Nuno Anes Cerzeo - All cantigas

View annotations <


Cancioneiros:

B 129

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, esta coita que hei
nom vo-la poss'eu mais dizer;
e pois vós queredes assi,
quero-a eu toda sofrer.
5       E Deus mi valha, se quiser,
       ca eu já nom lho rogarei,
       pois vejo que nom mi há mester!
  
Já muitas vezes lho roguei,
e nunca me quiso valer;
10[e] pois nom poss'al fazer i,
faça de mim o seu plazer!
       E Deus mi valha, se quiser,
       ca eu já nom lho rogarei,
       pois vejo que nom mi há mester!
  
15E pero m'eu vejo meu mal
e mia mort', ond'he[i] gram pavor,
amar-vos-ei mui mais ca mi,
entanto com'eu vivo for!
       E Deus mi valha, se quiser,
20       ca eu já nom lho rogarei,
       pois vejo que nom mi há mester!
  
E pois me contra vós nom val
Deus, nem mesura, nem amor
que vos eu hei, des que vos vi,
25amar-vos-ei sempre, senhor.
       E Deus me valha, se quiser,
       ca eu já nom lho rogarei,
       pois vejo que nom mi há mester!


View annotations <


Cancioneiros:

B 130

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Tôdalas gentes mi a mi estranhas som
e as terras, senhor, per u eu ando
sem vós; e nunca d'al i vou pensando
senom no vosso fremoso parecer;
5e cuid'em vós, como vos soio veer.
Atant'hei de bem eno meu coraçom!
  
Em nẽũa hora nom poss'eu achar
sabor sem vós, senom u vou cuidando
em vós; pero vai-me muit'estorvando
10os que mi vam falando, senhor, em al;
e eles nom sabem se me fazem mal
em me fazerem perder tam bom cuidar.
  
Estranho and'eu dos que me querem bem
e dos que vivem migo, todavia;
15bem como se os viss'eu aquel dia
primeiramente, punho de lhis fogir;
e moir'eu, senhor, por me deles partir
por em vós cuidar, ca nom por outra rem.
  
Vós me fazedes estranhar, mia senhor,
20todo de quanto m'eu pagar soía;
ca, pois eu cuid'em qual bem haveria
se eu houvess'o voss'amor, e ar sei
log'i que nunca este bem haverei,
de tod'al do mund'hei perdudo sabor.


View annotations <


Cancioneiros:

B 131

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Quer'eu agora já dizer
o que nunca dizer cuidei,
com sanha: porque moir'assi,
e porque me vejo perder.
5E que mi val d'assi morrer?
Nulh'homem nom se dol de mi,
nem sab'a coita que eu hei;
nen'a dig'eu a mia senhor!
  
Provar quer'eu de lho dizer,
10a mia senhor, aqueste bem
que lhi quer'e que nom há par,
camanho [lhe] posso querer.
Pero que sem cuid'a fazer
por em tam gram vergonh'entrar,
15de lhi haver a dizer en,
quand'eu ant'os seus olhos for?
  
Em mui gram coita per serei,
se lh'eu m[i]a fazenda disser
e m'ela dos olhos catar.
20Nostro Senhor, e que farei?
Conselho nom me saberei
com medo de xi m'assanhar;
pero faça como quiser,
ca mais nom ous'assi viver!
  
25Mui sem ventura per serei,
se lho agora já negar,
pois vejo que moiro d'amor.
E mais por que lho negarei?
Ou que é o que temerei?
30Ca já me nom pode maior
mal fazer, nem se me matar,
daqueste que me faz haver.
  
Todo o mund'eu leixarei
e perder-m'-ei, u nom há al,
35se m'ela de si alongar.


View annotations <


Cancioneiros:

B 132

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Mia senhor fremosa, direi-vos ũa rem:
vós sodes mia morte e meu mal e meu bem!
       E mais por que vo-lo hei eu já mais a dizer?
       Mia morte sodes, que me fazedes morrer!
  
5Vós sodes mia morte [e] meu mal, mia senhor,
e quant'eu no mund'hei de bem e de sabor!
       E mais por que vo-lo hei eu já mais a dizer?
       Mia morte sodes, que me fazedes morrer!
  
Mia mort'e mia coita sodes, nom há i al,
10e os vossos olhos mi fazem bem e mal.
       E mais por que vo-lo hei eu já mais a dizer?
       Mia morte sodes, que me fazedes morrer!
  
Senhor, bem me fazem soo de me catar,
pero vem m'en coita grand'; e vos direi ar:
15       E mais por que vo-lo hei eu já mais a dizer?
       Mia morte sodes, que me fazedes morrer!


