Pero da Ponte - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

A 39

Description:

Cantiga de Amor

Fragmento

Meus olhos, gram coita d'amor
me dades vós, que sempr'assi
chorades; mais já des aqui,
meus olhos, por Nostro Senhor,
5nom choredes, que vejades
a dona por que chorades.
  
[...]


View annotations <


Cancioneiros:

B 831, V 417
(C 831)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

- Vistes, madr', o escudeiro que m'houver'a levar sigo?
Menti-lh'e vai-mi sanhudo, mia madre, bem vo-lo digo.
       Madre, namorada me leixou,
       madre, namorada mi há leixada,
5       madre, namorada me leixou.
  
- Madre, vós que me mandastes que mentiss'a meu amigo,
que conselho mi daredes ora, poilo nom hei migo?
       Madre, namorada me leixou,
       madre, namorada mi há leixada,
10       madre, namorada me leixou.
  
- Filha, dou-vos por conselho que, tanto que vos el veja,
que toda rem lhi façades que vosso pagado seja.
       - Madre, namorada me leixou,
       madre, namorada mi há leixada,
15       madre, namorada me leixou.
  
- Pois escusar nom podedes, mia filha, seu gasalhado,
des oimais eu vos castigo que lh'andedes a mandado.
       - Madre, namorada me leixou,
       madre, namorada mi há leixada,
20       madre, namorada me leixou.


View annotations <


Cancioneiros:

B 832, V 418

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Vistes, madr', o que dizia
que por mi era coitado?
Pois mandado nom m'envia,
entend'eu do perjurado
5que já nom teme mia ira,
       ca, senom, noite nem dia,
       a meos de meu mandado,
       nunca s'el daqui partira.
  
E vistes u s'el partia
10de mi, mui sem o meu grado,
e jurando que havia
por mi penas e cuidado?
Tod'andava com mentira,
       ca, senom, noite nem dia,
15       a meos de meu mandado,
       nunca s'el daqui partira.
  
E já qual molher devia
creer per nulh'home nado?
Pois o que assi morria
20polo meu bom gasalhado
já x'i por outra sospira,
       ca, senom, noite nem dia,
       a meos de meu mandado,
       nunca s'el daqui partira.
  
25Mais Deus, quen'o cuidaria:
del viver tam alongado
d'u el os meus olhos vira?


View annotations <


Cancioneiros:

B 833, V 419

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Mia madre, pois se foi daqui
o meu amig'e o nom vi,
nunca fui leda nem dormi,
bem vo-lo juro, des entom,
5       madr', e el por mi outrossi,
       tam coitad'é seu coraçom.
  
Mia madre, como viverei?
Ca nom dórmio nem dormirei,
pois meu amigo em cas d'el-rei
10me tarda tam longa sazom,
       madr', e el por mi outrossi,
       tam coitad'é seu coraçom.
  
Pois sab'el ca lhi quer'eu bem
melhor ca mi nem outra rem,
15porque mi tarda e nom vem
faz sobre mi gram traiçom,
       madr', e el por mi outrossi,
       tam coitad'é seu coraçom.
  
E direi-vos que nos avém:
20eu perço [i] por el o sem
e el por mi o coraçom.


View annotations <


Cancioneiros:

B 834, V 420

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Foi-s'o meu amigo daqui
na hoste, por el-rei servir,
e nunca eu depois dormir
pudi, mais bem tenh'eu assi:
5       que, pois m'el tarda e nom vem,
       el-rei o faz, que mi o detém.
  
E gram coita nom perderei
per rem, meos de o veer,
ca nom há o meu cor lezer;
10pero tanto de conort'hei:
       que, pois m'el tarda e nom vem,
       el-rei o faz, que mi o detém.
  
E bem se devia nembrar
das juras que m'entom jurou
15u m'el mui fremosa leixou,
mais, donas, podedes jurar
       que, pois m'el tarda e nom vem,
       el-rei o faz, que mi o detém.


View annotations <


Cancioneiros:

B 835, V 421

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Pois vos ides daqui, ai meu amigo,
conselhar-vos-ei bem, se mi creverdes:
tornade-vos mais cedo que poderdes,
e guisarei como faledes migo;
5       e, pois, amigo, comigo falardes,
       atal mi venha qual mi vós orardes.
  
Nom mi tardedes, com'outra vegada
mi tardastes, [ca] muit'hei en gram medo,
mais punhade de vos viirdes cedo,
10ca nossa fala muit'é bem parada;
       e, pois, amigo, comigo falardes,
       atal mi venha qual mi vós orardes.
  
E, se vós queredes meu gasalhado,
venha-vos em mente o que vos rogo:
15pois vos ides, de vos viirdes logo,
e falarei convosco mui de grado;
       e, pois, amigo, comigo falardes,
       atal mi venha qual mi vós orardes.


View annotations <


Cancioneiros:

B 836, V 422

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Por Deus, amig', e que será de mi,
pois me vós ides com el-rei morar?
A como me vós soedes tardar,
outro conselh', amigo, nom sei i
5       senom morrer, e pois nom haverei
       a gram coita que ora por vós hei.
  
Ides-vos vós ora e tam grand'afã
leixades mi com o meu coraçom
que mi nom jaz i al, se morte nom,
10ca bom conselho nom sei i de pram,
       senom morrer, e pois nom haverei
       a gram coita que ora por vós hei.
  
Pois me vos ides, vedes que será,
meu amigo, des que vos eu nom vir:
15os meus olhos nom poderám dormir,
nem bem deste mundo nom mi valrá
       senom morrer, e pois nom haverei
       a gram coita que ora por vós hei.
  
Aquesta ida tam sem meu prazer,
20por Deus, amigo, será quando for,
mais, pois vos ides, amig'e senhor,
nom vos poss'eu outra guerra fazer
       senom morrer, e pois nom haverei
       a gram coita que ora por vós hei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 837, V 423

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

- Ai madr', o que me namorou
foi-se noutro dia daqui
e, por Deus, que faremos i?
Ca namorada me leixou.
5       - Filha, fazed'end'o melhor:
       pois vos seu amor enganou,
       que o engane voss'amor.
  
- Ca me nom sei [i] conselhar,
mia madre, se Deus mi perdom.
10- Dized', ai filha, por que nom?
Quero-me vo-lo eu mostrar:
       filha, fazed'end'o melhor:
       pois vos seu amor enganou,
       que o engane voss'amor.
  
