Paio de Cana - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 933, V 521
(C 933)

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Vedes que gram desmesura,
amiga, do meu amigo:
nom veo falar comigo
nem quis Deus nem mia ventura
5       que foss'el aqui o dia
       que pôs migo quando s'ia.
  
Como eu tevera guisado
de fazer quant'el quisesse,
amiga, sol que veesse!
10Nom quis Deus nem meu pecado
       que foss'el aqui o dia
       que pôs migo quando s'ia.
  
E and'end'eu mui coitada,
como quer que vos al diga,
15porque nom quis Deus, amiga,
nem mia ventura minguada
       que foss'el aqui o dia
       que pôs migo quando s'ia.


View annotations <


Cancioneiros:

B 934, V 522

Description:

Cantiga de Amigo

Refrão

Amiga, o voss'amigo
soub'eu que nom mentiria,
pois que o jurad'havia
que veesse, mais vos digo
5       que há de vós mui gram medo
       porque nom veo mais cedo.
  
E rogou-m'el que vos visse
e vos dissesse mandado
que nom era perjurado,
10e vedes al que mi disse:
       que há de vós mui gram medo
       porque nom veo mais cedo.
  
E rogo-vos, ai amiga,
que bõa ventura hajades,
15que muito lho gradescades,
pois m'el roga que vos diga
       que há de vós mui gram medo
       porque nom veo mais cedo.