View annotations <


Cancioneiros:

B 133

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor, e assi hei eu a morrer?
E nom mi valrá i Deus, nem mesura,
que vós tam grande sabedes haver
em tod'outra rem senom contra mi?
5Em grave dia, senhor, que vos vi,
por me Deus dar contra vós tal ventura
– que eu por vós assi hei a morrer!
  
Que [mui] gram bem fez i Nostro Senhor
a quem El quis[o] que vos nun[ca] visse!
10E ar fez logo mui gram desamor,
mia senhor, a quem vos El foi mostrar,
se lhi nom quis atal ventura dar
que o seu coraçom mui bem partisse
de vo-lhi nunca desejar, senhor!
  
15Quem vos nom soubess'hoje conhocer,
nem atender, senhor, quanto valedes
e, pero viss'o vosso parecer,
nen'o entender sol, nem cuidar i!
Esta ventura quis Deus dar a mi:
20fez-m'entender como vós parecedes
e moiro porque vos sei conhocer!
  
Meu conhocer fez a mim o maior
mal que m'outra rem fazer poderia:
fez-m'entender qual est o bem melhor
25do mundo, a que Deus nunca fez par;
e nom mi o quis[o] Deus por al mostrar
senom por viver eu já todavia
na coita de quantas El fez maior.


View annotations <


Cancioneiros:

B 134

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor, todos m'entendem já
mia mort', ond'hei eu a morrer,
e ham mui gram doo de mi,
e nom mi podem i valer;
5ca dizem que eu mi o busquei
mui bem, porque eu vos amei
– molher a que nom ousará
(nem soo nom s'atreverá)
nulh'home de lhi falar i.
  
10Nom me sabem conselh'haver
senom quanto vos eu disser:
dizem que punhe d'endurar
meu mal, quant'endurar poder,
ca já mi pouco durará,
15per morte, que mi o tolherá;
ca nom havedes parecer
tal que muito possa viver
quem vos hoer a desejar.
  
Desamparado mi ha[m], senhor,
20quantos amigos no mund'hei,
que sol nom me querem veer
e dizem que nom poderei
viver; e moiro com pesar
de mi, que m'assi foi matar,
25em desejá'lo voss'amor;
ca est'est hoje o maior
bem de quantos Deus quis fazer.
  
Nom me vos poss'eu já guardar
de por vós morte nom prender;
30mais pois vejo que morrerei,
verdade vos quero dizer:
todo o mundo nom é rem
senom, senhor, o vosso bem
a quen'o Deus quisesse dar;
35e quer'end'eu desenganar
vós e quantos no mundo sei.
  
E Deu'lo sab'e nom mi val,
senhor, com mia morte por al
  
senom porque hei de perder
40vós, de vos nunca já poder
  
veer, nem convosco falar,
[e haver sempr'a desejar.]
  
Ca já por tod'outro sabor
do mund', e mentr'eu vivo for,
  
45nunca mia mort'hei de temer.


View annotations <


Cancioneiros:

B 135

Description:

Cantiga de Género incerto

Descordo

Agora me quer'eu já espedir
da terra e das gentes que i som,
u mi Deus tanto de pesar mostrou,
e esforçar mui bem meu coraçom
5e ar pensar de m'ir alhur guarir;
e a Deus gradesco porque m'en vou.
  
Ca [a] meu grad', u m'eu daqui partir,
com seus desejos nom me veeram
chorar, nem ir triste por bem que eu
10nunca presesse; nem me poderám
dizer que eu torto faç'em fogir
daqui, u me Deus tanto pesar deu.
  
Pero das terras haverei soidade,
de que m'or'hei a partir despagado,
15e sempr'i tornará o meu cuidado
por quanto bem vi eu en'elas já;
ca já por al nunca me veerá
nulh'home ir triste nem desconortado.
  
E bem dig'a Deus, pois m'en vou, verdade:
20se eu das gentes algum sabor havia,
ou das terras em que eu guarecia,
por aquest'era tod'e nom por al;
mais ora já nunca me será mal
de me partir delas e m'ir mia via.
  
25Ca sei de mi
quanto sofri
e encobri
en'esta terra de pesar.
Como perdi
30e despendi,
vivend'aqui,
meus dias, posso-m'en queixar.
  
E cuidarei
e pensarei
35quant'aguardei
o bem que nunca pud'achar.
E forçar-m'-ei
e prenderei,
como guarrei,
40conselh'agor', a meu cuidar.
  
Pe[n]sar
d'achar
logar
provar
45quer'eu veer se poderei;
o sem
d'alguém
ou rem
de bem
50me valha, se o em mi hei.
  
Valer,
poder
saber
dizer,
55bem me possa, que eu d'ir hei;
d'haver
poder
prazer
prender
60poss'eu, pois esto cobrarei.
  