15Que o recebades mui bem,
filha, quand'ante vós veer,
e todo quanto vos disser
outorgade-lho e, por en,
       filha, fazed'end'o melhor:
20       pois vos seu amor enganou,
       que o engane voss'amor.


View annotations <


Cancioneiros:

B 969, V 556

Description:

Tenção

Mestria

- Pero da Pont', e[m] um vosso cantar,
que vós ogano fezestes d'amor,
foste-vos i escudeiro chamar.
E dized'ora tant', ai trobador:
5pois vos escudeiro chamastes i,
porque vos queixades ora de mi,
por meus panos, que vos nom quero dar?
  
- Afons'Anes, se vos en pesar,
tornade-vos a vosso fiador;
10e de m'eu i escudeiro chamar,
e por que nom, pois escudeiro for?
E se peç'algo, vedes quant'há i:
nom podemos todos guarir assi
come vós, que guarides per lidar.
  
15- Pero da Ponte, quem a mi veer
desta razom ou doutra cometer,
querrei-vo-lh'eu responder, se souber,
como trobador deve responder:
em nossa terra, se Deus me perdom,
20a tod'o 'scudeiro que pede dom
as mais das gentes lhe chamam segrel.
  
- Afons'Anes, est'é meu mester,
e per esto dev'eu a guarecer
e per servir donas quanto poder;
25mais ũa rem vos quero [eu] dizer:
em pedir algo nom dig'eu de nom,
a quem entendo que faço razom,
e alá lide quem lidar souber.
  
- Pero da Ponte, se Deus vos perdom,
30nom faledes mais em armas, ca nom
vos está bem, esto sabe quem quer.
  
- Afons'Anes, filharei eu dom,
e lidade vós, ai cor de leom,
e faça quis cada quem seu mester.


View annotations <


Cancioneiros:

A 288, B 979, V 566
(C 979)

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Tam muito vos am'eu, senhor,
que nunca tant'amou senhor
home que fosse nado;
pero, des que fui nado,
5nom pud'haver de vós, senhor,
por que dissess': ai, mia senhor,
em bom pont'eu fui nado!
Mais quem de vós fosse, senhor,
bom dia fôra nado!
  
10E o dia que vos eu vi,
senhor, em tal hora vos vi
que nunca dormi nada,
nem desejei al nada
senom vosso bem, pois vos vi!
15E dig'a mi: por que vos vi,
pois que mi nom val nada?
Mal dia nad', eu que vos vi,
e vós bom dia nada!
  
Que se vos eu nom viss'entom
20quando vos vi, podera entom
seer d'afã guardado;
mais nunc'ar fui guardado
de mui gram coita, des entom;
e entendi-m'eu des entom
25que aquel é guardado
que Deus guarda; ca, des entom,
é tod'home guardado.


View annotations <


Cancioneiros:

A 289, B 980, V 567

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Se eu podesse desamar
a quem me sempre desamou
e podess'algum mal buscar
a quem me sempre mal buscou!
5Assi me vingaria eu,
       se eu pudesse coita dar
       a quem me sempre coita deu.
  
Mais sol nom poss'eu enganar
meu coraçom que m'enganou,
10per quanto mi fez desejar
a quem me nunca desejou.
E por esto nom dórmio eu,
       porque nom poss'eu coita dar
       a quem me sempre coita deu.
  
15Mais rog'a Deus que desampar
a quem m'assi desamparou,
ou que podess'eu destorvar
a quem me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
20       se eu podesse coita dar
       a quem me sempre coita deu.
  
Vel que ousass'en preguntar
a quem me nunca preguntou,
por que me fez em si cuidar,
25pois ela nunca em mi cuidou;
e por esto lazeiro eu:
       porque nom posso coita dar
       a quem me sempre coita deu.


View annotations <


Cancioneiros:

A 290, B 981, V 568

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Agora me part'eu mui sem meu grado
de quanto bem hoj'eu no mund'havia,
ca 'ssi quer Deus e mao meu pecado,
       ai eu!
5De mais, se mi nom val Santa Maria,
d'haver coita muito tenh'eu guisado;
mais rog'a Deus que mais d'hoj'este dia
nom viva eu, se m'El nom dá conselho.
  
Nom viva eu, se m'El nom dá conselho,
10nem viverei, nem é cousa guisada,
ca pois nom vir meu lum'e meu espelho,
       ai eu!
já por mia vida nom daria nada,
mia senhor; e digo-vos em concelho
15que, se eu morr'assi desta vegada,
que a vó'lo demande meu linhage!
  
Que a vó'lo demande meu linhage,
senhor fremosa, ca vós me matades,
pois voss'amor em tal coita me trage,
20       ai eu!
e sol nom quer Deus que mi o vós creades
e nom me val i preito nem menage.
E ides-vos e me desamparades;
desampare-vos Deus, a que o eu digo!
  
25Desampare-vos Deus, a que o eu digo,
ca mal per fic'hoj'eu desamparado!
De mais nom hei parente nem amigo,
       ai eu!
que m'aconselh'! E desaconselhado
30fic'eu sem vós e nom ar fica migo,
senhor, senom gram coita e cuidado.
Ai Deus! Valed'a homem que d'amor morre!


View annotations <


Cancioneiros:

A 291, B 394, B 982, V 4, V 569

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

A mia senhor, que eu mais doutra rem
desejei sempr'e amei e servi,
que nom soía dar nada por mi,
preito me trage de me fazer bem:
5       ca meu bem é d'eu por ela morrer,
       ante ca sempr'em tal coita viver.
  
Em qual coita me seus desejos dam
tod'a sazom! Mais, des agora já,
por quanto mal me faz, bem me fará,
10ca morrerei e perderei afã:
       ca meu bem é d'eu por ela morrer,
       ante ca sempr'em tal coita viver.
  
E quanto mal eu por ela levei,
ora mi o cobrarei, se Deus quiser;
15ca, pois eu por ela morte preser,
nom mi dirám que dela bem nom hei:
       ca meu bem é d'eu por ela morrer,
       ante ca sempr'em tal coita viver.
  
Tal sazom foi que me tev'em desdém,
20quando me mais forçava seu amor;
e ora, mal que pês a mia senhor,
bem me fará e mal grad'haja en:
       ca meu bem é d'eu por ela morrer,
       ante ca sempr'em tal coita viver.


