Pero de Berdia - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 1118, V 709
(C 1118)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Sanhudo m'é meu amig'e nom sei,
Deu'lo sabe, por que xi m'assanhou
ca toda rem que m'el a mi mandou
fazer, fij'eu e nunca lh[e] errei;
5       e por aquesto nom tenh'eu em rem
       sanha, que sei onde mi verrá bem.
  
Tam sanhudo nom m'é, se m'eu quiser,
que muit'alhur sem mi possa viver,
e em sobêrvia lho quer'eu meter
10que o faça, se o fazer poder;
       e por aquesto nom tenh'eu em rem
       sanha, que sei onde mi verrá bem.
  
E, des que eu de mandado sair,
nom se pode meu amigo guardar
15que me nom haja pois muit'a rogar
polo que m'agora nom quer gracir;
       e por aquesto nom tenh'eu em rem
       sanha, que sei onde mi verrá bem.
  
Quando m'el vir em Santa Marta estar
20mui fremosa, meu amigo bem lheu
querrá falar migo e nom querrei eu;
entom me cuido bem del a vingar;
       e por aquesto nom tenh'eu em rem
       sanha, que sei onde mi verrá bem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1119, V 710
(C 1119)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Jurava-mi o meu amigo
quand'el falava comigo,
que nunc'alhur viveria
sem mi; e nom mi queria
5       tam gram bem como dizia.
  
Foi um dia polo veer
a Santa Marta, e maer
u m'el jurou que morria
por mi; mais nom mi queria
10       tam gram bem como dizia.
  
Se m'el desejasse tanto
como dizia, logo ant'o
tempo que disse verria;
mais sei que mi nom queria
15       tam gram bem como dizia.
  
Pod'el tardar quanto quiser,
mais, por jurar quando veer,
já vo-lh'eu nom creeria;
ca sei que mi nom queria
20       tam gram bem como dizia.
  
Ai fals', e por que mentia
quando mi bem nom queria?


View annotations <


Cancioneiros:

B 1120, V 711
(C 1120)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Deu'lo sabe, coitada vivo mais ca soía,
ca se foi meu amigo, e bem vi, quando s'ia,
       ca se perderia migo.
  
E dissera-lh'eu, ante que se de mim quitasse,
5que se veesse cedo, e, se alá tardasse,
       ca se perderia migo.
  
E dissera-lh'eu, ante que se de mim partisse,
que, se muito quisesse viver u me nom visse,
       ca se perderia migo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1120bis, V 712
(C 1121)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Assanhou-s'o meu amigo
a mi, porque nom guisei
como falasse comigo:
Deus lo sabe, nom ousei;
5e por en, se quiser, ande
       sanhud'e nom mi o demande;
       quant'el quiser, atant'ande
       sanhud'e nom mi o demande.
  
Enviar quer'eu, velida,
10a meu amigo que seja
em Santa Marta, na ermida
migo led'e i me veja,
se quiser, e se nom, ande
       sanhud'e nom mi o demande;
15       quant'el quiser, atant'ande
       sanhud'e nom mi o demande.
  
Depoi'lo tiv'eu guisado
que s'el foi daqui sanhudo,
e atendi seu mandado
20e non'o vi, e perdudo
é comigo, e alá x'ande
       sanhud'e nom mi o demande;
       quant'el quiser, atant'ande
       sanhud'e nom mi o demande.
  
25Sei que nom sab'a mia manha,
pois que m'enviar nom quer
mandadeir'e xi m'assanha;
cá verrá, se m'eu quiser,
mais nom quer'eu, e el ande
30       sanhud'e nom mi o demande;
       quant'el quiser, atant'ande
       sanhud'e nom mi o demande.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1121, V 713

Description:

Cantiga de Amigo

Fragmento

Foi-s'o meu amigo daqui
sanhudo, porque o nom vi,
e pesar-m'-ia, mais oí
um verv'antig', onde mi bem
5verdadeir'é, ca diz assi:
"quem leve vai, leve x'ar vem".