Assi
querrei
buscar
viver
65outra vida, que provarei,
e meu descord'acabarei.


View annotations <


Cancioneiros:

B 136

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Senhor, que coitad'hoj'eu [e]no mundo vivo,
quero-vo-l'eu já dizer:
entendem-me todos mia mort[e] e mia coita
e nom hei poder
5de m'encobrir e nẽum conselh'i nom sei.
       Mais est', ao meu grado,
       mui bem será jurado,
       senhor: que nunca vos amei!
  
E quando m'a mi rogam muitos que lhis diga
10por Deus, se vos quero bem,
logo lhis eu juro que outra molher amo
[mui] mais doutra rem,
ca nom vós, senhor, por que eu tant'afã levei.
       Mais est', ao meu grado,
15       mui bem será jurado,
       senhor: que nunca vos amei!
  
Esses vossos olhos me fazem que nom hei
eu poder de m'encobrir;
ca, des que os vejo, nom poss[o] eu per rem
20os meus deles partir;
nem meu coraçom nunca o de vós partirei.
       Mais est', ao meu grado,
       mui bem será jurado,
       senhor: que nunca vos amei!
  
25Eu perjurar-me posso, mais nunc'a verdade
desto saberám per mi;
mais a Deu'lo rogo, que sab'i a mia coita,
que me valha i;
ca se me nom val, a pram, por vós me perderei.
30       Mais est', ao meu grado,
       mui bem será jurado,
       senhor: que nunca vos amei!
  
U vos eu vi um dia e os vossos olhos
houve de veer sabor,
35logo me disserom, porque [eu] vos catava,
que moiro, senhor,
por vós e que doutra rem nem sabor nom hei.
       Mais est', ao meu grado,
       mui bem será jurado
40       senhor: que nunca vos amei!


View annotations <


Cancioneiros:

B 137

Description:

Cantiga de Amor

Mestria

Senhor, perdud'hei por vós já o coraçom
e sabor do mundo que eu soía haver;
[e] sei que contra vós nulha rem me nom val,
nem Deus, [nem Amor], nem cousimento, nem al,
5nen'a vossa mesura, nen'[o] conhocer;
e pois 'si é, praz-mi com mia morte, ca nom
hei já nunca d'haver per vós deste mund'al.
  
Nom sei eu já no mundo conselho prender
e mais de mil cuidos no coraçom cuidei;
10ca, pero mia vida mais podesse durar,
vergonh'i há d'assi antr'as gentes andar,
pois que de mim nem deles nẽum sabor hei;
sequer nom hei já razom que lhis apõer,
quando me preguntam [por] que hei tam trist'andar.
  
15Com gram coita de vós direi-vos que farei:
leixar quer'a terra u vós sodes, senhor,
[e] u eu de vós tam muito pesar prendi,
e rogar[ei] a Deus que se nembre de mi,
que vós fezestes perder do mundo sabor.
20E se me Deus quisess'oir, alá morrerei,
u nunca mais já vós sabiades novas de mi.


View annotations <


Cancioneiros:

B 140

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Par Deus, Dona Maria, mia senhor bem talhada,
do bem que vos eu quero nom entendedes nada,
nem do mal, nem da coita que por vós hei levada;
e entend'eu mui bem o mal que mi queredes.
5       O bem que vos eu quero, vós non'o entendedes,
       e entend'eu e sei o mal que me queredes.
  
Nom há, Dona Maria, nulh'homem que soubesse
o bem que vos eu quero que doo nom houvesse
de mim, e choraria, se dereito fezesse
10[........] o mal que mi queredes.
       O bem que vos eu quero, vós non'o entendedes,
       e entend'eu e sei o mal que me queredes.


View annotations <


Cancioneiros:

B 141

Description:

Cantiga de Amor

Refrão

Quand'ora for a mia senhor veer,
que me nom quer leixar d'amor viver,
ai Deus Senhor! se lh'ousarei dizer:
       "Senhor fremosa nom poss'eu guarir".
5       Eu, se ousar, direi quando a vir:
       "Senhor fremosa, nom poss'eu guarir".
  
Por quantas vezes m'ela fez chorar
[e] com seus desejos coitad'andar,
quando a vir, direi-lhi, se ousar:
10       "Senhor fremosa, nom poss'eu guarir".
       Eu, se ousar, direi quando a vir:
       "Senhor fremosa, nom poss'eu guarir".
  
Por quanta coita por ela levei
e quant'afã sofri e endurei,
15quando a vir, se ousar, lhi direi:
       "Senhor fremosa, nom poss'eu guarir".
       Eu, se ousar, direi quando a vir:
       "Senhor fremosa, nom poss'eu guarir".