View annotations <


Cancioneiros:

A 292, B 983, V 570

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor do corpo delgado,
       em forte pont'eu fui nado
que nunca perdi coidado
nem afã, des que vos vi:
5       em forte pont'eu fui nado
       senhor, por vós e por mi!
  
Com est'afã tam longado,
       em forte pont'eu fui nado,
que vos amo sem meu grado
10e faç'a vós pesar i:
       em forte pont'eu fui nado,
       senhor, por vós e por mi!
  
Ai eu, cativ'e coitado,
       em forte pont'eu fui nado!,
15que servi sempr'endõado
ond'um bem nunca prendi:
       em forte pont'eu fui nado,
       senhor, por vós e por mi!


View annotations <


Cancioneiros:

B 984, V 571

Description:

Cantiga de Escárnio e Maldizer

Refrão

Pois de mia morte gram sabor havedes,
senhor fremosa, mais que doutra rem,
nunca vos Deus mostr'o que vós queredes,
pois vós queredes mia mort'; e por en
5       rog'eu a Deus que nunca vós vejades,
       senhor fremosa, o que desejades.
  
Nom vos and'eu per outras galhardias,
mais sempr'aquesto rogarei a Deus:
em tal que tolha El dos vossos dias,
10senhor fremosa, e e[m] nada nos meus.
       Rog'eu a Deus que nunca vós vejades,
       senhor fremosa, o que desejades.
  
E Deus [que] sabe que vos am'eu muito,
e amarei enquant'eu vivo for,
15El me leix'ante por vós trager luito
ca vós por mi; [e] por en mia senhor
       rog'eu a Deus que nunca vós vejades,
       senhor fremosa, o que desejades.


View annotations <


Cancioneiros:

B 985, V 572

Description:

Cantiga de Cantiga de Loor

Mestria

O mui bom rei que conquis a fronteira
e acabou quanto quis acabar
e que se fez, com razom verdadeira,
[em] tod'o mundo temer e amar,
5este bom rei de prez, valent'e fiz,
rei dom Fernando, bom rei que conquis
terra de mouros, bem de mar a mar.
  
A quem Deus mostrou tam gram maravilha
que já no mundo sempr'ham que dizer
10de quam bem soube conquerer Sevilha
per prez [e] per esforç'e per valer.
E da conquista mais vos contarei:
nom foi no mund'emperador nem rei
que tal conquista podesse fazer.
  
15Nom sei hoj'home tam bem razõado
que podesse contar todo o bem
de Sevilha - e por end', a Deus grado,
já o bom rei em seu podê'la tem!
E mais vos dig': em todas três las Leis,
20quantas conquistas foram doutros rei[s],
após Sevilha todo nom foi rem!
  
Mailo bom rei, que Deus mantém e guia,
e quer que sempre faça o melhor,
este conquis bem a Andaluzia
25e nom catou i custa nem pavor.
E direi-vos u a per conquereu:
u Sevilha a Mofamede tolheu
e herdou i Deus e Santa Maria!
  
E des aquel dia que Deus naceu,
30nunca tam bel presente recebeu
como del recebeu aquel[e] dia
  
de Sam Clement', em que se conquereu,
e em outro tal dia se perdeu,
quatrocentos e nove anos havia.


View annotations <


Cancioneiros:

B 985bis, V 573

Description:

Pranto

Mestria

Nostro Senhor Deus! Que prol vos tem ora
por destroirdes este mund'assi?
Que a melhor dona que era i,
nem houve nunca (vossa madre fora),
5levades end'? E pensastes mui mal
daqueste mundo fals'e desleal:
que, quanto bem aquesto mund'havia,
todo lho vós tolhestes em um dia!
  
Que pouc'home por en prezar devia
10este mundo, pois bondad'i nom val
contra morrer! E pois el assi fal,
seu prazer faz quem per tal mundo fia:
ca o dia que eu tal pesar vi,
já, per quant'eu deste mund'entendi,
15por fol tenh'eu quem por tal mundo chora
e por mais fol quem mais en'el[e] mora!
  
Em forte ponto e em fort[e] hora
fez Deus o mundo, pois nom leixou i
nẽum conort[o] e levou daqui
20a bõa rainha, que ende fora,
dona Beatrix! Direi-vos eu qual:
nom fez Deus outra melhor nem tal,
nem de bondade par nom lh'acharia
home no mundo, par Santa Maria!


View annotations <


Cancioneiros:

B 986, V 574

Description:

Pranto

Mestria

Que bem se soub'acompanhar
Nostro Senhor esta sazom!
Que filhou tam bom companhom,
de qual vos eu quero contar:
5rei dom Fernando, tam de prez,
que tanto bem no mundo fez
e que conquis de mar a mar!
  
Tal companhom foi Deus filhar
no bom rei, a que Deus perdom,
10que jamais nom disse de nom
a nulh'hom[e] por lh'algo dar,
e que sempre fez o melhor;
por en x'o quis Nostro Senhor
põer consigo par a par!
  
15E quant'home em ele mais falar,
tant'achará melhor razom:
ca, dos reis que forom nem som
no mundo por bom prez ganhar,
este rei foi o melhor rei,
20que soub'eixalçar nossa Lei
e a dos mouros abaixar!
  
Mais u Deus pera si levar
quis o bom rei, i log'entom
se nembrou de nós, poilo bom
25rei dom Afonso nos foi dar
por senhor. E bem nos cobrou:
ca, se nos bom senhor levou,
mui bom senhor nos foi leixar!
  
E Deus bom senhor nos levou!
30Mais, pois nos tam bom rei leixou,
nom nos devemos a queixar.
  
Mais façamos tal oraçom:
que Deus, que prês mort'e paixom,
o mande muito bem reinar.
  
35Amen! Aleluia!


View annotations <


Cancioneiros:

B 987, V 575

Description:

Pranto

Mestria

Ora já nom poss'eu creer
que Deus ao mundo mal nom quer
e querrá, mentre lhi fezer
qual escárnio lhi sol fazer
5e qual escárnio lh'ora fez:
leixou-lhi tant'home sem prez
e foi-lhi dom Lopo tolher!
  
E oimais bem pode dizer
tod'home, que esto souber,
10que o mundo nom há mester,
pois que o quer Deus confonder;
ca, par Deus!, mal o confondeu
quando lhi dom Lopo tolheu,
que o soía manteer!
  
