquém?
  
Porque oí sempre dizer, d'u home muit'amou molher
que se nom podia end'ir, pesar-mi-á, se eu nom souber:
15       se mi vós queredes gram bem,
       ir como podedes daquém?


View annotations <


Cancioneiros:

B 1139, V 730

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Se veess'o meu amigo a Bonaval e me visse,
vedes como lh'eu diria, ante que m'eu del partisse:
       "Se vos fordes, nom tardedes
       tam muito como soedes;"
5       diria-lh'eu: "Nom tardedes,
       amigo, como soedes".
  
Diria-lh'eu: "Meu amigo, se vós a mim muit'amades,
fazede por mi atanto, que bõa ventura hajades:
       se vos fordes, nom tardedes
10       tam muito como soedes;"
       diria-lh'eu: "Nom tardedes,
       amigo, como soedes".
  
Que leda que eu seria, se veess'el falar migo,
e, ao partir[-se] da fala, diria-lh'eu: "Meu amigo,
15       se vos fordes, nom tardedes
       tam muito como soedes;"
       diria-lh'eu: "Nom tardedes,
       amigo, como soedes".


View annotations <


Cancioneiros:

B 1140, V 731

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Diss'a fremosa em Bonaval assi:
"Ai Deus, u é meu amigo daqui
       de Bonaval?
  
Cuid'eu, coitad'é no seu coraçom,
5porque nom foi migo na sagraçom
       de Bonaval.
  
Pois eu migo seu mandado nom hei,
já m'eu leda partir nom poderei
       de Bonaval.
  
10Pois m'aqui seu mandado nom chegou,
muito vim eu mais leda ca me vou
       de Bonaval".


View annotations <


Cancioneiros:

B 1141, V 732

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Rogar-vos quero [e]u, mia madr'e mia senhor,
que mi nom digades hoje mal, se eu for
       a Bonaval, pois meu amig'i vem.
  
Se vos nom pesar, mia madre, rogar-vos-ei,
5por Deus, que mi nom digades mal, e irei
       a Bonaval, pois meu amig'i vem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1141bis, V 733

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Filha fremosa, vedes que vos digo:
que nom faledes ao voss'amigo
       sem mi, ai filha fremosa.
  
E se vós, filha, meu amor queredes,
5rogo-vos eu que nunca lhi faledes
       sem mi, ai filha fremosa.
  
E al há i de que vos nom guardades:
perdedes i de quanto lhi falades
       sem mi, ai filha fremosa.