15E oimais quen'o manterá,
por dar i tanto rico dom,
caval'e armas a baldom?
Ou des oimais quen'o dará,
pois dom Lopo Diaz mort'é
20- o melhor dom Lopo, a la fé,
que foi nem jamais nom será?
  
E pero pois assi é já,
façamos atal oraçom:
que Deus, que prês mort'e paixom,
25o salve, que en poder há.
E Deus, que o pode salvar,
esse o lev'a bom lugar,
pelo gram poder que end'há!
  
Amen! Amen! Aquest'amen
30jamais nom si m'obridará!


View annotations <


Cancioneiros:

B 988, V 576

Description:

Pranto

Mestria

Que mal s'este mundo guisou
de nulh'home per el fiar!
Nem Deus non'o quis[o] guisar,
pero o fez e o firmou;
5ante o quise destroir,
pois que dom Telo fez end'ir,
que sempre bem fez e cuidou
  
des quando naceu, e punhou
sempr'em bondade gaanhar
10e em seu bom prez avantar,
e nunca se d'al trabalhou.
E quem sas manhas bem cousir
pode jurar, por nom mentir,
que tôdalas Deus acabou.
  
15Mais a mim já esto leixou
com que me posso conortar:
que hei gram sabor de contar
do bem que fez, mentre durou;
e tod'home que mi oir,
20sempr'haverá que departir
em quanto bom prez del ficou.
  
E a dom Telo Deus x'o amou
pera si e x'o quis levar;
e nom se quis de nós nembrar,
25que nos assi desemparou.
E mailo fez por se riir
deste mal mund'e escarnir,
que sempre com aleiv'andou.
  
E quen'a bem quiser oir,
30que forte palavra d'oir:
"Dom Tel'Afons'ora finou!"


View annotations <


Cancioneiros:

B 989, V 577

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Pois me tanto mal fazedes,
       senhor, se mi nom valedes,
sei ca mia mort'oiredes
a mui pouca [de] sazom.
5       Senhor, se mi nom valedes,
       nom mi valrá se Deus nom!
  
Gram pecado per fazedes
       senhor, se mi nom valedes,
ca vós sodes e seredes
10coita do meu coraçom.
       Senhor, se mi nom valedes,
       nom mi valrá se Deus nom!
  
Pois m'em tal poder teendes,
       senhor, se mi nom valedes,
15prasmada vos en veeredes,
se moiro em vossa prijom.
       Senhor, se mi nom valedes,
       nom mi valrá se Deus nom!


View annotations <


Cancioneiros:

B 990, V 578

Description:

Cantiga de Cantiga de Loor

Mestria

O que Valença conquereu
por sempre mais valenç'haver,
Valença se quer manteer
e sempr'em valença entendeu.
5E de Valença é senhor,
pois el mantém prez e loor
e prês Valença por valer.
  
E per valença sempre obrou
por haver Valença, de pram;
10e por valença lhi diram
que bem Valença gaanhou.
E o bom rei Valença tem
que, pois prez e valor mantém,
rei de Valença lhi diram.
  
15Ca Deus lhi deu esforç'e sem
por sobre Valença reinar,
e lhi fez Valença acabar
com quanta valença convém.
El rei que Valença conquis,
20que de valença est bem fiz
e per valença quer obrar,
  
rei de razom, rei de bom sem,
rei de prez, rei de todo bem
est, e rei d'Aragon, de pram!


View annotations <


Cancioneiros:

B 1615, V 1148
(C 1616)

Description:

Tenção

Fragmento

- Pero da Ponte, ou eu nom vejo bem,
ou [de] pram essa cabeça nom é
a que vós antano, per boa fé,
levastes, quando fomos a Jeen;
5e cuido-m[e] eu [que] adormecestes
e roubador ou ladrom [...]
  
- A[fons'Eanes]..................
  
- P[ero da Ponte]......................
  
- A[fons'Eanes]..................


View annotations <


Cancioneiros:

B 1626, V 1160
(C 1626)

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Eu digo mal, com'home fodimalho,
quanto mais posso daquestes fodidos
e trob'a eles e a seus maridos;
e um deles mi pôs mui grand'espanto:
5topou comig'e sobraçou o manto
e quis em mi achantar o caralho.
  
Ando-lhes fazendo cobras e sões
quanto mais poss', e and'escarnecendo
daquestes putos que s'andam fodendo;
10e um deles de noit[e] asseitou-me
e quis-me dar do caralh'[e] errou-me
e lançou, depós mim, os colhões.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1627, V 1161

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Marinha Foça quis saber
como lh'ia de parecer;
e fui-lh'eu log'assi dizer,
tanto que m'ela preguntou:
5- Senhor, nom houver'a nacer
       quem vos viu e vos desejou!
  
E bem vos podedes gabar
que vos nom sab'hoj'home par,
enas terras, de semelhar;
10de mais diss'um, que vos catou,
que nom s'houver'a levantar
       quem vos viu e vos desejou!
  
E pois parecedes assi,
tam negra ora vos eu vi,
15que o meu cor sempre des i
nas vossas feituras cuidou;
e mal dia naceu por si
       quem vos viu e vos desejou!
  
Mais que fará o pecador
20que viu vós e vossa coor
e vos nom houv'a seu sabor?
Dizer-vo-lo-ei já, pois me vou:
irad'houve Nostro Senhor
       quem vos viu e vos desejou!


View annotations <


Cancioneiros:

B 1628, V 1162

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Marinha Crespa, sabedes filhar
eno paaço sempr'um tal logar,
em que ham todos mui bem a pensar
de vós; e por en diz o verv'antigo:
5       "a boi velho nom lhi busques abrigo."
  
E no inverno sabedes prender
logar cabo do fogo, ao comer,
ca nom sabedes que x'há de seer
de vós; e por en diz o verv'antigo:
10       "a boi velho nom lhi busques abrigo."
  
E no abril, quando gram vento faz,
o abrigo éste vosso solaz,
u fazedes come boi, quando jaz
eno bom prad'; e diz o verv'antigo:
15       "a boi velho nom lhi busques abrigo."


View annotations <


Cancioneiros:

B 1629, V 1163

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Um dia fui cavalgar
de Burgos contra Carrion
e saiu-m'a convidar
no caminh'um infançom;
5       e tanto me convidou
que houvi logo a jantar
       com el, mal que mi pesou.
  
U m'eu de Burgos parti,
log'a Deus m'encomendei
10e log'a El proug'assi
que um infançom achei;
       e tanto me convidou
que houvi a jantar log'i
       com el, mal que mi pesou.
  
15E se eu de coraçom
roguei Deus, baratei bem:
ca em pouca de sazom
aque m'um infançom vem;
       e tanto me convidou
20que houvi a jantar entom
       com el, mal que mi pesou.
  
E nunca já comerei
com'entom com el comi;
mais, u eu com el topei,
25quisera-m'ir, e el i
       atanto me convidou
que, sem meu grado, jantei
       com el, mal que mi pesou.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1630, V 1164

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Fragmento

Eu bem me cuidava que er'avoleza
d'o cavaleiro mancebo seer
escasso muit'e de guardar haver;
mais vej'ora que val muit'escasseza:
5ca um cavaleiro sei eu vilam
e torp'e brav[o] e mal barragam,
pero tod'esto lh'encobr'escasseza.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1631, V 1165

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Marinha López, oimais, a seu grado,
se quiser Deus, será bõa molher;
e se algum feito fez desaguisado,
non'o fará jamais, se Deus quiser;
5e direi-vos como se quer guardar:
quer-s'ir ali em cas Dom Lop'andar,
u lhi semelha logar apartado.
  
E bem creede que est apartado
pera ela, que folia nom quer,
10ca nom veerá i mais nulh'homem nado
de mil cavaleiros, se nom quiser;
e pois se quer de folia leixar,
de pram Deus lhi mostrou aquel logar:
i pode bem remiir seu pecado.
  
15E pois bem quer remiir seu pecado,
logar achou qual havia mester,
u nom saberá parte nem mandado
de nulh'home, se d'alhur nom veer;
pero se pobr'ou coitado passar
20per aquel porto, sabê-lo-á albergar
e, de mais, dar-lh'alberg'endõado.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1632, V 1166

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Noutro dia, em Carrion,
queria[m] um salmom vender,
e chegou i um infançom;
e, tanto que o foi veer,
5creceu-lhi del tal coraçom
que diss'a um seu hom'entom:
- Peixota quer'hoj'eu comer.
  
Ca muit'há já que nom comi
salmom, que sempre desejei;
10mais, pois que o ach'ora aqui,
já custa nom recearei,
que hoj'eu nom cômia, de pram,
bem da peixota e do pam,
que muit'há que bem nom ceei.
  
15Mais, pois aqui salmom achei,
querrei hoj'eu mui bem cear,
ca nom sei u mi o acharei,
des que me for deste logar;
e do salmom que ora vi,
20ante que x'o levem dali,
vai-m'ũa peixota comprar.
  
Nom quer'eu custa recear,
pois salmom fresco acho, Sinher!
Mais quero ir bem del assũar
25por enviar a mia molher
(que morre por el outrossi)
da balea que vej'aqui;
e depois quite quem poder!


View annotations <


Cancioneiros:

B 1633, V 1167

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

D'um tal ric'home vos quero contar
que noutro dia a Segóvia chegou,
de como foi a vila refeçar,
pois o ric'home na vila entrou:
5ca o manjar que ante davam i
por dez soldos ou por maravedi,
log'esse dia cinc soldos tornou.
  
Ric'home foi que nos Deus enviou,
que nos nom quis assi desamparar,
10que nos a vila assi refeçou,
poilo ric'home veo no logar;
ca nunca eu tam gram miragre vi:
polo açougue refeçar assi,
mentr'o ric'home mandara comprar.
  
15E a Deus devemos graças a dar
deste ric'home que nos presentou,
de mais em ano que era tam car'
com'este foi que ogano passou;
ca, pois este ric'hom'entrou aqui,
20nunca maa careza entrou i,
mentr'o ric'home na corte morou.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1634, V 1168

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Quem a sesta quiser dormir,
conselhá-lo-ei a razom:
tanto que jante, pense d'ir
à cozinha do infançom:
5e tal cozinha lh'achará,
que tam fria casa nom há
na hoste, de quantas i som.
  
Ainda vos en mais direi
eu, que um dia i dormi:
10tam bõa sesta nom levei,
des aquel dia 'm que naci,
como dormir em tal logar,
u nunca Deus quis mosca dar,
ena mais fria rem que vi.
  
15E vedes que bem se guisou
de fria cozinha teer
o infançom, ca nom mandou
des ogan'i fogo acender;
e, se vinho gaar d'alguém,
20ali lho esfriarám bem,
se o frio quiser bever.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1635, V 1169

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Garcia López d'Elfaro,
direi-vos que m'agravece:
que vosso dom é mui caro
e vosso dom é rafece.
5       O vosso dom é mui caro pera quen'o há d'haver,
       o vosso dom é rafec[e] a quen'o há de vender.
  
Por caros teemos panos
que home pedir nom ousa;
e, poilos tragem dous anos
10rafeces som, por tal cousa.
       O vosso dom é mui caro pera quen'o há d'haver,
       o vosso dom é rafec[e] a quen'o há de vender.
  
Esto nunca eu cuidara:
que ũa cousa senlheira
15podesse seer [tam] cara
e rafec'em tal maneira.
       O vosso dom é mui caro pera quen'o há d'haver,
       o vosso dom é rafec[e] a quen'o há de vender.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1636, V 1170

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Sueir'Eanes, este trobador,
foi por jantar a cas d'um infançom
e jantou mal; mais el vingou-s'entom,
que ar hajam os outros del pavor,
5e nom quis el a vendita tardar:
e, tanto que se partiu do jantar,
trobou-lhi mal, nunca vistes peior.
  
E no mundo nom sei eu trobador
de que s'home mais devesse temer
10de x'el mui maas três cobras fazer,
ou quatro, a quem lhi maa barva for;
ca, des que vo-lh'el cae na razom,
maas três cobras, ou quatr'e o som,
de as fazer muit'é el sabedor.
  
15E por esto nom sei no mundo tal
home que a el devess'a dizer
de nom, por lhi dar mui bem seu haver;
e a Sueir'Eanes nunca lhi fal
razom de quem el despagado vai,
20em que lhi troba tam mal e tam lai,
per que o outro sempre lhi quer mal.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1637, V 1171

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Quand'eu d'Olide saí,
preguntei por Aivar;
e disse-mi log'assi
aquel que foi preguntar:
5- Senhor, vós creed'a mi,
que o sei mui bem contar:
Eu vos contarei quant'há daqui a cas Dom Xemeno:
       um dia mui grand'há i, e um jantar mui pequeno.
  
Disse-mi, u me del parti:
10- Quero-vos bem conselhar:
a jornada que daqui
vós oi queredes filhar
será grande, pois des i
crás nom é rem o jantar.
15Por en vos conto quant'há daqui a cas Dom Xemeno:
       um dia mui grand'há i, e um jantar mui pequeno.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1638, V 1172

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

D'ũa cousa sõo maravilhado:
porque se quer home desembargar
por posfaçar muit'e deostar,
e nulh'home nom seer seu pagado.
5Eu, por aquesto, bem vos jurarei
que tam mal torpe no mundo nom sei
com'é o torpe mui desembargado.
  
E quem [nom] se tem por desvergonhado
por dizer sempr'a quantos vir pesar
10e pelo mundo nom poder achar
nẽum home que seja seu pagado,
por desembargado nom lhi contarei;
mais, se o vir, vedes que lhi direi:
- Confonda Deus atal desembargado!
  
15Ca o torpe que sempr'anda calado
non'o devem por torpe a razõar,
pois que é torp'e leixa de falar;
e d'atal torpe sõo eu pagado;
mais o mal torpe eu vo-lo mostrarei:
20quem diz mal dos que som em cas d'el-rei,
por se meter por mais desembargado.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1639, V 1173

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
e oimais sodes guarido:
       vossa molher há bom drudo,
baroncinho mui velido.
5       Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
       vossa molher há bom drudo.
  
Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
e cresca-vos end'o gabo:
       vossa molher há bom drudo,
10que fode já em seu cabo.
       Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
       vossa molher há bom drudo.
  
Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
esto seja mui festinho:
15       vossa molher há bom drudo,
e já nom sodes maninho.
       Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
       vossa molher há bom drudo.
  
Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
20e gram dereito faredes:
       vossa molher há bom drudo,
que herda em quant'havedes.
       Dade-m'alvíssara, Pedr'Agudo,
       vossa molher há bom drudo.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1640, V 1174

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

D'um tal ric'home ouç'eu dizer
que est mui ric'hom'assaz,
de quant'em gram requeza jaz;
mais esto nom poss'eu creer,
5mais creo-mi al, per boa fé:
quem d'amigos mui prob[e] é
nom pode mui rico seer.
  
De mais, quem há mui gram poder
de fazer alg'e o nom faz,
10mais de viver porque lhi praz?
Pois que nom val nem quer valer
[c]om grand'estança, que prol lh'há?
Ca, pois d'amigos mal está,
nom pode bõa estanç'haver.
  
15Ca, pois hom'é de tal convém
por que todos lhi querem mal,
o Demo lev'o que lhi val
sa requeza! De mais a quem
nom presta a outrem nem a si,
20de mal conhocer per est i
quem tal home por rico tem.
  
E direi-vos del outra rem
e nom acharedes end'al:
pois el diz que lhi nom en chal
25de dizerem del mal nem bem,
jamais del nom atenderei
bom feit[o], e sempr'o terrei
por cousa que nom vai nem vem.
  
Mas, pero lh'eu grand'haver sei,
30que há el mais do que eu hei,
pois s'end'el nom ajuda rem?


View annotations <


Cancioneiros:

B 1641, V 1175

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Dom Bernaldo, pois tragedes
convosc'ũa tal molher,
a peior que vós sabedes,
se o alguazil souber,
5açoutar-vo-la querrá,
e a puta queixar-s'-á,
e vós assanhar-vos-edes.
  
Mais vós, que tod'entendedes
quant'entende bom segrel,
10pera que demo queredes
puta que nom há mester?
Ca vedes que vos fará:
em logar vos meterá
u vergonha prenderedes.
  
15Mais que conselho faredes,
se alguém a 'l-rei disser
ca molher vosco teedes
e a justiçar quiser?
Senom Deus nom lhi valrá;
20e vós, a quem pesará,
valer nom lhi poderedes.
  
E vós mentes nom metedes,
se ela filho fezer,
andando, como veedes,
25com algum peom qualquer,
aqual temp'havemos já?
Alguém vos sospeitará
que no filho part'havedes!


View annotations <


Cancioneiros:

B 1642, V 1176

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Maria Pérez, a nossa cruzada,
quando veo da terra d'Ultramar,
assi veo de perdom carregada
que se nom podia com el merger;
5mais furtam-lho, cada u vai maer,
e do perdom já nom lhi ficou nada.
  
E o perdom é cousa mui preçada
e que se devia muit'a guardar;
mais ela nom há maeta ferrada
10em que o guarde, nen'a pod'haver,
ca, pois o cadead'en foi perder,
sempr'a maeta andou descadeada.
  
Tal maeta como será guardada,
pois rapazes albergam no logar,
15que nom haj'a seer mui trastornada?
Ca, o logar u eles ham poder,
nom há perdom que s'i possa asconder,
assi sabem trastornar a pousada.
  
E outra cousa vos quero dizer:
20tal perdom bem se devera perder,
ca muito foi cousa mal gaada.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1643, V 1177

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Em almoeda vi estar
hoj'um ric'hom'e diss'assi:
- Quem quer um ric'home comprar?
E nunca i comprador vi
5que o quisesse nem em dom,
ca diziam todos que nom
daria[m] um soldo por si.
  
E deste ric'home quem quer
vos pod'a verdade dizer:
10pois nom há prês nẽum mester,
quem querrá i o seu perder?
Ca el nom faz nẽum lavor
de que nulh'hom'haja sabor,
nem sab'adubar de comer.
  
15E u forom polo vender,
preguntarom-no em gram sem:
- Ric'hom', que sabedes fazer?
E o ric'home disse: - Rem;
nom amo custa nem missom,
20mais compro mui de coraçom
herdade, se mi a vend'alguém.
  
E pois el diss'esta razom,
nom houv'i molher nem barom
que por el dar quisesse rem.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1644, V 1178

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Mentre m'agora d'al nom digo [nada]
d'um meu amigo vos quero dizer:
amor sem prol é palavra doada;
de tal amor nom hei eu que fazer,
5nem outrossi hei eu por que temer
o desamor, que nom mi há nuzir nada.
  
Nom me tem'eu já de grand'espadada
que del prenda, nos dias que viver,
nem s'ar tem'el de nulha rem doada
10que eu del lev', a todo seu poder;
nem m'ar tem'eu de nunca del prender
jamais bom dom nem bõa espadada.
  
E quem viu terra tam mal empregada,
nen'a cuida nunca mais a veer?
15Que nom merece carta de soldada,
e dá-lh'o Demo terra e poder;
e muitas terras pod'home saber,
mais nunca terra tam mal empregada.
  
E o que nom val, e podia valer,
20este merece sô terra jazer,
mais nom [sô] terra [d]'ũa polegada.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1645, V 1179

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

De Sueir'Eanes direi
como lhe de trobar avém:
nõn'o baralha el mui bem
nem ar quer i mentes meter;
5mais desto se pod'el gabar:
que, se m'eu faço bom cantar,
a ele mi o soio fazer.
  
Pero - cousa que eu bem sei -
nom sab'el muito de trobar,
10mais em tod'aqueste logar
nom poss'eu trobador veer
tam venturad'e[m] ũa rem:
se algum cantar faz alguém,
de lhi mui cantado seer.
  
15Ca lhi trobam em tam bom som
que nom poderiam melhor;
e por est'havemos sabor
de lhi sas cantigas cantar;
mais al vos quer'eu del dizer:
20quem lh'aquesta manha tolher
bem assi o pode matar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1646, V 1180

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Os de Burgos som coitados
- que perderom Pedr'Agudo -
de quem porrám por cornudo;
e disserom os jurados:
5- Seja-o Pedro Bodinho,
que est'é nosso vezinho
tam bem come Pedr'Agudo.
  
E pois que [é d']o concelho
dos cornos apoderado,
10quem lhe sair de mandado
fará-lh'el mao trebelho;
ca el, mentr'i for cornudo,
querrá i seer temudo
e da vil'apoderado.
  
15E vedes em que gram brio
el - qui-lo Deus! - há chegado:
por seer cornud'alçado
em tamanho poderio,
home de seu padre filho;
20por tanto me maravilho
d'a esto seer chegado.
  
E creede que em justiça
pod'i mais andá'la terra,
ca se nom fará i guerra
25nem mui maa cobiiça;
ca el rogo nunca prende
de cornudos, mais entende
mui bem os foros da terra.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1647, V 1181

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Martim de Cornes vi queixar
de sa molher, a gram poder,
que lhi faz i, a seu cuidar,
torto; mais eu foi-lhi dizer:
5- Falar quer'eu i, se vos praz:
Demo lev'o torto que faz
a gram puta desse foder.
  
[...]
  
Mais, se vós sodes i de mal sem,
10de que lh'apoedes mal prez?
Ca salvar-se pod'ela bem
que nẽum torto nom vos fez;
nem torto nom faz o taful,
quando os dados acha algur,
15de os jogar [i] ũa vez.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1648, V 1182

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Quem seu parente vendia,
todo por fazer tesouro,
se xe foss'em corredura
e podesse prender mouro,
5       tenho que x'o venderia
       quem seu parente vendia.
  
Quem seu parente vendia,
bem fidalg'e seu sobrinho,
se tevess'em Santiago
10bõa adega de vinho,
       tenho que x'o venderia,
       quem seu parente vendia.
  
Quem seu parente vendia,
polo poerem no pao,
15se pam sobrepost'houvesse,
e lhi chegass'ano mao,
       tenho que x'o venderia,
       quem seu parente vendia.
  
Quem seu parente vendia,
20mui fidalg'e mui loução,
se cavalo sop'houvesse
e lho comprassem por são,
       tenho que x'o venderia,
       quem seu parente vendia.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1649, V 1183

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

De [Dom] Fernam Diaz Estaturão
oí dizer novas, de que mi praz:
que é home que muito por Deus faz
e se quer ora meter ermitão;
5e fará bom feito, se o fezer;
de mais, nunca lh'home soube molher
des que nasceu, tant'é de bom cristão.
  
Este tem o Paraís'en[a] mão,
que sempr[e] amou, com sem cristão, paz;
10nem nunc'amou molher nem seu solaz,
nem desamou fidalgo nem vilão;
e mais vos [en] direi, se vos prouguer:
nunca molher amou, nem quis nem quer,
pero cata, falagueir'e loução.
  
15E [em] tam bõo dia foi [el] nado
que tam bem soub'o pecad'enganar,
que nunca por molher rem [nom] quis dar,
e pero mete-s'el por namorado;
e os que o nom conhocemos bem
20cuidamos del que folia mantém,
mais el d'haver molher nom é pensado.
  
Que se hoj'el foss[e] empardẽado,
nem se saberia melhor guardar
de nunca já com molher albergar,
25por nom se riir [i] del o pecado,
ca nunca deu por molher nulha rem;
e pero vedes: se o vir alguém,
terrá que morre por seer casado.
  
E pois [s']em tal castidade mantém,
30quand'el morrer, direi-vos ũa rem:
"Beati Oculi" será chamado.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1650, V 1184

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Sueir'Eanes, nunca eu terrei
que vós trobar nom entendedes bem,
pois entendestes, quando vos trobei,
que de trobar nom sabíades rem;
5pero d'al nom sodes tam trobador,
mais o trobar ond'estades melhor:
entendedes quando vos troba alguém.
  
Entendestes um dia ant'el-rei
como vos meterom em um cantar
10polo peior trobador que eu sei
- esto s'a vós nunca pode negar;
e por aquesto maravilho-m'eu
deste poder. Que demo vo-lo deu,
por vós assi entenderdes trobar?
  
15Ca vos vi eu aqui mui gram sazom
e nom vos vi por trobador meter;
e ora nom vos trobam em razom
em que xi vos possa rem asconder,
se de mal trobador enmentam i,
20que vós logo nom digades: - A mim
foi feit'aquel cantar de mal dizer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1651, V 1185

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Quem a sa filha quiser dar
mester, com que sábia guarir,
a Maria Doming'há-de ir,
que a saberá bem mostrar;
5e direi-vos que lhi fará:
ante d'um mês lh'amostrará
como sábia mui bem ambrar.
  
Ca me lhi vej'eu ensinar
ũa sa filha e nodrir;
10e quem sas manhas bem cousir
aquesto pode bem jurar:
que des Paris atẽes acá
molher de seus dias nom há
que tam bem s'acorde d'ambrar.
  
15E quem d'haver houver sabor
nom ponha sa filh'a tecer,
nem a cordas nem a coser,
mentr'esta mestra aqui for,
que lhi mostrará tal mester,
20por que seja rica molher,
ergo se lhi minguar lavor.
  
E será en mais sabedor,
por estas artes aprender;
demais, quanto quiser saber,
25sabê-lo pode mui melhor;
e pois tod'esto bem souber,
guarrá assi como poder;
de mais, guarrá per seu lavor.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1652, V 1186

Description:

Cantiga de Tenção de amor

Mestria

- Dom Garcia Martĩins, saber
queria de vós ũa rem:
de quem dona quer m[u]i gram bem
e lhi rem nom ousa dizer
5com medo que lhi pesará
e non'o possa mais sofrer,
dizede-mi se lho dirá,
ou que mandades i fazer.
  
- Pero de Ponte, responder
10vos quer'eu e dizer meu sem:
se ela pode, per alguém,
o bem que lh'el quer, aprender,
sol nom lho diga; mais se já
por al non'o pod'entender,
15este pesar dizer-lho-á,
e pois servir e atender.
  
- Dom Garcia, como direi,
a quem sempr'[a]mei e servi,
atal pesar, por que des i
20perça quanto bem no mund'hei:
de a veer e de lhi falar?
Ca sol viver nom poderei,
pois m'ela de si alongar.
E desto julgue-nos el-rei.
  
25- Pero de Ponte, julgar-m'-ei
ant'el-rei vosc'e dig'assi:
pois que per outrem, nem per mi,
mia coita nom sabe, querrei
dizê-la; e se s'en queixar,
30atam muito a servirei;
que, per servir, cuid'acabar
quanto bem sempre desejei.
  
- Dom Garcia, nom poss'osmar
com'o diga, nen'o direi;
35a que[m] servi sempr'e amei,
como direi tam gram pesar?
  
- Pero de Ponte, se m'ampar
Deus, praz-mi que nos julgu'el-rei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1653, V 1187

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Eu, em Toledo, sempr'ouço dizer
que mui maa [vila] de pescad'é;
mais non'o creo, per bõa fé,
ca mi fui eu a verdad'en saber:
5ca, noutro dia, quand'eu entrei i,
bem vos juro que de mia vista vi
a Peixota su u[m] leito jazer.
  
Endõado bem podera haver
Peixota quen'a quisesse filhar,
10ca non'a vi a nulh'home aparar;
e ũa cousa vos quero dizer
(tenh'eu por mui bõa vileza assaz):
ũa Peixota su o leito jaz
e sol nulh'home non'a quer prender.
  
15E se de mim quiserdes aprender
qual part'há de cima em esta sazom,
non'[a] há i, sol lhis vem i salmom;
mais pescad'outro, pera despender,
mui rafec'é, por vos eu nom mentir:
20ca vi eu a Peixota remanir
i sô um leit', assi Deus mi perdom.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1654, V 1188

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Mestria

Aos mouros que aqui som
Dom Álvaro rem nom lhis dá,
mais manda-lhis filhar raçom
da cachaça, e dar-lhis [nom] há
5do al que na cozinh'houver;
mais o mouro que mi crever
a cachaça nom filhará.
  
Mais, se lha derem, log'entom
aos cães a deitará,
10e direi-vos por qual razom:
ca nunca xe lhi cozerá;
e a cachaça nom há mester,
pois que se [lhi] nom cozer
a quanta lenha no mund'há.
  
15Nen'os mouros, a meu cuidar,
poila virem, non'a querrám;
mais, se a quiserem filhar,
direi-vos como lhi farám:
i-la-am logo remolhar,
20ca assi soem adubar
a cachaça, quando lha dam.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1655, V 1189

Description:

Cantiga de Pranto de escárnio

Mestria

Rubrica:

Esta cantiga fez Pero da Ponte ao infante Dom Manuel, que se começa "E mort'é Martim Marcos", e na cobra segunda o podem entender.

Mort'é Dom Martim Marcos, ai Deus! Se é verdade
sei ca, se el é morto, morta é torpidade,
morta é bavequia e morta neiciidade,
morta é covardia e morta é maldade.
  
5Se Dom Martinh'é morto, sem prez e sem bondade,
oimais, maos costumes, outro senhor catade;
mais non'o acharedes de Roma atá cidade;
se tal senhor queredes, alhu'lo demandade.
  
Pero um cavaleiro sei eu, par caridade,
10que vos ajudari'a tolher del soidade;
mais [queredes] que vos diga ende bem verdade?
Nom é rei nem conde, mais é-x'outra podestade,
  
que nom direi, que direi, que nom direi...


View annotations <


Cancioneiros:

B 1656, V 1190

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Pois [que] vos vós cavidar nom sabedes
deste marido com que vós seedes,
mostrar-vos quer'eu como vos vinguedes
del, que vos faz com mal dia viver:
5maa noite vos mando que lhi dedes,
       pois que vos el mal dia faz haver.
  
Pois vos Deus deu tamanha valentia
de vos vingar, se [me] creverdes, tia,
deste marido, que vos dá mal dia,
10mostrar-vos-ei gram dereit'a prender:
maa noite lhi dade todavia,
       pois que vos el mal dia faz haver.
  
Direi-vos eu a negra da verdade,
se mi a creverdes; e, se nom, leixad'e
15del, que vos dá mal dia, vos vingade;
pois vos en Deus deu tamanho poder,
oimais, tia, negra noite lhi dade,
       pois que vos el mal dia faz haver.
  
Por Deus, tia, que vos fez seer nada,
20nom se ria pois de vós na pousada
este marido que vos tem coitada;
porque vos faz mal dia padecer,
negra noite lhi dade e escurada,
       pois que vos el mal dia fez haver.


View annotations <


Cancioneiros:

B 1657, V 1191

Description:

Cantiga de Escárnio e maldizer

Refrão

Dom Tisso Pérez, queria hoj'eu
seer guardado do trebelho seu
[j]á per doar-lh'o batom que foi meu;
mais nom me poss'a seu jogo quitar;
5e, Tisso Pérez, que demo mi o deu,
       por sempre migo querer trebelhar?
  
De trebelhar mi há el gram sabor
e eu pesar, nunca vistes maior:
ca nom dórmio de noite com pavor,
10ca me trebelha sempre ao lũar.
[Que] demo o fezo tam trebelhador,
       por sempre migo querer trebelhar?
  
Cada que pode, mal me trebelhou;
e eu por en já mi assanhando vou
15de seu trebelho mao, que vezou,
com que me vem cada noit'espertar;
e Tisso Pérez, Demo mi o mostrou,
       por sempre migo querer trebelhar.